MARIA ISABEL CARRIL QUIROGA

O meu nome é  Atia  Espuria, no 2014, cando nos fundamos como asociación, eramos 9 socias, recreamos a vida das  Vestales de Roma naquelas épocas desde o século I ao IV despois de Cristo.

O meu primeiro Arde  Lucus, aínda que xa vai tempo, lembrámolo con moitísimo agarimo, tivemos unha gran aceptación e o público eu creo que se sorprendeu. Cando empezamos coas nosas primeiras recreacións no Arde  Lucus, tiñamos á nosa disposición un grupo de teatro que nos asesoraba en todo e creábanos os guións,  Achádego Teatro.

O noso vestiario, documentámonos a través de distintas páxinas que están creadas por historiadores e con distinta documentación e con moitas estatuas que quedan aínda no Foro Romano. O noso vestiario tenta asemellarse o máis posible ao que levaban na antigüidade pero un pouco adaptado ao que necesitamos agora para que non nos resulte moi pesado e molesto á hora das actuacións. Si que é fundamental a nosa  Vita, que é unha cinta branca de la e a  ínfula que tamén son unha serie de cintas de la, tinguidas en vermello e en branco.

A recreación do castigo á  Vestal foi  súper divertida, como temos os nosos propios personaxes, creamos unha historia a partir deses personaxes, as súas loitas internas, as súas rifas, os seus odios, os seus amores e utilizámolo para recrear o que sería un castigo por rotura de votos de castidade.

ANNE NIKITIK

Tivémola que levar a xuízo e colaboraron connosco a asociación dos Senadores e houbo un xuízo e a sentenza a morte e no templo tivémoslle que ir quitando toda a súa vestimenta  vestal e a  Vita, que era a cousa máis forte porque para unha  Vestal, perder a  vita é un  deshonor moi importante e desde aí levámola entre o público humillada ata o punto de enterramento e enterrámola.

MARIA ISABEL CARRIL QUIROGA

As  Vestalias,  as nosas festas, hai 2 anos, antes desta corentena, coincidiu coas datas do Arde  Lucus, e o que fixemos precisamente foi tentar recrear aínda que só fose un  pedaciño. Foi moi emotivo, xuntamos a todas as mulleres das demais asociacións e viñeron facer as súas ofrendas ao templo. A Mona salsa xa estaba feita.

Na nosa asociación as mozas non son socias en si, teñen que ser familiares das nosas socias, por estatutos non poden pertencer á asociación menores de 18 anos, pero para recrear a nova inclusión dunha  vestal á orde, si que nos valemos dunha das fillas de, precisamente a nosa presidenta por aquel entón. O ritual de iniciación dunha  Vestal na Orde, o que se fai é elevar á nena entre todas, simbolizando o seu crecemento dentro de nosa Orde  Vestal, pónselle a roupa  vestal, e simbolízase, digamos o cambio da súa condición de cidadán da urbe a unha nova  Vestal, que ten un  status totalmente distinto. Non podemos suspendela nunha árbore porque non tiñamos tampouco árbores e era un pouquiño perigoso.

Non teño unha opinión forxada, respecto diso da Festa Internacional, mesmo da Festa Nacional, para min segue sendo a mesma festa do primeiro día que celebrabamos todos os lucenses e vivila desde dentro non ten nada que ver con todas estas cousas que as vemos desde fóra, entón, si que implica que hai moitísima máis xente, veche moitísimo máis público, pero iso non é realmente o importante, o importante é gozar dela.

É difícil dicir que a recreación estea ben lograda porque somos moitas asociacións, cada unha ten os seus motivos para facer as súas actividades e as súas fontes de documentación, non controlo tampouco toda a historia daqueles anos como para poder dicir que está todo ben recreado, si que temos que permitirnos moitas licenzas porque unha cousa é recrear e recrear tal cal e outra cousa é entreter ao público e divulgar, e nesas partes de divulgación e entretemento, ás veces hai que facer adaptacións.

Non é necesario ter unha data fixa, con estar simplemente en xuño, xa máis ou menos sabemos que é nesa data.

ANNE NIKITIK

O meu nome é Constantina  Coelia Concordia.

O primeiro ano eu estaba de visita en Lugo, antes vivía en Madrid e unha visita familiar, pois coincidín coa festa e quedei  impresionada e hai 8 anos vin vivir a Lugo e tiven a oportunidade de incorporarme nesa nova asociación das  Vestales de  Lucus  Augusti e a verdade é que vivilo desde dentro a velo desde fóra, é outra cousa, é un privilexio, unha emoción, son moitas cousas

Saíu o anuncio pedindo xente interesada en formar un novo grupo e precisamente era o das  Vestales, eu antes, nin mo preguntara, se romana ou  castrexa.

A verdade é que foi unha actuación que foi moi ben recibida porque eu creo que coa participación da nena trouxo algo de frescura e un enfoque totalmente novo ao que era a vida das  Vestales, que as nenas podían entrar a partir dos 6 anos, había un recibimento no Templo polas outras  Vestales xa maiores, dariámoslle algún agasallo, algún xesto para que soubese en que ía consistir a súa formación e vestímola co traxe de  Vestal.

Arde  Lucus, de momento é como unha pantasma, é como  algo que antes existiu e que estamos como nun purgatorio esperando para que podamos volver tomar as rendas da festa e levar todo a cabo como se facía antes.

MARIA ISABEL CARRIL QUIROGA

Non podo definir nunha frase que é para min o Arde  Lucus, é moitísimas, moitísimas cousas, é diversión, é fraternidade, é recreación, é historia, é festa.

ANNE NIKITIK

Pois eu diría que é pura emoción, nervios, este  tilín, esa forma de participar con outras moitas persoas que levamos meses, meses anteriores traballando para lograr o que facemos e a verdade que un privilexio, un pracer, a verdade é unha cousa que se goza moitísimo, é moito traballo, moito traballo pero gózase e non podería vivir xa sen Arde  Lucus.