ANA ABELLEIRA

CONCELLEIRA DE XUVENTUDE E DEPORTES (2019-2020)

Pois íbamos un pouquiño tamén en función da temperatura, porque aquí en Galicia, en Lugo como sabes o tempo, pois en xuño, tanto podemos estar a 35 graos como podemos estar a 10, bueno o Arde Lucus, eu creo que no seus inicios no 2001-2002 aínda non estaba instaurado, o que hoxe é o Arde Lucus, pero a modo pandilla e cos amigos e amigas pois empezamos a vivílo de cheo caracterizándonos no 2005-2006, no que, bueno, collíamos as cousas que tiñamos na casa, sábanas ou material que poidera servir para caracterizarnos de romanas e romanos ou de castrexas e castrexos, e pois iso, vivir a festa de dentro porque para ser ou estar no Arde Lucus, a mellor maneira pois é estando todos caracterizados porque vívela de cheo, a súa historia, sínteste unha romana, sínteste unha castrexa, en Lugo, como sabemos as temperaturas son moi variantes, entonces iba depender un pouquiño desa circunstancia, si viñan datas en xuño que eran moi frías pois decidíamos caracterizarnos de castrexas e castrexos porque é unha vestimenta máis abrigada e se viñan días de verán ou soleados pois apostábamos máis polo romano.

Que eu creo que o importante tamén é inculcar, sobre todo a medida que van pasando os anos, daste conta que sobre todo na xente máis nova e nos fillos e nas fillas dos que antes o vivíamos, nos anos 2005-2006, que van aprendendo historia, que van coñecendo Lugo sen necesidade ou como apoio a esas clases nos seus coles e nos seus institutos, polo tanto eu creo que o Arde Lucus e moito máis que unha festa lúdica, senón que nos fai sentir a todas e todos pois un orgullo que ás veces os galegos e as galegas, os lucenses tamén lóxicamente, pois non valoramos o que temos, eu creo que esta festa fixo que todos e todas pensáramos pois ese orgullo que nos fai unirnos nunha causa, neste caso o Arde Lucus e sentirnos orgullosos e orgullosas da nosa cidade e dos nosos ancestros e das festas que se conmemoran.

A sensación sempre foi moi positiva no sentido de que a xente, como decía antes, vive a festa, non só lúdicamente senón con un respeto enorme hacia a historia do Lucus Augusti, realmente eu creo que moitas e moitos aprendimos cousas e historia gracias o Arde Lucus porque ao mellor as nosas inquedanzas non eran esas. O traballo das asociacións sendo fieis a historia e a súa recreación fixo tamén que fora moito máis atractivo achegarse a esta historia e polo tanto sempre me sentín, ademáis de saber que iban ser uns días de pasalo xenial, de ter algo que vender hacia… vender no sentido de amizade, pois que coñeces a xente de toda España, que te moves por … e todo o mundo coñece o Arde Lucus, o que decía antes, un orgullo para Lugo e sobre todo poder disfrutalo, a xente que aquí vivimos, pois dun xeito moi especial porque nos sentimos parte da festa.

Avanzou moitísimo, eu imaxino que como todos os proxectos que empezan máis como unha idea ao mellor de dinamizar socialmente unha cidade e despois ves que afecta en todos os sentidos, que non soamente afecta a nivel lúdico, que tamén, que atrae moitísima…moitísimo turismo, moitísimas persoas que queren coñecer de primeira man esta festa, senón que tamén dinamiza económicamente e socialmente, polo tanto eu creo que eso tamén fai que a xente se sinta máis responsable, os que participamos de dentro do Arde Lucus e os que queren vivir de verdade a historia, que se preocupan de contactar con arqueólogos, como se fai aquí en Lugo, de contactar con expertos e expertas nas materias, de traer cada vez xornadas, a medida que pasan os anos, moito máis formadas e moito máis especializadas na materia e ao final pois o que decía, envólveste nun coñecemento que ao mellor polo xeito normalizado de dálo, ninguén se houbera parado a estudialo, e deste xeito temos a ocasión, pois como estamos aquí neste Museo de saber de onde veñen estas pedras, de por qué están aquí estas pedras, e visitar campamentos ou a Castra, donde nos informamos fehacientemente do que existe, polo tanto eu creo que é unha forma moi práctica, moi boa, e que ademáis se che queda sempre na memoria porque é un recordó positivo, cada ano que pasa sempre ten unha cousa boa.

Eu creo que foi un apoio a todas esas persoas que traballaron duramente, independientemente de que foran institucións públicas ou das asociación ou entidades colaboradoras, un orgullo e un recoñecemento ao traballo que supón realizar este tipo de eventos. Porque é unha responsabilidade, neste caso, falando como responsable política, é asumir un legado importante que eu creo que hai que manter e intentar estar a altura para que a festa siga evolucionando e conseguir ese obxectivo que tanto desexamos, que ademáis de interés galego, de interés nacional, pois tamén chegue a ser de Interés Turístico Internacional, que estamos a piques, con moitas posibilidades de conseguilo porque o Arde Lucus é único.

O tema da promoción, agora que o preguntas, onte deiteime tarde e hai un programa na Radio Galega no que unha muller de Lugo, creo que se chamaba Mari Carmen envioulles aos que fan o programa nocturno, envioulles uns programas do Arde Lucus, moedas que se acuñan todos os anos representativas do Arde Lucus para promocionalo, polo tanto eu creo que máis, que tamén polos medios de comunicación, nas redes sociais se promociona moitísimo, pero o boca a boca das persoas que veñen a visitarnos, eu creo que é a mellor publicidade que podemos facer. Lóxicamente despois hai que investir en medios de comunicación e levalo alá donde cheguemos, non? Sempre vamos a Fitur por exemplo que é unha feira internacional donde se promociona axeitadamente, están en contacto tamén con outros países grazas a colaboración das asociacións con outros países porque recrean, estudian e visitan esos países, polo tanto eu creo que a promoción é axeitada. Dende logo canta máis publicidade fagamos e canto a mais persoas cheguemos pois mais nos visitarán non? é cuestión de bla,bla,bla e comunicalo… sobre todo eu confío moito no boca a boca, porque non é o mesmo sentílo que velo nunha páxina de periódico ou nuha cuña radiofónica senón que hai que vir para sentílo e así sabes e seguramente promocionas moito mellor o Arde Lucus que doutro xeito.

A verdade que a aceptación é como decíamos…cando unha cousa xenera tanta positividade, é unha cousa tan boa e nos fai sentir tan orgullosos e orgullosas a un colectivo, a unha poboación como é a de Lugo a acollida sempre é moi boa. Entonces a experiencia foi, loxicamente moi agradable, coñecíannos en todos os stands que visitábamos, tamén se fixeron promoción en outros idiomas, en chino, en inglés, en francés, e intentábamos achegalo ao máximo de representantes que houbera en Fitur. Eu creo que é unha festa consolidada, unha festa coñecida e alá onde vaiamos, pois eso, xera optimismo, gusta porque mezcla esas dúas partes tan importantes, lúdico como decíamos e de historia, de recreación e fai que sexa unha festa adaptada ao contexto no que vivimos hoxe en día todos e todas.

Aquí en Lugo é evidente, os restos arqueolóxicos que hai da nosa historia romana sobre todo, teñen a necesidade e creo que llo debemos ao mundo de poder expoñelo para que a xente o vexa non? e para que se entenda, igual que vas a Exipto non che extraña ver o museo con toda esa historia exipcia, pois entonces aquí en Lugo temos que ser a sede, porque somos a cidade mais antiga de Galicia, somos Lucus Augusti e temos material de sobra para ensinar históricamente e ademáis seríamos un referente no Noroeste e no mundo enteiro seguramente.

Bueno a invitación é ben sinxela, se queren sentir de verdade o Arde Lucus, solo teñen que vir a Lugo, ao Noroeste de Galicia, por si non se sabe donde está aínda Lugo, e participar da festa, caracterizada de romana ou de castrexa, do que eles consideren, visitar a todas e cada unha das asociacións e vivir con todos os lugueses e as luguesas, porque son os que mellor lles poden explicar o que é o Arde Lucus, o que sinten no Arde Lucus e que vai ser unha experiencia inolvidable para todas aquelas persoas que nos veñan a coñecer.

Bueno a noticia para min foi asumir unha responsabilidade, o que comentaba antes, seguir transmitindo esa vivencia que se fai visible a través do Arde Lucus como un legado dunha historia que nos pertenece a todos e a todas e que temos que traballar a reo e seguir mantendo ese espíritu, esa chama encendida para que todos e todas, non só se queden coa parte lúdica da festa senón que aprendan a revivir a historia, a vivíla e a sentirse un romano ou unha castrexa maís dentro de todas as actividades que se van a programar.

Estamos falando dunha historia de mais de 2.000 anos, entón 2 anos da nosa vida, aínda que tivemos que adaptarnos moito as novas circunstancias, non deixamos de traballar e de sentir, pois ese orgullo, de traballar por unha festa tan importante como é o Arde Lucus e o ano pasado, creo recordar que, mantivemos esa chama viva grazas as redes sociais, donde nos seguiron mais de 500.000 persoas, donde houbo un impacto, en todas as redes, tanto en Twitter, en Facebook, bueno en todas as redes que se poideron utilizar, as asociacións , os lugueses, as luguesas, todo o mundo seguiu participando, poñendo o seu gran de area, decorando balcóns, participando do xeito que se podía e este ano un pouquiño mais liberados porque nos permiten polo menos visibilizar mais o que son os campamentos, seguramente se anime moita mais xente a salir caracterizada, vamos a seguir gozando dese Arde Lucus, polo tanto son dous anos complicados, pero 2 anos en 2.000 tampouco creo que vaiamos a perder nada de historia senón que sumamos máis ganas para ese fin que temos na nosa mente institucional que é conseguir o premio, o recoñecemento internacional para seguir sentíndonos orgullosos e orgullosas do Arde Lucus.

Que viva o Arde Lucus e que siga enchéndonos de tanto orgullo e de tanta alegría como leva facendo todos estes anos de historia.

Sentimento, é un sentimento, orgullo e sobre todo que aprendimos os lugueses e as luguesas a sentirnos unidos e unidas por unha causa que é o Arde Lucus.