EDUARDO FERNÁNDEZ ABEL

Pois foi unha experiencia maravillosa, xuntámonos aquí precisamente nesta emblemática entrada da muralla no ano 2006, acabando o 2006 por decembro fixemos a primeira reunión i en xuño do 2007 foi a primeira vez que desfilou a Cohors III Lucensium no Arde Lucus. Neses 5, 6 meses que estivemos traballando pois fixamos as nosas expectativas, fixemos uns estatutos e buscarnos a vestimenta para estar caracterizados como una cohorte que estivo aquí no seu tempo pero a recreación está fixada entorno ao século I antes de Xesucristo e I despois de Xesucristo. Porque hai restos e epigrafías que demostran que unha parte da Lexio VII, unha cohorte, en concreto a terceira centuria pois estuvo aquí no que chamaban daquela Lucus Augusti.

Sí tivemos problemas có rexistro de Cohors Tercia Lucensium, porque un dos lexionarios ocurriuselle a brillante idea de rexistrala e a nosa directiva, como pensábamos que había moi boa fe, pois non reparáramos neso, fumos a litixio, non chegou a haber xuizo nin moito menos, pero sí, Alberto que era como se chamaba o lexionario, cedeunos os dereitos completos e ata hoxe non tivemos ningún problema.

A primeira fonte, e a mais importante, foi a propia dos socios, pagamos unha matrícula arredor de 600 euros e a partir de ahí pagamos unha cuota mensual de 10 euros e despois sí, as axudas máis grandes e importantes a remarcar son as axudas da deputación e do concello. A Xunta non ten líneas de subvecións para a recreación histórica.

Eramos 17. As escisións sí, son 5 de momento. No 2009 foi a primeira escisión, despois dunha asamblea moi accidentada, incluso houbo que chamar un abogado para que puxera orden no tema. A do 2010 foi a seguinte e despois tardamos 3 o 4 anos, creo que no 2013 foi a última e despois a raíz destas tres escisións, formáronse 5 asociacións que hoxe están desfilando no Arde Lucus con todos nós.

Cando debutamos, no primeiro Arde Lucus, no 2007, creo que aquelo foi inolvidable, felicitacións por todas partes, incluso a anécdota mais notoria que eu podo señalar, era que tocábannos na lórica porque pensaban que era de mentira, e preguntaban canto pesaba en total o traxe, ao redor de 35 kg. Entón creo que era o mais importante, nos desfiles houbo algún problemiña polo tema do paso e das órdes e tal, pero sí recordo perfectamente a cara de Carmen Basadre, cando nos viu desfilar, aquelo foi unha emoción que aínda hoxe me costa superar.

Eu creo que a sociedade nos quere moitísimo, queiramos ou non, a Cohors é a referencia das asociacións romanas dentro do Arde Lucus e creo que temos que, en cada edición do Arde Lucus, superarnos, é un reto que temos ano tras ano e que intentamos cumplir con esa obligación, de tódolos xeitos conviña, unha das cousas importantes que eu voto de menos, é o relevo xeracional, creo que as xuventudes, os novos teñen que tomar o relevo noso da Cohors e intentar que o Arde Lucus sexa unha cousa que supere tanto pandemias como outro tipo de crises que aparecen.

Sí en un principio concedérase un sitio un pouco mais apartado e froito do de sempre, da innovación, de votarlle un pouco de cara, intentar buscar o sitio mais emblemático que hai dentro de murallas, creo que a Praza Maior, diante do Concello, digamos que é o sitio que todo o mundo destaca, edición tras edición do Arde Lucus porque o sitio é incomparable. Estivemos a punto de cambiar para o fondo, noutra edición, noutra loucura dalgún directivo, pero ó final veu ao rego e seguimos ocupando o primeiro lugar desde o 2007 e desde alí pois ata esta edición do 2021, a mesma parcela.

Orozco é un tanto introvertido, vamos a chamarlle así, é capaz de dar todo e de quitar todo, nese sentido animounos a montar, animounos a facer a asociación, porque foi o primeiro en enterarse e despois, claro ao ver o que alí lle montamos intentou reducir o espacio e achegalo un pouco mais abaixo das bolas porque non collía a procesión do Corpus, e bueno, despois de falar co obispo daquela, ata hoxe non tivemos nunca ningún problema, pero sí foi curioso a reacción de Orozco, vendo o que alí lle montamos, porque contaba cunha cousa bastante mais pequena. Efectivamente, a negociar fumos o presidente que era Manuel Fernández , Matías que era o Cónsul honorífico e eu que era o estandarte, fumos os tres a falar co obispo que foi o primeiro que nos resolveu, que nos deu o o.k. porque alí solamente tiña que xirar a procesión, con 7 ou 8 metros que deixáramos era mais que suficiente e deixámoslle 15, por tanto, problema resolto.

O material, moi difícil de conseguir no mercado, conseguímolo mediante un intermediario vasco que importaba da India, que era o sitio así mais disposto a mandarnos o material que nosotros necesitábamos, mais adiante, aos 2 ou 3 anos, vendo o resultado que nos daba cambiamos de proveedor por unha empresa alemana que xa tiña outra calidade, de lóricas sobre todo que era o mais difícil de conseguir e actualmente que tamén hai que dicilo así, pois xa somos capaces de construir e pedir cousas aquí no estado español.

A primeira figura representativa da representación feita pola xente da Cohors, foi un ariete pequeno tirado por catro homes que foi ao ano seguinte ao que debutamos, foi no 2008, despois viñeron sucesivamente moitas delas, despois do ariete, veu a torre de asedio, que foi un pouco mais a tamaño, escala 1/1, que foi feita por Juan Copi e diseñada por Pereiras e sobre todo Guiti que foi o primeiro que elaborou o informe do que se necesitaba para mellorar o noso arsenal, vamos decir, e teño que decir que a peza que para min mais recoñecida é a ballesta, a grande, que é a única que funciona actualmente en Europa. Despois recordar no ano 13-14 apareceu unha grúa de 10 metros, eso foi un espectáculo, xa non solamente o transporte, paramos todo o transporte desde O Ceao que estaba montada ata a Praza Maior, aquelo era unha maravilla, todo o mundo sacando fotos, todo o mundo parando, qué era, qué era. Despois viñeron… o muíño, a tabernae e despois digamos , a mais moderna, digamos foi a nórea de canxilóns que era a que utilizaban os romanos para transportar a auga, primeiro obtíñana e despois con outra nórea de canxilóns transportábana a donde se necesitaba por acueductos ou por os canles que se necesitaran, é moi útil na vida romana.

Faltan cousas pero a unha cidade que respira Roma por todos os lados, que lle debemos tanto a cultura romana, porque ao fin e ao cabo estamos aquí por eles e polos castrexos que aquí estaban habitando esta zona, polos galaicos, pero sí creo que na medida do posible temos un bo equipo científico que nos asesora en todo aquelo que emprendemos, que buscamos, sobre todo estou pensando agora nas moedas por exemplo, que é unha cousa moi técnica que necesita dun aporte científico importante pois temos mais que sobrada a súa colaboración, pero sí que quería decir que Lugo, o seu futuro non pode estar de espaldas a realidade que é que levantas un ladrillo ou unha pedra e aparece un resto romano, eso quere decir que temos que dedicarnos e volcarnos en él y a ver se dunha vez por todas aparece o museo que tanto añoramos e que tanto queremos para aquí para Lugo.

Sí creo que nos levamos moi ben entre todos, somos actualmente 18 asociacións, e gañamos me parece que por 1, hai 10 de romanas e 8 de castrexas, pero fóra desa broma sí que hai unha coordinación e un entendemento completo e de feito que estamos montando para edición sucesivas nas que vamos colaborar castrexos e romanos, vamos intentar facer que Lugo brile a nivel recreativo en todo o mundo.

A Cohors participou, a nós adxudicáronnos o espazo que vai na Mosqueira, creo que costou moitísimo montála porque fixemos moitas reunións cos hosteleiros que non tiñan claro, incluso nin o menú, tuvemos que pulir bastante porque o que mais e o que menos tiraba polo seu lado pero sí demos unha vez mais coa calidade dos hosteleiros de Lugo e enseguida apareceu o soporte loxístico que era o mais difícil de conseguir que era sentar a todo o mundo ao redor da Muralla e a verdade é que foi un fito histórico, de feito eu sei por noticias que circulan por ahí que non vamos tardar moito en recuperar ese acto que me parece super fantástico, me parece que falaban de ao redor de 6.000 ao redor da muralla e estaba todo cuberto agás un pequeño espazo na parte da baixada da Ronda pero foi unha vez nada mais. O tempo foi agradable pero de noite refrescaba, recordo perfectamente que o que mais e o que menos levaba algo de abrigo porque estábamos avisados do día anterior que iba refrescar un pouco, pero sí a festa está montada, circula sola, por un nada que lle prestes atención, que lle arrimes cousas tan importantes como esa que por desgraza non se volveu a repetir. Empanada e lacón, e viño claro.

O tema das moedas é un tema moi curioso, buscando sempre o merchandising e aquelas financiacións que podíamos conseguir por traballo noso, pensamos na moeda oficial do Arde Lucus. A primeira recordo perfectamente que era un Jano para nos porque aparecía un aureo con barba e parece ser , polos científicos que non había unanimidade de que Jano non levaba barba, entón houbo que acudir aos da Universidade para ver si eles eran capaces de ofrecernos unha distinta, acórdome perfectamente de color dorado e que foi un éxito, debeu ser das primeiras edicións e das poucas en que agotamos a moeda. Despois mais adiante o tema de elixir a moeda, normalmente sempre escollemos unha época e un personaxe que nos poida servir para ocupar, non soamente a literatura, senon a posibilidade de que tuvera acuñado moeda, deste xeito cumplimos coa ley oficial de que aquel personaxe ou aquel evento importante que pasara por aquí por Lugo, editar a súa moeda.

Agardo que de regalo de cumpreanos, porque neste 2021 cumprimos 20 anos, que as institucións dunha vez por todas se poñan dacordo e nos regalen o Museo da Romanización.

O Arde Lucus cultural empezou como moitas facetas da Cohors, botando en falta a esquina cultural que podía apuntalar científicamente ao Arde Lucus, entón para eso botamos man, recórdome a primeira edición das Xornadas dos historiadores sobre todo, pero tamén dos arqueólogos. Os arqueólogos eu creo que pasaron case todos os lucenses e todos os galegos, vamos cumplir 12 anos nesta edición e pasaron por aquí cerca de 50 persoas. Con esto quero dicir que temos bagaxe para poder presumir destas xornadas e nun principio a asistencia de público tuvo bastante que desexar, porque non sabían para qué era, incluso os lexionarios estábamos montando pero agora faise 1 mes ou 2 meses anteriores e creo que ven ben para a xente que está interesada en buscar información e poder dialogar sobre o tema da romanización e da cultura castrexa, da cultura celta , e creo que o fundamental é que intentamos dividir nos conferenciantes, uns que falen da cultura castrexa e outros da cultura romana. Este ano que xa me atrevo a dicilo, vamos a meter un apartado mais, que é aquela xente que quere dicir algo, e qué quero dicir con esto, que hai moitísima xente que está investigando, que está traballando buscando información referente a historia de Lugo, por tanto queremos meter ahí, 1 ou 2 veces ao ano a posibilidade de contarnos aquelo que encontraron, e aquelo que gustosamente nos queiran ensinar. Recordo a cara que puxen eu , porque era un dos que presentaba as Xornadas na Xunta directiva e lles puxen o nome de Xurxo Allán que foi o que descubriu os restos de Puebla de Brollón, e dixéronme si en Puebla de Brollón había restos romanos, para eso se intentaban facer as xornadas pero sí quería destacar que hai unha Cátedra de cine romano, e trouxemos de Madrid a un catedrático de cine romano e trouxémolo a dar unha conferencia, e é así digamos o mais notorio.
A que é presidenta, Dolores do Pico, que actualmente é a presidenta do Templo de Mitra, pois tamén nos axudou coa súa Cátedra a buscar conferenciantes emblemáticos e a xente que nos viñera contar aquí de qué iba o tema.

A primeira salida foi no ano 2008 a Carabanzo en Asturias. Fumos, bueno mellor dito, eu non fun porque naquel momento non podía ir porque tiña clase, foron 7 e pasárono de cine , pero tamén hai que dicilo, que foi o aporte económico á Asociación mais grande de toda a historia. E chegamos a ir, aínda vai pouco, eu fun dúas veces, a Rumanía, pero o que mais nos pagaron foron os Asturianos daquela, estamos falando ao mellor de 4 ou 5.000 euros. Fumos a Coruña que se celebra no mes de agosto o da Torre de Hércules, fumos a Santander, fumos a Portugal, tanto a Porto como a Chaves, fumos a As Pontes, a Valencia, a Sagunto, e a mais lonxana que fumos, foi a Alba Julia, a Rumanía.
Reúne as características que son común a moitas festas recreativas que son a dificultad que ten o público para caracterizarse, pero do resto, montaron alí unha festa mais que notable e o que sí recordo é que fixeron un acto común entre Dacios e Romanos, de 100 e pico eran, fixeron un testudo e unha batalla alí entre eles moi ben organizada, incluso preguntando pola brillantez do acto, chegaron a confesar que eran profesionais como en Santander, en Santader tamén montan un espectáculo final feito por profesionais do teatro, polo tanto hai un nivel notorio. A que temos ahí pendiente para ir, eu tiro por Francia, por Nimes, pero a verdade é que a Teotoburgo tamén iría de boa gana, dame calquera cousa igual, e Ucraína, sí.

Eu creo que sobrar non lle sobraría nada, somos todos necesarios, quizá estamos tocando unha situación ideal a nivel de condescendencia, a nivel de recoñecemento e estamos ao mellor tocando xa o teito, deberíamos ao mellor, o que boto de menos é reconsiderar o número de asociacións, non ir moito mais alá, ao mellor tamén non morrer de éxito porque é o gran peligro, pero sí me gustaría pensar mais en positivo e engadir que, e así que quede claro, o Arde Lucus, necesita un Natalicio propio, que a ver se somos capaces de móntalo, necesita apoio institucional, porque senon é imposible facer toda esta festa e despois tamén necesita que o recoñecemento a nivel estatal e a nivel internacional, sobre todo internacional supoña uns días, ou unhas xornadas emblemáticas que tiren do turismo de Lugo, que a xente siga vindo a Lugo con ese reclamo e que aquí cada ano lle ofrezcamos mais cousas e mellores cousas que noutros lados.

Eu creo que non fai falta, eu creo que xoves, venres, sábado e domingo, 4 días son mais que suficientes, creo que si lles fixeramos caso aos hosteleiros que son os que teóricamente levan mais parte nisto, hasta diría que o repartiramos 2 dias en xuño e 2 días en novembro porque así queda mais repartido, ríome porque a posibilidade de facer unha semana completa, que é o obxectivo principal que hai e que incluso se poidan mesturar por ahí 2 festivos, creo que sí que o futuro vai por agrandar o número de días e porque sexamos capaces de manter unha semana completa de festa.

Eu creo que por invitados emblemáticos, fáltanos os de Ucraína, creo que son os candidatos para o 2022, porque así desa maneira podemos intercambiar as viaxes e as posibilidades de invitarnos e que sexamos visitados.

Creo que veu a demostrar que aqueles que defendíamos a maneira de que o Arde Lucus estaba pasando demasiado rápido e que non había unha coherencia nas filmacións ou unha homenaxe filmática como película ou como o que sexa, e creo que Revaldería foi capaz de xuntarnos a todos e facer algo que ao fin e ao cabo eran uns minutos nada mais do que aquí se montaba e incluso cos premios internacionais que está conseguindo demostra que o Arde Lucus hai que completalo, hai que axudarlle e hai que intentar que esto sea inmortal.

Na Cohors co gran director e exlexionario da Cohors Jose María Fernández , fixemos “El paso de Roma”, que foi digamos o primeiro debut da Cohors nun filme importante, pasámolo de cine. Incluso correron rumores por ahí adiante de que había unha película que non sei si se chegou a facer, me parece que non, que tiña a Luis Tosar como protagonista, porque un día visitounos e invitounos a que na próxima película que tiña el con este tema, nos iba invitar a participar. Pero sí é importante que completemos a nosa formación, cada xoves, aínda que nada mais sexa para falar das cousas que vamos presentar como novedade en cada edición, e a verdade é que despois a un ocúrreselle unha idea e é boa, porque tamén hai que dicilo, moitas quedan atrás, pero todo o mundo se volca, e o tema dos contubernios que todos coñecemos, é increíble que poidan montar desde Lugo para o mundo un contubernio desta categoría, multitud de movimentos que facemos que no nos fai ninguén, nin os franceses ni nadie, esto naceu con Juanito, Juan Copi, e con Adolfo de remanente e Luismi e… bueno o equipo que todos coñecemos, de diseñadores das prácticas militares que foron capaces de levalos adiante sen problema ningún.

Eu creo que significa demostrar que Lugo, pese a non ter industria, que non ten nada de industria, ten un gen festivo que debemos aproveitar, o gen festivo que temos que vender como turistas e vivir a corto prazo da xente que vota aquí, pois en vez de un día como votaba actualmente, votar semanas e meses, deste xeito pondríamos en valor que a xente de Lugo, de nada, somos capaces de organizar unha festa que é das primeiras de todo o estado.

A xente de Lugo demostra que é capaz de organizar unha gran festa que está entre as mellores de España e as mellores de Europa por non decir das mellores do mundo.

Pois como unha reunión de amantes da historia que foron capaces de montar unha festa en Lucus Augusti para que os que veñan co relevo, que vendrán ahí, melloren, diginifiquen mais, se é posible e amplíen cada edición do Arde Lucus.