MANUEL SÁNCHEZ LÓPEZ (Manius Airavellus Suculentus)

Lucus Équites fundouse no 2011, eu daquela aínda non estaba na asociación, pero empezouse con moi pouquiña xente, serían unhas 15 persoas, ahora vimos sendo uns 40 ou 40 e algo.

Estamos de todas as xeracións desde 6 ou 7 anos ata os 70.

Eu creo que o primeiro ano, ou polo menos coa ilusión  traballei de que se fora a consagrar como unha festa única

Principalmente pasalo ben e despois copiar un pouco dos maiores, temos a nosa propia mini lexión de romanos, con centurión incorporado por supuesto.

Actualmente finaciámonos coas subvencións que nos van dando, tanto o Concello como a Deputación e cuha pequena cota que poñemos para facer o Arde Lucus todos os socios.

A vida romana, a vida romana en xeral, desde temas de loxística, armamento, desfiles, e vida de campamento, distintos talleres, facemos demostracións de cousas que facían eles.

Todos, non che podería decir un só, menciña, escribanía, moeda, forxa, …

O antiguo campamento estaba na Castra, por detrás do Hospital da Virxe dos Ollos Grandes, inolvidable, era un entorno espectacular, en pleno casco histórico, un sitio precioso. Agora estamos no parquing  do seminario, detrás das oficinas municipais.

Pois Astorga, saímos a Astorga, Cacabelos, Braga, Quiroga… Fóra de España, temos esa espiniña ahí de saír fora de España, non sabemos a onde concretamente, Nimes por exemplo, incluso, desfilar, sería algo impresionante desfilar en Roma.

Temos pintura en pedra para nenos, mosaicos para nenos, montan eles os seus propios mosaicos con pedra, marionetas, tiñamos tiro con arco ao xabaril, vai uns anos que non o montamos pero estár está tamén para montar.

A prohibición doeunos, pero quizá non sexa o que máis nos doeu, doenos máis os comentarios que xurden polas redes sociais en contra dos animais e poñéndonos nomes que non son reais, sobre todo asociacións animalistas, que maltratamos animais e non é certo, é decir, nos podemos decir que temos asistencia veterinaria dentro da asociación 24 horas, temos socios que son veterinarios, entonces non nos parece xusto de todo que nos critiquen por eso, que non está ben montar un cabalo? Eso é moi persoal, ata vai un século o medio de transporte habitual era o cabalo, que non digo que sexa un medio de transporte agora mesmo, pero sí creo que se debera seguir permitindo esas cousas e non tachando a ninguén de maltratador animal por eso, eu creo que un animal ten que estar ben coidado e non abusar del, pero…o cabalo no mundo romano sempre foi unha peza fundamental pero non todo o mundo o ve así.

Eu creo que nese momento o Concello nos debería ter apoiado algo, poñerse a favor noso, ao final nós, non é que traballemos para o Concello pero sí axudamos a facer esta festa e si ninguén nos axuda cando tes un problema, pois non sei, eu persoalmente, sentinme nese momento algo desamparado, creo que se debería ter mollado máis con nós.

Algo moi importante, ao final estamos representando, dentro das novas asociacións que somos agora mesmo, a Lugo, e que Lugo organice unha festa de Interese Turístico Nacional, pois é moi importante e contamos con que sexa Festa de Interese Turístico Internacional.

A día de hoxe eu creo que sí, calquera outra asociación de recreación xa sexa romana, galaica, castrexa, fálaslle do Arde Lucus e é coñecida, xa non dentro de Lugo e de España, eu creo que incluso internacionalmente somos coñecidos.

Non se me ocurre nada que lle sobre, faltarlle, máis apollo ás asociacións, eu creo que lle falta ese empuxón para as asociacións creo que é moi importante e ao final somos quen facemos esta festa e creo que nos deberían apoiar en certos temas que nos deixan ahí un pouquiño apartados.

Creo que é moi importante, é máis, levamos a cabo entre todas as asociacións do Arde Lucus tamén, a loita por o MURO, que queremos que o Museo da Romanización sexa construido no antiguo cuartel de San Fernando, para nós sería o sitio idóneo

Única festa de recreación do mundo.