LARA MÉNDEZ

ALCALDESA DE LUGO DESDE 2015

Bueno, eu creo que é difícil dicir en qué ano un se vincula ao Arde Lucus, porque creo que fumos crecendo todos co Arde Lucus, se pode decir que desde os primeiros anos que vin, os principios dos 2000, primeiro como espectador, como visitante, vas vendo pois como vai crecendo, como vai medrando, che vai pedindo mais participación, eu creo que nos pasou un pouco a todos, non? Fumos crecendo có Arde Lucus e fumos caracterizándonos e fumos formando parte activa co paso do tempo e cada vez sentíndonos mais partícipes da festa, pasamos de ser, ao mellor, meros espectadores á ser os actores principais do Arde Lucus como cidadáns de Lugo.

Creo que se pode falar dun antes e un despois, hai que recordar que o Arde Lucus naceu con motivo do distintivo de Patrimonio da Humanidade da nosa Muralla e polo tanto ese xa foi o primeiro fito e con motivo de querer conmemorar ese fito pois naceu o Arde Lucus no ano 2001, polo tanto eu creo que significou tamén en paralelo a ese distintivo o facernos partícipes da nosa historia, o recoñecer o noso pasado, o querer poñer en valor ese pasado, o ter cada vez máis consciencia de que ese pasado é o noso futuro, que temos un potencial e unha riqueza histórica e patrimonial impresionante e creo que o Arde Lucus contribuíu a poñer en valor todo ese pasado, a sentirnos máis orgullosos do nóso e contribuíu tamén a conmemorar ese gran fito que supuxo para a cidade de Lugo, a Muralla, Patrimonio da Humanidade.

Aquel Arde Lucus do 2015 foi un Arde Lucus que recordarei sempre, levaba moi pouco tempo como Alcaldesa, unha semana como Alcaldesa, e polo tanto foi un Arde Lucus de sentimentos confrontados, desde a responsabilidade de que saíra ben, de que non houbera ningún contratempo, as ganas de disfrutalo como outros anos, de pasalo ben cós amigos, coas amigas, coas asociacións, que evidentemente son a Alma Mater do Arde Lucus, de querer visitar toda e cada unha das asociacións, dos campamentos, e polo tanto, teño ese recordo de sentimentos encontrados, confrontados, de sentimentos que aínda arrepían a pel cada vez que o penso e revivo aquel Arde Lucus do 2015, que evidentemente o terei sempre no recordo e presente porque foi un Arde Lucus tremendamente especial, non? Desde as ganas de seguir disfrutando do Arde Lucus, e desde a responsabilidade de que saíra todo ben, como así foi, e a confianza e a parte ó visualizar o explendor e a grandeza do movimento asociativo do Arde Lucus que é, como digo, a Alma Mater da festa.

O Arde Lucus é un reclamo turístico importantísimo, é un posicionamento a nivel internacional, temos xa dous distintivos, a Festa de Interese Turístico Galego, a Festa de Interese Turístico Nacional, estamos traballando para acadar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional, pero é certo que xa ten sona a nivel internacional en distintos países de Europa, e incluso, algún outro país fóra de Europa, e creo que esto é unha gran promoción, unha ventá moi importante para a nosa cidade, a capacidade de ter ese reclamo para poñer en valor o que decíamos, non? O noso pasado , a nosa historia, a nosa cultura, a nosa tradición e polo tanto eu creo que supuxo tamén un antes e un despois desde o punto de vista turístico, desde esa ventá ao exterior que supón o Arde Lucus e polo tanto tamén queremos aproveitar sempre esta festa para posicionarnos no mapa, para que Lugo sexa coñecido, porque falar desta Festa de Interese Turístico, desta festa de recreación é falar do noso pasado, da nosa historia, da nosa tradición, é falar de Lugo.

Eu creo que ao principio ninguén contaba con ter este efecto, a festa do Arde Lucus, ningúen contaba con esta proxección en tan só 20 anos, porque creo que esto tamén hai que recalcalo, en 16 anos conseguimos xa eses dous distintivos, o de Festa de Interese Turístico Galego e o de Festa de Interese Turístico Nacional, un fito que se conseguíu nun período moi breve de tempo, tendo en conta o tempo que ten que transcorrer para acadar o seguinte distintivo, e creo que eso é gracias á implicación de toda unha sociedade, á implicación dos colectivos, pero cando naceu, eu creo que ninguén contaba con que esto poidera ser un revulsivo económico, un revulsivo turístico, un revulsivo de proxección de cidade, como é a día de hoxe o Arde Lucus, creo que naceu máis como un interés de conmemorar aquela efeméride de Patrimonio da Humanidade da Muralla, e aproveitar a ocasión para disfrutar e pasalo ben recreando o noso pasado, pero conseguir en tan pouco tempo este posicionamento, eu creo que nos inicios moi pouca xente, se había alguén contaba con elo.

O reto está a expensas de que se pasen eses 5 anos para poder conseguir ese distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional, xa estamos facendo acopio da documentación que é necesaria para presentar a candidatura, polo tanto, eu creo que cando pase ese tempo establecido, seremos quen de acadar ese distintivo porque a proxección, como dicía, internacional xa a ten, xa a disfruta, son moitas as asociacións , incluso que veñen de outros países, de Italia, de Rumanía, de Francia, de distintos países a disfrutar con nós o noso pasado, a nosa festa de recreación, e polo tanto xa ten esa proxección internacional, son moitas as asociacións do Arde Lucus, que pasan e pasean por Europa e por outros lugares có distintivo do Arde Lucus, có pasado noso romano, e polo tanto temos moito avanzado, temos moito traballado, temos xa moito adiantado, eu creo que cando pasen eses 5 anos reglamentarios seremos quen de acadar o distintivo.

Eu creo que o feito de conseguir o distintivo, ese éxito, significará un novo punto de inflexión, un novo fito, un novo pulo, na proxección do Arde Lucus e polo tanto na proxección da cidade, estou convencida, de que a pesar de que xa ten esa sona internacional, abrirá moitas máis portas, será moita máis xente a que nos visite, uns pola nosa historia, gastronomía, cultura, tradición, pero moita xente virá para coñecer a festa de recreación e virá por ese novo distintivo que acadaremos.

Lugo ten un gran patrimonio por ser unha cidade bimilenaria, por ser a cidade mais antiga de Galicia, eso significa que ten moita historia, que ten ademáis a pegada da historia no transcurso dos anos, desde ese pasado tan importante que temos romano, pero tamén esa pegada medieval, barroca, temos moita cultura, historia e tradición, temos moito paisaxe natural, unha natureza tamén que nos axuda moito a posicionarnos como cidade medioambiental, como cidade Red Natura, sendo todo o territorio do Concello, Reserva da Biosfera, é dicir, temos tanta riqueza, tanta cultura, tanta historia que evidentemente esto axuda a que Lugo tamén sexa un punto de destino moi importante por toda esa historia e creo que eso axuda, e é importante que sexamos a cidade mais antiga de Galicia.

Eu ese ano, o desfile dos colexios o vivín como mamá, e iso é unha experiencia, a verdade moi bonita, ver como unha comunidade educativa tamén quere facer patria e gala do noso pasado, que tamén nos centros educativos se inculca ese amor polo patrimonio, pola historia, polo pasado da cidade, e creo que é moi bonito ver como os centros educativos da cidade participan de maneira activa, 4.000 persoas como ben decías e apuntabas, participaron nese desfile, é un desfile que se recorda tremendamente numeroso, tremendamente participativo, tremendamente proactivo, porque ben sexamos romanos ou castrexos, castrexos ou romanos, os centros educativos o viven moi intensamente, e tamén hai que agradecer a participación activa mais aló das asociacións que moitas das persoas ao mellor poden pertencer á algunha outra asociación pero ese día tamén participan como papás, mamás, nenos, profesores, directivos, todo o que é a comunidade educativa neses desfiles, o domingo pola mañá é o domingo das comunidades educativas do Arde Lucus.

Non podería ser unha festa plena e unha festa exitosa si houbera algunha agresión sexual, si houbera algún tipo de violencia, e polo tanto desde o Concello temos claro e tiñamos claro que tiñamos que ser proactivos tamén na loita contra á violencia de xénero, na loita contra ás desigualdades, na loita contra calquer tipo de violencia e por iso queremos festas libres de sexismo, libres de violencia e creo que ahí tamén fomos pioneiros en ese eido de abandeirar unha festa plena, exitosa, unha festa para disfrutar, e non pode ser así se existe violencia, polo tanto queríamos ser tamén proactivos no Arde Lucus contra a violencia de xénero, contra as desigualdades e contra calquera tipo de violencia.

O primeiro que queremos todos, e como Alcaldesa moitísimo máis, é unha cidade segura, libre da pandemia tamén, e polo tanto foi o que primou desde o minuto cero á hora de tomar decisións duras, como foi o primeiro ano de suspender o Arde Lucus, se fixo algún acto testimonial, se fixeron actos telemáticos e as novas tecnoloxías e a dixitalización empezou a formar parte máis activa do Arde Lucus, non só era unha ventá de proxección ao exterior, senón que era parte xa intrínseca do Arde Lucus e creo que houbo que reinventarse, pensar, quixemos desde o minuto cero tamén que a pesar da pandemia non se perdera o espíritu, se mantuvera a chama, agradecer novamente ás asociacións ese afán participativo, colaborativo, de decir aquí estamos, o que faiga falta, reinventámonos todos pero que non se apague a chama, que se conseguíu tanto no primeiro ano da pandemia como no segundo, neste ano 21, dando un paso máis aló e facendo algo mixto, máis presencial, pero con controles de aforo, de forma segura porque evidentemente nestes momentos de dificultade, nestes momentos complexos, porque estamos a falar da saúde das persoas, pois o que ten que primar sempre é a cordura, a prudencia, pero sen deixar de lado o que é conmemorar tamén ese Arde Lucus, esa festa de recreación, e sobre todo neste ano que conmemoramos o 20 aniversario.

É certo que o Arde Lucus está tremendamente promocionado, pero para nós sempre vai ser pouca promoción, queremos que todo o mundo sepa de nós, sepa de Lugo, sepa da festa de recreación que é o Arde Lucus e polo tanto queremos seguir promocionando o Arde Lucus fóra de Galicia, fóra de España, a nivel internacional, e así o seguiremos a facer, nos vale calquera punto, témolo feito en moitos lugares, o temos feito como no país veciño, Portugal, tamén con intercambios con Braga que é unha cidade que ten moito en común con Lugo, en Madrid, en distintas cidades, lugares, pero queremos seguir ampliando, queremos seguir promocionando a festa de recreación histórica que é o Arde Lucus e polo tanto seguir promocionando á cidade, se ben é certo que as novas tecnoloxías viñeron estes últimos anos para formar parte activa das actividades do Arde Lucus, sempre foi unha ferramenta moi importante de promoción e seguirá sendo unha ferramente moi importante de promoción, porque se en algo está palpable, latente a globalización, é precisamente na comunicación, nas novas tecnoloxías e polo tanto seguiremos promocionando Lugo e o Arde Lucus en calquera punto e rincón do mundo.

Que siga crecendo, que siga sendo esa festa que é, unha festa identitaria, unha festa da cidade, e unha festa dos cidadáns e das cidadás de Lugo, unha festa dos e das romanas, dos e das castrexas, unha festa de todos e cada un dos lucenses, donde facemos partícipes a todos e cada un dos visitantes que veñen a coñecer Lugo, que veñen a coñecer o Arde Lucus, e que veñen a coñecer o maior patrimonio que ten a nosa cidade, que son os seus veciños e as súas veciñas, xente afable, xente cariñosa, xente cercana, xente que abre as portas á quen se achega á xunto de nós, que conmemoramos ese pasado pero que segue sendo parte do noso presente, esa xente cálida e amable que é, e seguirá sendo e facendo do Arde Lucus a gran festa que é.

Sería complexo resumir nunha frase o Arde Lucus, pero o Arde Lucus é unha seña de identidade da cidade de Lugo e dos cidadáns e das cidadás de Lugo.