MARIA JOSÉ PENA LAGE

ÁREA DE JUVENTUD DEL AYTO. DE LUGO

 

Cal foi o primeiro ano que estiven no Arde  Lucus? É que non o lembro, non sei dicirche exactamente, xa me dá a sensación de que levo toda a vida no Arde  Lucus, non sei, fará 12 anos, ou por aí, que estou nesta festa.

Pois a sensación do primeiro ano foi un pouco…un pouco alucinante porque unha cousa é ver a festa desde fóra e ver un pouco todo e outra cousa é meterte dentro das tripas da festa.

Encantaríame que estivese aquí Carmen  Basadre que foi a que iniciou o Arde  Lucus, o primeiro ano desde Mocidade creou o Arde  Lucus e bótoa de menos, bótoa de menos aquí, entón encantaríame que estivese aquí e non me quero esquecer de xente como Víctor, non me quero esquecer de xente como Chelo, que sen eles non sería posible, ou sexa hai moita xente traballando por detrás, que non sae, non dá a cara, e non sae nas fotos nin sae en ningún lado pero que sen eles non sería posible organizar toda esta festa.

Primeiro con moitísima ilusión, segundo cun esforzo tremendo, o dedicarlle moitas horas, terceiro, cuns compañeiros de luxo. Ou sexa eu non podo estar máis orgullosa de traballar con Víctor, non podo estar máis orgullosa de que Chelo estivese tamén traballando, Carmen ás veces entraba na oficina e dicía, que silencio, e é que estabamos como  formiguiñas cada un no noso lado, ou sexa traballando e facendo aí cada un as cousas que nos correspondían. E despois moi boa sintonía, moi boa harmonía entre todos e moito esforzo, ou sexa o contar con xente que se tes que traballar 10 horas, traballas, dá igual e trabállalas como é Víctor, como era Chelo que estivo tamén na organización do Arde  Lucus, para min é un luxo, é un luxo, eu iríame con eles ao fin do mundo.

Todos os Arde  Lucus ao final son satisfactorios, ver que  a pesar do esgotamento, que chegamos sempre ao Arde  Lucus coas  olleiras que nos chegan ao chan, que eu non sei como aguantamos a fin de semana, e damos o tirón da fin de semana, home é moi satisfactorio despois ver que todo o traballo e as perrenchas que nos levamos durante a preparación, pois é  super satisfactorio ver como gozou a cidade, como gozou a xente, como se viu o traballo das asociacións, de cada unha delas, que durante todo o ano están a traballar que é un orgullo, un orgullo ter xente como temos nas asociacións que durante todo o ano, todo o ano a maiores das súas ocupacións, están a traballar, están a confeccionar cousas, están a preparar talleres, están a estudar, están a tratar de expoñer a recreación histórica máis fidedigna para facelo durante a festa.

O meu primeiro traxe fíxenmo eu,  ja,  ja, o meu primeiro traxe vestinme de castrexa, non porque tivese sentimento de castrexa, xa non sei se teño sentimento de castrexa ou de romana, estou un pouco dividida, porque ao ser da organización sempre quixen vestirme tamén de castrexa e de romana, vale? Ou sexa non me quixen nunca decantar por un de… ou de castrexa ou de romana, creo que o labor é estar cos dous non?, pero o meu primeiro traxe pareceume máis fácil facelo de castrexa, recordo que me comprei unhas peles, fun a unha tenda de  retales e compreime… bo pois me fixen o traxe de castrexa, púxenme un cinto e colgueime unhas peles por encima, ese foi o meu primeiro traxe.

É que os lucenses, xa non soamente do primeiro, de todos os Arde  Lucus, os lucenses, a resposta é impresionante, ou sexa, temos unha festa que é a que nos diferencia do resto, unha festa onde toda a cidadanía se implíca, onde ti vas pola rúa e ves á xente como se viste, ves como a xente mellorou nas súas vestimentas, como a xente ao principio ía ao chinés e comprábase un traxe do chinés pero a xente agora xa non quere iso, a xente quere levar un traxe mellor confeccionado, quere un traxe… métese tamén na recreación histórica, é que soamente hai que pasear pola rúa e ver a toda a xente, ou sexa como a cidadanía de Lugo responde á festa. E é unha das cousas que nos diferencia doutras festas, a implicación que ten a cidadanía, non hai ningunha festa, ningunha, vaias onde vaias, vaias a calquera festa de España, vaias a calquera festa de Europa, non hai ningunha onde a implicación da cidadanía  sexa como aquí en Lugo,  ningunha.

Non sabería dicirche en que ano porque vas ano a ano e cada vez ves que vai a máis, que ía a máis, e que vai a máis, que vai a máis, entón realmente non es moi consciente de en que ano…en que ano… si, se cadra cando foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, aí xa, dis  jolín, estamos recoñecidos como Festa de Interese Turístico Nacional e entón a vista é xa ao Internacional, aí realmente te dás conta de que é unha festa consolidada, de que é unha festa grande e de que eu non sei onde máis pode chegar xa, ou sexa , non o sei. Eu creo que os lucenses sentíronse,  sentímonos, eu tamén como lucense, orgullosa de que unha festa que recrea o noso pasado romano, o noso pasado sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional, bo e cando chegue o Internacional, xa a bomba.

O máis difícil é que é un pouco todo, a coordinación toda, o levar…non sei é que na organización levas tanto…desde a contratación dos grupos, levas o pasarlle a policía por exemplo onde van os desfiles, que rúas teñen que cortar, onde hai que poñer puntos de auga, onde hai que poñer puntos de luz, desde… eu que sei, mil cousas, mil cousas, onde hai que poñer químicos por exemplo, mira son tantas, tantas, tantas que non son capaz de acordarme de todo.

Como ano máis difícil e situación, eu creo que a máis difícil que vivín e triste, vale? Foi o incendio da  Castra, ou sexa o día que estabamos a inaugurar a  Castra… é que teño o recordo, teño o recordo na miña cabeza, ver caer as faíscas na cabana de  Tir  na  N’og, ou sexa, estar a cabana enteira e ver caer, ou sexa ver caer a faísca e en medio segundo estar a arder a cabana, botar a correr, buscar extintores, as 2 cabanas…mira pónseme a pel de galiña lembrándoo, bo grazas a deus non pasou nada, danos materiais, perdas que neste caso en  Tir  na  N’og, pois sentiron moito porque son irrecuperables, cousas, había quen tiña os palillos da súa avoa por exemplo, vale? E na vida vai recuperar, pero bo grazas a deus non houbo danos persoais que sería o peor e que o vento viña cara a este lado se chega a ir cara ao outro lado creo que nos arde toda a  Castra. Creo que foi uns dos momentos máis difíciles e un dos momentos máis tristes tamén.

Temos ido pois a moitas festas, temos ido a Astorga, a Xinzo de Limia, a Cartaxena, ás Guerras Cántabras, a… buff, non sei, mesmo viaxamos a Italia cunha feira que había, unha micro festa romana, eu  aluciné alí, porque os italianos nin miraban para a festa, eu creo que teñen tanto que ver en Roma, que os que se achegaban eran chineses, eran ingleses, pero os italianos pasaban por alí e nin sequera se achegában. Sempre aprendes, cada vez que vas a unha festa sempre aprendes algunha cousa, sempre sacas algunha idea e sobre todo o que fas é confraternizar, son moitas as festas que veñen ao Arde  Lucus convidadas, e ano tras ano, ano tras ano imos formando pois unha gran familia, a verdade, tanto cando imos nós como cando veñen eles aquí e formamos tamén unha gran familia mesmo, coa xente que vén traballar, con… Antón o  Fauno, é que xa é da nosa familia, é que a ver, con Pepe  Hortas de  Ditirambo, é da nosa familia, con Luís de  Legend, é da nosa familia, con  Camaleón, con Julio é da nosa familia, cos  Wirdamur, tres cuartos do mesmo, ao final é que vas formando un vínculo, vale? E os italianos, ou sexa a primeira vez que vimos aos  Ars  Dimicandi en  Tarraco, foi un espectáculo, pero non soamente é un espectáculo, eles viven a  Gladiatura e recréana como gladiadores, eu a primeira vez que os vin, e vin que mesmo se facían sangue, eu impacteime un pouco digo bo… pero é que a fan porque realmente loitan como loitaban os gladiadores e levan a  Gladiatura no sangue, ou sexa non están a facer un espectáculo de  Gladiatura, onde fan as poses para tirarse, para lanzarse, non, están a loitar, están a loitar, e a Darío que é o de  Ars  Dimicandi, cando fai a  Gladiatura, así o explica e explica a  Gladiatura, e explica as partes, os distintos tipos de gladiadores, o  murmillo e viven, viven a  Gladiatura. Xa son 2 anos que levan sen vir, o ano pasado porque non houbo Arde  Lucus, este ano porque non fixemos nada de animación de rúa e botámolos de menos. Eu bótoos moito de menos.

Eu o desfile dos colexios, por todos os actos que hai no Arde  Lucus, encántame, é un dos desfiles que máis me gusta, é o domingo pola mañá, é o noso último acto forte, gordo, por parte da organización e en canto remata o desfile dos colexios, realmente o que é  a parte da organización quedamos xa como un pouco máis descansados, é dicir, bo xa, non se acabou o Arde  Lucus porque se acaba pola noite, queda o encontro final, pero digamos que xa actos fortes, gordos onde necesitamos tal… pois bo, finalizou. E en canto nos poñemos a arrincar o desfile desde San Marcos e xa o desfile empeza a coller  carreiriña, que despois xa vai só, eu sempre me sento no fondo das escaleiras da Praza Maior porque me encanta, ou sexa é que me encanta, encántame ver como se o  curran as AMPAS nos colexios, como visten aos nenos, como levan aos nenos pequenos, como se fan os seus palios para que aos nenos non lles dea o sol, ou sexa…tamén eu creo que nós colaboramos con eles dándolles teas para todos os nenos que se incorporan novos cada ano, facemos talleres, por exemplo, un dos últimos talleres máis chulo que fixemos, ou polo menos ao min parécemo, foi un taller para facer tambores de materiais reciclados, digamos que non é moito de recreación histórica pero despois van  tuneados, non? e despois aos nenos no taller ensinábaselles unha mínima melodía para que eles puidesen tamén ir desfilando, pero é impresionante, xuntámonos, xúntanse sobre 3.000  críos cos seus pais e demais historias, e eu, non sei como o facemos, pero facémolo. Esperemos que si, é que o xerme do Arde  Lucus está aí, o xerme do Arde  Lucus ten que estar nos colexios, ten que estar na xente nova, senón isto mórrese, hai que buscar o futuro do Arde.

Bo pois criamos que unha forma de implicar á cidade, pois tamén era iso, que os comercios mellorasen os seus escaparates, entón sacamos un concurso de escaparates, sacamos un concurso de balcóns, pero sempre todo coa idea de que cada vez a implicación da cidade fose moita máis. Este ano como novidade sacamos o repartir estandartes para que a xente os colgue das súas casas, repartimos sobre 1.000 estandartes, bo, son 1.000 pero bo, foi este ano, parte castrexa e parte romana con distintos textos, eu son unha familia castrexa, eu estou nunha  domus romana, coidado que veñen os romanos, a parte castrexa, pero eu creo que é unha idea moi bonita para que a xente en calquera sitio da cidade, xa non soamente no centro, porque está claro que a festa, é unha festa do centro, a festa non se pode ir cara ás aforas, temos… eu oín unha vez chamarlle á Muralla anel de pedra e encantoume, entón temos ese anel de pedra , Patrimonio da Humanidade, que eu creo que é o sitio ideal para a festa, pero poden decorar cos estandartes que repartimos este ano calquera sitio da cidade  e á min paréceme unha idea moi chula.

A ver, Arde  Lucus Cultural é a parte de cultura da festa, é a parte didáctica da festa, non é a parte lúdica, entón en Arde  Lucus Cultural sempre pretendemos traer e facer a programación para ensinar a cultura romana, desde … recordo que veu  Quanum, ensinando como se cociña, por exemplo, como cociñaban os romanos, ou como é a vestimenta romana, os ciclos de conferencias por exemplo que fai A  Cohors que me parece que vai, creo que vai polo décimo aniversario este ano a  Cohors facendo as conferencias, esa é a parte cultural e eu creo que é fundamental iso, despois tamén imos aos colexios. Hai unha cousa no  Lucus Cultural, non quero esquecerme de nada, son os xogos romanos de “ taboleiro” que empezamos competindo Braga, Astorga e Lugo, Braga quedou así un pouco descolgada agora e estamos a competir con Astorga, un ano fainos Astorga e un ano fainos Lugo. Os  críos implícanse nos colexios cos xogos romanos de “ taboleiro” que é unha pasada, en Astorga, ata hai colexios que pintaron os taboleiros no patio do colexio, para… porque é un xogo moi parecido ao xadrez e bo, iso faise na parte do Arde  Lucus Cultural, ensínaslles como eran os xogos na época romana.

Entrar na Asociación Española de Festas de Recreación Histórica, significa un impulso para Arde  Lucus, significa que o Arde  Lucus sexa máis coñecido tamén a nivel de España, significa que formamos parte dun grupo, dunha asociación na que hai que cumprir uns requisitos para entrar, non entra calquera festa na asociación española, hai que cumprir uns requisitos de recreación histórica, hai que cumprir uns requisitos históricos, é dicir non calquera festa pode pertencer á asociación española, significa coñecer outras festas tamén.

O que fai falta, pois eu non o sei, non sei se un Museo, o que sexa, o que fai falta é un sitio onde as asociacións poidan expoñer permanentemente durante todo o ano todo o que teñen, teñen unha riqueza que é incrible, incrible, ou sexa é que non nos damos conta de todo o que teñen e todo o traballo que teñen todas as asociacións e iso é o que necesitamos, un sitio onde todo o que teñen poida estar exposto durante todo o ano, porque de verdade que creo que non somos conscientes de todo o que temos.

Eu creo que o Arde  Lucus está moi promocionado, de verdade,  se cadra, e eu creo que a nivel das asociacións tamén lles viría… non digo que lles viría moi ben, creo que lles gustaría o intercambiar con outras asociacións se cadra de Europa, o poder ir a outras festas en Europa, porque eu creo que en España xa as coñecen en todas, imos as festas romano castrexas eu creo que as coñecen absolutamente todas, pero a nivel Europa, poder ir a outra festa, o que esa asociación de Europa poida vir aquí, eu creo que iso é o que lles gustaría, o paso que, paréceme, desde o meu punto de vista gustaríalles dar ás asociacións.

Eu para os próximos 20 , que a festa, desde logo se manteña, que creza, que se enriqueza máis, que sigan crecendo en asociacións, neste momento hai  19, ten que haber algunha máis castrexa, que se están quedando aí un pouco relegadas, pero o meu desexo é desde logo que a festa se manteña, que creza, que a xente goze, que sexamos un referente, eu creo que xa o somos  francamente. Hai unha cousa que pasou moitas veces e é que nos chamaron grupos para vir actuar ao Arde  Lucus porque lles daba caché vir ao Arde  Lucus, é dicir, cando despois eles ían presentarse a outras festas e dicían que estiveran aquí actuando dáballes moito caché. Bo eu creo que somos conscientes do que temos.

Seguramente que si, seguramente que lle faltará algo pero bo, segundo se foron incorporando cousas por exemplo o do peiteado romano e castrexo, quero dicir púxose para que a xente se peitease  nun determinado momento, seguramente que si pero eu creo que iso se van a ir incorporando, o que nunca, nunca, nunca nos poden faltar son as asociacións, nunca, senón morrería o Arde  Lucus.

Falando das Asociación de Festas de Recreación Histórica, dicir que Lugo está na directiva, creo que é moi importante que esteamos aí, estamos no  núcleo, no  eixe da Asociación Española, e a Asociación Española pertence tamén á Federación Europea de manifestacións e recreacións históricas co cal estamos tamén aí en Europa, ou sexa … a Asociación Española está a traballar moitísimo, está a crecer moito e vai haber novos proxectos que creo que van ser moi interesantes para todas as festas, que  xa se lles dará información pero eu creo que ten un equipo de traballo moi bo e está a traballar moito pola recreación histórica. Dicir que a recreación histórica é un viveiro de emprego e non nos esquezamos diso, ou sexa é verdade que damos cultura e recreamos a historia e vivimos a historia, pero as festas de recreación histórica son un viveiro de emprego impresionante, xeran moitísimo traballo e moitísimo emprego. E a maiores eu creo que as festas de recreación histórica poñen en valor o ben inmaterial da cidade, entón eu creo que hai que poñer as festas de recreación histórica aí no seu punto e o seu valor. Creo que a nivel do goberno de España tamén faría falta  que fixesen algo coas recreacións históricas.

O retorno económico que trae o Arde  Lucus para a cidade é impresionante, a nivel de hostalería, restauración, cafeterías, a nivel de toda a loxística detrás, de son, de iluminación de empresas de calquera cousa, as pequenas tendas, vestiario, complementos, é que non pararía, a alimentación, as empresas estas que levan a comida, bo, pois no Arde  Lucus están pero a lume de biqueira, a rebentar, calquera cousa que penses ten que ver con Arde  Lucus, as modistas, as  mercerías, a xente que traballa no coiro, xera moitísima, moitísima riqueza á cidade.

Historia, díxenche vida e díxenche cultura.