JESÚS SERRANO SACRISTÁN

O meu nome é LUCIUS FABIUS AGRIPA

MANUEL LÓPEZ GUITAR

E o meu é MARIUS RUTILIUS CÍTARA

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

A asociación Pax fundouse no 2016, naquel momento eramos aproximadamente 25 persoas, entre homes, mulleres e nenos. Máis ou menos mantemos o mesmo número.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Pois en concreto os socios de Pax vimos fundamentalmente de Caetra Lucensium, pero algúns en particular xa estivemos anteriormente na Cohors. E de feito son asociacións, ás que lles temos a pesar de todo, como membros que fomos certo agarimo, porque en parte, o que son aínda hoxe, foi legado noso. Hai moitísimas cousas que fai que esteamos alí dalgunha maneira.

Fundamentalmente os socios de Pax Romana vimos de Caetra, e ademais os homes fundamentalmente, moitos vimos da Cohors III lucensium, e a pesar de non estar xa nesa asociacións, evidentemente, pois temos importantes recordos respecto a elas, na medida que fomos fundadores das 2 e deixamos un bo e interesante legado nelas. E por tanto dalgunha forma desde a distancia tamén as vivimos un pouco como algo noso, polo menos alí algo quedou entre nós.

Por moitas circunstancias, en concreto na Cohors, pois porque había formas de pensar moi diferentes, había xente que nalgún momento optaba por unha asociación máis marcial e fundamentalmente masculina, outros, optabamos pola integración das mulleres, eu inclúome nese grupo, foi uns dos problemas que eu tiven para estar na Cohors, porque propoñía e esixía porque era un acordo inicial que as mulleres formasen parte da Cohors.

En Caetra, foi outra cousa, fundamentalmente era que había un grupo que traballaba moito e outro moi pouco, e cando tentamos equilibrar as cousas, xurdiron os problemas. Temas persoais que van xerando determinadas circunstancias ata que decidimos marcharnos, porque o que queremos nós é estar nunha asociación para pasalo ben.

O nome de Pax, foi unha proposta que se me ocurríu a min, e presenteino aos socios recíbiuse favorablemente e definitivamente é o nome que adoptamos. Por qué eliximos este nome? Pois porque dado que a nosa asociación avoga polo militar pero tamén polo civil, pareceunos interesante facer referencia a ese período no que o militar e o civil se aproximában porque era un momento de paz. Entón a partir de aí é cando nós desenvolvemos o noso proxecto que ten que ver con esas dúas partes da sociedade sen menosprezar a ningunha, de forma equilibrada.

Recreamos en parte o militar, pero desde unha óptica quizais diferente na medida que falamos do lexionario non tanto como soldado senón como é un lexionario e como vive, de feito o que temos fundamentalmente, e non temos máis porque, como xa dixemos ao principio somos 25 socios, temos un contubernio, que o temos para falar de cómo vive un lexionario, non como loita, senón fundamentalmente como vive, como é a súa tenda de campaña, que come, canto anda, cales son as súas obrigas diarias, porque nos parece que é unha forma de falar da vida, pero da vida dun militar. E por outra banda temos outras actividades que o que falan é da vida dun romano pero civil, entón niso falamos de temas como a escritura, fixemos un taller de escritura, fixemos no seu día un taller de xabón para falar da hixiene, tamén falamos da construción dos mosaicos, como se constrúe un mosaico, todo o que sería un taller de mosaicos, un taller de cuñaxe, acuñamos moedas, que a nosa moeda ten unha peculiaridade, é un proceso 100% manual, tanto é así que os cuños tállanse e gravan a man en aceiro que logo se amorna, temos un taller de armamento que o desenvolve o noso centurión, CAIO VIRIO FRONTÓN, e despois o que fixemos ultimamente foi colaborar, parecíanos tamén moi interesante, precisamente e falando da Pax, e do entendemento entre as xentes, colaborar, e nesa idea, de feito o último Arde Lucus o que fixemos foi ter connosco en todo momento ao Grupo de recreación histórica de Badalona, porque teñen unha filosofía moi parecida á nosa, coñecémolos a través dunha invitación, e pareceunos interesante porque eles tiñan o mesmo esquema de campamento, é dicir pequenas tendas, na que en cada unha delas fálase dun aspecto da vida cotiá, e de feito no último Arde Lucus fixemos un taller no que se falaba da prostitución, un taller no que se fabricaban embutidos, facíase escabechado de peixe, fabricábanse cordas e calzado, falábase das unidades de medida, dos pesos, entón parecíanos que iso era moi interesante porque nós queremos que o romano deixe de ser soamente o militar, pero sen esquecelo, iso sempre, non o queremos esquecer, pero Roma era moito máis que un exército.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Nós inicialmente, a primeira vez que fomos ao Arde Lucus, financiámonos directamente co noso propio diñeiro, ata que non recibimos a primeira subvención do Concello, basicamente os socios puxeron o diñeiro para funcionar, e despois aos poucos xa fomos sacando diñeiro doutros sitios e fomos facendo un pouco de patrimonio pero pouquiño.

Nós somos diferentes, non cobramos, non cobramos aos nosos socios cota de permanencia nin de inscrición, e simplemente co diñeiro que podemos facer no Arde Lucus, e co que nos subvenciona o concello, e con algunha saída que fixemos tamén.

Nós o que temos é un equipamento, eu diría de máis calidade, máis coidada, que non moi ostentosa, o que temos case todo nolo facemos nós, e por tanto, non dispoñemos de grandes medios, temos que adaptarnos ao que temos.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Eu vou falar por min e polos grupos nos que estiven, porque ao final, se estiven, é porque coincidía coa forma de facer as cousas, tanto na Cohors, como en Caetra, como en Pax que estou agora, sempre procuramos na medida do posible, informarnos, ben, cos medios que temos todos, a través das redes, de páxinas web, pero a min, fundamentalmente gústame informarme con xente que coñezo, xente especialista nos temas. Temos a sorte de vivir nunha cidade como Lugo na que hai xente que controla moito todo o que ten que ver con Roma, temos unha Facultade de Humanidades onde hai xente que está a facer grandes traballos, temos arqueólogos con moitísima experiencia, que todos coñecemos, entón, eu aparte pola miña profesión en determinados traballos tiven relación con eles, e ademais ao vivir nunha cidade pequena todos nos coñecémos, entón, á min gústame e adoitámolo facer tirar de xente coñecida dependendo de cada un dos temas que queremos tratar. Mesmo xente de fóra.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Desde que nós somos Pax Romana, sempre nos localizamos na Praza que hai xusto enfronte da Estación de Autobuses, con outras asociacións estivemos noutros sitios pero con Pax, soamente alí.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Imaxíno que para calquera asociación, para todas as asociacións, e mesmo para calquera persoa de Lugo, o obter a Declaración de Interese Turístico Nacional é un éxito, porque, e agora vou facer unha pequena paréntese, eu acórdome a primeira noite que non durmín, porque ía participar no Arde Lucus, e que foi montando o campamento da Cohors, ás 5 da mañá viñan uns tíos de tomar unhas copas e partíanse de risa mirando para nós dicindo que fan estes pringados, así de textual foi, iso nunca o esquecerei, e realmente aqueles pringados conseguiron esta Festa de Interese Turístico Nacional, e paréceme moi interesante porque sempre crin que vivimos nunha cidade que ten algo único e exclusivo, e que grazas ao Arde Lucus, xunto con outras moitísimas cousas, estamos a facer que esta cidade sexa referencia, por tanto para min é unha emoción e oxalá se consiga ser de Interese Internacional. Porque creo que temos algo que pode levar a Lugo a moitísimos sitios pero temos que saber xestionalo e implicarnos tanto os cidadáns como as administracións.

Como os incorporamos? Non temos. Pregúntasnos como integramos aos mozos, pois mira, cando nos fomos de Caetra, había algún mozo, había algún neno, pero eses nenos xa son novos e os mozos xa son menos novos, e con isto, onde quero ir? Que non se están integrando moito porque tamén é verdade que outras asociacións xa creo que o dixeron, que teñen o mesmo problema e é que participar nisto significa traballar, e con isto non estou a dicir que aos mozos non sexan traballadores, pero se cadra gústalles máis estar de copas e pasalo ben, e máis diversión que a min tamén me gustaba cando era máis novo, pero agora como son maior, se cadra gústame máis isto por iso, pero eu creo que, é un problema que lle atopo ao Arde Lucus, eu téñoo falado con outra xente e a xente nova, parece ser, que participan no Arde Lucus, pero non tanto nas asociacións.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Temos novos pero non se implican excesivamente. Hai algo que non lles atrae demasiado polo que se ve e non acaban de implicarse. Veñen, pero non están moi… veñen comer basicamente.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Pero ás catro vanse que quedaron cos amigos, as cousas son así. Por exemplo, eu falo pola miña experiencia persoal, eu tenteino co meu fillo e ata que tivo 18 anos, moi ben, pero a partir de aí, dime, ás catro vou durmir no Arde Lucus.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Unha das saídas que máis divertida nos resultou e que participamos moitos, foi en Bílbilis (Calatayud), unha festa que hai en Bílbilis de recreación histórica. Tamén fomos moitas veces….

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Estivemos en, que foi realmente a nosa primeira saída, na Cita coa Historia , nas Pontes de García Rodríguez, que para nós foi moi ilusionante, porque foi xusto a primeira saída que faciamos e 15 días antes do Arde Lucus, fomos moi ben recibidos, dixéronnos que quedaran moi contentos, coa nosa presenza física e coa nosa participación é dicir coa nosa forma de caracterizarnos, e coa nosa forma de participar, o que fixemos, unhas pelexas pola rúa. Despois estivemos en Cacabelos, que temos uns grandísimos amigos, desde aquí quero aproveitar para darlles as grazas, porque temos media vida de recreación compartida con eles,

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Sempre nos apoiamos mutuamente, é unha asociación irmá nosa

MANUEL LÓPEZ GUITAR

É que cando Caetra naceu, xusto naceu a asociación de Cacabelos e coñecémonos nas Médulas, quedamos un día nas Médulas para coñecernos, porque eles viran o que estabamos a facer e deixámoslles os moldes para facer os escudos, deixámoslles as plantillas dos debuxos, e son , para min, uns grandísimos amigos. De feito eu, cando empecei co taller de escribano, había un deles que é un sibarita, e viña os sábados, e xuntabámonos para escribir e de feito temos un proxecto común, que agora está parado pola pandemia, pero entre os dous estamos a tentar facer un proxecto importante a nivel nacional, que será unha sorpresa algún día. Pero pasámolo moi ben, pero xa che digo estivemos en Bíbilis como dis ti, estivemos en Cacabelos, como recreadores, eu estiven no Porto, en Badalona, nas Guerras Cántabras, en moitos sitios.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Como asociación gustaríanos ir á Alemania.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Se che teño que dicir a verdade non o teño claro, desde logo non é Roma, porque pode parecer tópico, e, é un sitio que me gustaría ir pero non o que máis. A Nimes, á festa de Nimes, que de feito estamos convidados, pero o problema son as datas , os traballos, e moitas cousas e o diñeiro.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

A min, gustaríame coñecer a de Teutoburgo, que estamos convidados tamén a ir e quizá o fagamos máis pronto que tarde. Cando nos xubilemos.

Non somos moi conscientes das actividades que hai no Arde Lucus porque realmente en ningún deles nos deu tempo nin a percorrelas nin a visitalas porque estamos tan metidos nos campamentos que francamente tes unha visión moi superficial do que hai por fóra, porque non dá tempo a ver todo.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Eu a esa pregunta contestaríache: Hai máis asociacións no Arde Lucus? Porque todos os anos quedamos de ir visitar a non sei cantos e nunca imos porque non nos dá tempo e supoño que ás outras xentes pásalles o mesmo, pero eu creo que hai moitas actividades e ao mesmo tempo hai as necesarias porque hai xente para todas.

Ese tema falouse moitas veces, barallouse, eu persoalmente quédome como estou.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN
Si porque desde o venres ata o domingo é tempo suficiente, queima bastante, é demasiada dedicación alí e alongalo moito máis pode resultar…

MANUEL LÓPEZ GUITAR

É que todo depende de como cho plantexes, nós somos se cadra un pouco…

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Nós desde primeira hora da mañá ata que se acaba, ata as 11 da noite estamos alí dando o callo.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

E sobre todo porque nós temos unha cousa que non sei se a fai máis xente porque por iso digo o das outras asociacións porque moitas veces non sabes o que fan os demais, pero nós con esa idea de que montamos como pequenos postos, onde contamos cousas, é que eu ás veces teño estado 5 horas falando sen parar, toda a mañá, ou toda a tarde, entón claro, iso, se o teño que facer 4 días acabo feito un farrapo, agora se estou no campamento tomando algo e falando coa familia e tal pois seguramente diría que si, é que todo depende, eu non o teño claro.

Ben eu pódoche dicir que iso o vivín, iso eu o vívín, e creo que ti tamén Jesús, cando nós estabamos en Caetra, e creo que foi posiblemente o segundo ou terceiro ano en Caetra, cando o campamento estaba no Carril dos Fornos, alí estábamos, un sitio moi bonito ademais, porque o recinto prestábase moito a ter moita relación uns con outros, agora ao estar dispersos pola cidade, algunhas veces non nos vemos, que non che dá tempo pero daquelas era como saír da túa casa e entrar á do veciño, estabamos en parcelas lindeiras e aquilo era moi bonito. E si que é verdade , eu viña da Cohors e non me gustaba falar dese tema, porque parecía que era un resquemor que eu tiña ou un enfado persoal , pero si que tiñamos e percibímolo moitas veces, moitísimas , e é que había como un certo rexeitamento á Cohoors, e máis que á Cohoors, á algunhas persoas da Cohors, porque ademais era curioso iso, tanto é así que houbo unha vez, que estabamos a comer todas as asociacións, pechabamos o campamento de 2 a 4 para comer, e despois acababamos e iamos dun lado ao outro dunha tenda a outra, porque había moi bo rollo, e acórdome que unha vez que á min pareceume que era un xesto de achegamento da Cohoors cara aos demais, entraron no campamento á hora de comer, e pecháronse case todas as tendas, deixáronse caer teas, había un certo xesto de rexeitamento.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Eso afortunadamente xa non é así. Desde vai uns anos non é así.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Por iso digo que se cadra non era tanto rexeitamento á Cohoors, como rexeitamento a algunhas persoas, porque cando cambiaron as persoas eu entendo que a Cohoors, volve estar preto de todos e todos preto dela.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Eu tamén o creo e colaboramos de feito con eles nalgunhas ocasións

MANUEL LÓPEZ GUITAR

A min paréceme que ese tema é moi complexo, pero desde logo creo que Lugo necesita unha referencia, unha referencia para nós os cidadáns de Lugo e unha referencia para a xente que se interese pola cultura. Entón eu creo , e evidentemente todo isto é unha opinión moi persoal, creo que realmente Lugo necesita un Museo da Romanización. Pero o que tamén teño que dicir é que eu non entendo que sexa un Museo en que haxa unha serie de cousas expostas, eses museos eu creo que pasaron á historia . Eu creo que ten que ser un museo, que non ten nada que ver con este tema, pero eu poñería como exemplo o MUSAC, o museo de arte contemporánea de Castela, que para min é un exercicio de libro, é algo no que a xente participa, é un museo interactivo e eu creo que o Museo da Romanización de Lugo debería de ser iso, un museo interactivo no que os cidadáns de Lugo coñezamos a nosa historia , que moitas veces non a coñecemos, no que os que veñan coñezan a nosa historia e no que os que coñecen a nosa historia póidana desenvolver, explícome, en que haxa un sitio onde a xente poida investigar, cando apareza un miliario, ou apareza unha peza que se poida restaurar, que se poida estudar, que se poida documentar, iso para min é o Museo da Romanización de Lugo, mellor dito o Museo da Romanización, que tampouco sería para min de Lugo, eu sería ambicioso, igual que en Mérida no seu día cambiaron un aparcamento polo Museo Nacional de Arte Romana e hoxe Mérida é unha referencia, eu creo que Lugo pode ser a referencia cando menos para Museo da Romanización en Galicia ou, xunto con outros, que podería ser unha idea moi bonita, que haxa máis dun museo no norte de España, porque todo o noroeste da Hispania, ten moito en común, Guerras Cántabras, dos Astures, etc, eu creo que todo iso débese de contar e se cadra non ten que ser Museo de Lugo, teñen que ser 3 museos, ou 4 non o sei pero eu creo que hai que ser ambiciosos. Por iso sempre entendín que o museo é moi importante, porque ademais hai un gran problema en Lugo de provisión de restos arqueolóxicos, o Castro de Viladonga, que agora mesmo está encargado da custodia de todo iso ten serios problemas para almacenar todo o que se atopa.

A historia do MURO para min é un nome moi bonito, é moi curto e queda, e iso xa é moi importante, e a idea de onde nace, ben , pois , por cuestións profesionais, eu no seu día participei no concurso para facer o proxecto do Museo da Romanización de Lugo e falando cos meus compañeiros, somos 4 socios no traballo, decidimos poñer como lema o MURO, o noso proxecto chamábase xa o MURO naquel concurso, que non é outra cousa que Museo da Romanización, pero pareceunos interesante porque estamos a vivir nunha cidade que ten algo de peculiar, que é unha cidade amurallada, en galego unha cidade “ murada”, entón se vivimos nunha cidade murada e imos ter o museo dentro e ademais coincídenos co uso que lle imos a dar ao edificio, creo que o temos aí.

Eu no seu día, ese nome sempre o tiven na cabeza, foi o que eliximos os meus compañeiros e eu, e xusto como 2 meses antes do inicio da pandemia creouse unha plataforma para reivindicar a construción do Museo da Romanización en San Fernando, non vou entrar en polémicas pero era para situalo en cando se estaba falando de Museo da Romanización ou Parador de Turismo, ben pois naquel momento fíxose unha plataforma na que eu participei activamente, propúxose ese nome e teoricamente adoptouse como nome para a plataforma e para propoñelo se algún día se fai o museo, se chámase así.

Se me gustaría ser o arquitecto do Museo da Romanización? Imos ver, a todo o mundo gustaríalle ser profeta na súa terra pero por desgraza xa sabes que ninguén o é, entón a min tocoume a segunda parte. Pero á parte diso, o que máis me gustaría é que o faga quen o faga, que se faga un bo proxecto, porque ao final, o autor é o de menos, o importante é o que queda, e como tal eu deféndoo, hai xente que di, tería que facelo alguén de Lugo, pois non, ten que facelo o que mellor o faga, porque eu o que quero é o mellor para a miña cidade non que sexa eu, iso é o de menos, porque eu voume a ir pero o museo vai quedar.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Para min o Arde Lucus resumiríao en: é o equilibrio perfecto entre a diversión e a recreación histórica

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Para min o Arde Lucus é fundamentalmente a fusión en 3 días de cultura, diversión e amizade
Gustaríame que fose o que é e un pouco máis en cuestión de festa, que se manteña o que hai e que se innovase con temas porque eu creo que a festa o necesita urxentemente, temos que romper a monotonía, fixemos moitísimas cousas, quizais, se cadra cometemos un erro, sen querer, pero, un erro que non é un erro, en Arde Lucus fixemos moito en pouco tempo e iso se cadra xera un problema que para o tempo que nos queda, consumimos xa moitas cousas.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Non soubemos optimizar todos os nosos recursos

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Vou contar unha cousa, e é verdade, o terceiro ano que eu estiven na Cohoors, estivemos a piques de contratar un elefante, fíxose a proposta de traer un elefante e eu dicía daquelas, se traemos un elefante agora, dentro de 10 anos temos que traer un zoolóxico. Non podemos queimar todos os cartuchos en 3 anos porque logo que facemos.

Ultimamente comezo a pensar que sería interesante facer actividades conxuntas , ou sexa, nós como Pax somos 25 socios evidentemente non podemos facer grandes cousas, pero se cadra unha asociación pequena non ten pasta pero ten ideas, e unha máis grande se cadra ten pasta e ten ideas, non estou a pensar en ninguén en concreto, pero paréceme moi interesante, por dicilo desde un punto de vista empresarial, xuntar un socio capitalista, un deseñador brillante, etc. Xuntar xente brillante, eu creo que iso non se expuxo nunca e creo que pode ser moi interesante, por que temos que ser 19, ou sexa podemos ser 19 pero podemos facer un proxecto común sen deixar de ser os 19.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

A min a colaboración que houbo entre as asociacións o ano anterior cando todos fixemos unha gran tartaruga rodeando a muralla pareceume fantástica.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

É que eu falo diso, sen ninguén deixar de ser o que é, pero todos no mesmo carro, iso pode ser algo interesante para o futuro. No seu día falouse , entre un grupo de xente que somos así un pouco… Que pasa se o Arde Lucus tivese un barco? Temos un río, que pasaría se se cadra entre todos eses, uns que teñen ideas de como se fabrica un barco, outros que teñen serradoiros, outros que teñen pasta , se fabricamos un barco? Por exemplo.

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Unha galera

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Non lle poño o nome. A min pareceume unha pasada

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Eu creo que aquilo foi unha culminación de certas rifas ou receos que podía haber entre as asociacións, desapareceron, todos desfilamos baixo o mesmo escudo e todos á vez e creo que ese é o camiño, e moi orgullosos. Eu paseino moi ben

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Eu cheguei feito un farrapo, porque ía feito un farrapo, porque foi unha chea de tempo alí metido pero aquel día encantábame cheirar a suor, porque estar alí metido era unha cousa extraordinaria, non vías á xente, nada, só oías ruído, golpes por detrás, non me deas, non me empuxes…

JESÚS SERRANO SACRISTÁN

Fíxose ademais sen ningunha preparación, dunha maneira espontánea case, porque realmente non practicaramos nin nada e eu creo que quedou vistoso e esa é a imaxe que che queda.

MANUEL LÓPEZ GUITAR

Para min foi un dos momentos especiais do Arde Lucus xunto co primeiro día que saín coa Cohors, que ía chorando. Porque me fixo chorar a xente, eu cando saín coa Cohoors o primeiro día e cruzamos a Rúa da Cruz, ninguén sabía que existía a Cohoors , ninguén nos vira, nunca saíramos e pasando por diante do Verruga, a xente empezou a saír á rúa para aplaudirnos e eu creo que non fun o único, debaixo dos nosos cascos iamos chorando porque era súper emocionante.