MAURICIO REPETTO

CONCELLEIRO DE XUVENTUDE E DEPORTES

Empecei no Arde Lucus fai 2 meses que empecei a coller as rendas da área de Xuventude, tocounos unha época distinta para organizar este Arde Lucus de transición como queremos chamarlle, ou ben, un Arde Lucus ponte digamos, neste 20 aniversario que levamos para poder dalgunha forma traballar con vistas ao 2022 onde poderemos e queremos recuperar todo ese esplendor de este Arde Lucus que o merece e celebraremos ese 20 aniversario que nos está quedando como un pouco a medias de sabor de boca pola situación da pandemia. Empezamos esta etapa e collo esta etapa con moita ilusión para traballar, o Arde Lucus é xa Festa de Interese Turístico Nacional, unha Festa de Interese Turístico Galego, pero imos traballar para conseguir esa Festa de Interese Turístico Internacional onde estamos a facer eses deberes para poder solicitalo e poder obter ese galardón para poder tamén internacionalizar esta festa, se cabe, aínda máis e poder seguir crecendo día a día nesta festa de recreación histórica que leva 20 anos funcionando e do cal temos que agradecer a esas 19 asociacións…

O primeiro traxe prestáronmo, pedino prestado porque quería saír caracterizado e a verdade é que foi así como no último momento e pedino prestado.

O Arde Lucus é unha festa de recreación histórica que colleu moitísimo nivel, hai que agradecer a esas 19 asociacións, como dicía, que se ocupan día a día de levar a ese nivel e á máxima recreación histórica e fidelidade de todo o noso pasado romano e castrexo por suposto para que tamén así sexa unha festa de referencia a nivel do norte de España e tamén de Europa, hoxe tiñamos unha vídeo conferencia con outras asociacións de recreación histórica e así nolo facían saber da magnitude e o nivel de fidelidade a ese momento de recreación e toda esa posta en escena que se fai no Arde Lucus a través dos campamentos, onde tamén por suposto os veciños e veciñas de Lugo se esforzan día a día, neses 3 días que dura o Arde Lucus en xuño para poder engalanar esta cidade e poñela nun nivel de recreación histórica sen precedentes.

Os retos que me poño de aquí a estes 2 anos que me toca xestionar a área de Xuventude, onde se atopa a festa do Arde Lucus, é por unha banda, como vos comentaba ao principio, conseguir esa Festa de Interese Turístico Internacional e por suposto seguir potenciando a estas asociacións que nos apoian día a día e seguir crecendo, e por suposto que cada vez, unha vez pasada esta situación de pandemia, podamos ser un polo de atracción turístico pero tamén dun turismo sostible, respectuoso, sustentable, e creo que este tipo de turismo é un turismo de calidade e que tamén non nos podemos esquecer nin descoñecer a dimensión económica que hai detrás deste tipo de eventos e de festas de recreación histórica por todo o que conleva para a economía do municipio de Lugo. Está claro que desde o Concello de Lugo temos unha clara aposta por conseguir os medios necesarios para poñer ao dispor da cidadanía, e a nivel turístico por suposto que sexa un polo de atracción turística e seguir crecendo como un referente da romanización con todo o pasado e o patrimonio que temos, por suposto que é a nosa aposta segura e clara como equipo de goberno o conseguir, seguir poñendo en valor o patrimonio.

Nós formamos parte da Federación de Recreacións Históricas, para o Concello de Lugo iso é un distintivo, e por suposto o que nos fai é seguir apoiándonos no resto das asociacións e ser un referente dentro desa federación e por suposto o que implica é un comportamento, seguir unhas pautas, que isto non se desvirtue e que sexa unha forma de seguir sendo fieis ao espírito e á maxia que ten e deberá seguir tendo o Arde Lucus.

Foi por suposto que positiva esta experiencia de asistir a Fitur, creo que é o escaparate a nivel español e mundial para poder vender e ofrecer todo o que temos que ensinar e Lugo por suposto cos 3 patrimonios da Humanidade cos que contamos, a Muralla de Lugo, a Catedral de Santa María e o Camiño Primitivo, pero por suposto, esta festa, que é unha Festa de Interese Turístico Nacional, pero por suposto debemos de facer máis visible aínda, se cabe, no resto do mundo e o escaparate ideal é Fitur.

O Arde Lucus para min é maxia, é un espírito e unha maneira de poder gozar de Lugo.

Para min o obxectivo creo, e o desexo que todos temos, non só o meu, é que esta festa se siga mantendo ao nivel e á categoría que se puido acceder e que siga crecendo tamén en canto a forma de captación tamén de xente que veña a visitarnos e por suposto seguir ampliando os campamentos, a recreación, apoiando tamén ao tecido económico que está detrás de poder potenciar esta festa.

Engadir que imos facer o ano que vén no 2022, esa posta de longo, este Arde Lucus post pandemia e que vai ser a recuperación de todo o seu esplendor e ao grande, así que vos convido a todos no ano 2022 a gozar do Arde Lucus, aquí en Lugo.