QUINTIUS FLAVIUS

Son socio fundador, Caetra fundouse no ano 2010, eramos sobre 30 persoas, máis ou menos, unha cousa así. Agora andamos sobre 50. Desde que fundamos a asociación apostamos por entrar nela de todo, homes, mulleres, nenos.

O primeiro Arde Lucus como Caetra foi complexo, porque coincidiu cunha treboada, foi un ano que caera un trebón tremendo en Lugo y asolagárase todo o que é o campamento, entón, causounos bastante tristeza pero bueno puxemos moita ilusión e conseguimos sacar o Arde Lucus, saímos adiante sen ningún problema coa axuda doutras asociación.

O primeiro ano estabamos nun campamento que era a Castra donde nos xuntaban a varias asociacións e estaba alí preto do colexio veterinario, alí pegados á muralla. Na primeira edición foi complexo porque tivemos que afrontalo todo con cartos dos socios, non, non tiñamos subvención, non tiñamos nada pero penso que poderíamos andar sobre uns 3.000 euros máis ou menos ao ano. Primeiro houbo cousas que mercamos porque eramos incapaces de facer e moitas delas apostamos por facelas nós, de feito fixemos obradoiros de coiro, de madeira, un pouco para poder facer cousas para o campamento e para nós mesmos, non?.

En Caetra o que tratamos desde o principio é retratar o que é a vida dunha familia romana, ou sexa, da vida civil romana, porque toda a parte militar de cohortes e exército estaba moi representada xa entón, nos o que quixemos apostar un pouco foi por amosar o que había na vida cotiá romana desde a comida, a relixión, os oficios que tiñan, un pouco todo o que facían os romanos daquela.

A moeda, pois foi unha idea que xurdiu na asociación, entón decidimos tratar de recrear un pouco cómo facían os romanos as moedas e tendo en conta que aquí en Lugo apareceu unha caetra, que de ahí ven o nome da nosa asociación, quixemos poñer en valor uns dos hachados que houbo en Lugo e de paso contribuír a dar a coñecer as moedas que había naquel entonces.

O termopolium, o que quixemos foi dar a coñecer tamén o que era un pouco a comida romana o que eran o que nós chamamos cariñosamente os Burguers King da época romana porque a xente non tiñan daquela cociñas, a maior parte da xente non cociñaba nas casas e adicábanse a coller a comida para levar, non? Entón o que quixemos é amosar os produtos que comían os romanos que prácticamente eran moi similares os que comemos nós hoxe en día e un pouco cómo se organizaban cómo tiñan esas casas de comidas. Bastante ben, bueno de feito a xente quería comer, incluso os produtos e nós claro, un pouco era amosarlles os diferentes pratos que había, os alimentos que usaban e a xente respondeu moi ben, moi ben.

O valetudinarium realmente era un hospital de campaña, que os acompañaba sempre, montabano cando acampaban as lexións, e entón o que quixemos amosar á xente que xa daquela separábanse os infecciosos dos que non o eran, e que tiñan un sistema de asepsias, que tiñan un sistema médico bastante avanzado para o que nós pensabamos o que era daquela, con instrumental moi parecido o que hoxe en día temos, salvando un pouco se queres, que hoxe en día hai bisturís eléctricos, pero bueno daquela xa existía o bisturí, a maneira de coser unha cousa moi similar á de hoxe. A xente queda sorprendida de que naquela época xa se tiveran todos esos adiantos.

Intentamos cada ano amosar unha cousa distinta entón hai unha bomba romana unha bomba de auga romana no Museo Arqueolóxico Nacional, e o que quixemos foi recrear esa bomba de auga romana, que usábase non soamente para apagar o lume usábase tamén nas minas para obter o mineral, entón fixemos unha recreación de cómo é esa bomba romana e claro o problema é que as Vestales manteñen o lume durante todo o ano e nos non queremos que haxa ese lume non?.

Eu penso que habería que buscar un emplazamento para todas as asociación xa prácticamente definitivo porque ata ese ano as asociacións estabamos un pouco pendentes de si lle alugaban o terreo ao concello para que poidésemos montar ou de que non estivera listo porque non eran municipais, nin nada, entón eu penso que xa despois de tantos anos de Arde Lucus que estamos preto dos 20 anos, xa é hora de que o concello defina exactamente onde teñen que ir cada asociación, cómo teñen que ir e todo iso.

Ao longo de todos estes anos como asociación temos percorrido prácticamente todas as festas peninsulares ou moi boa parte das festas que se fan na península Estivemos en Portugal en Braga e en Chaves. Estivemos en Úbeda, en Cartaxena, estivemos tamén en Nimes, fumos a Nimes e despois aquí en Galicia prácticamente en todas, non? Estivemos tamén en Guerras Cántabras. Nimes é completamente distinto, Nimes é un espectáculo non é unha festa ao uso como pensamos nós, é simplemente un espectáculo que monta unha empresa dentro do que é o anfiteatro romano, entón é un espectáculo moi, moi ben traballado moi vistoso e bueno pois a verdade é que merece a pena ir a velo, pero non é unha festa ao uso como estamos aquí. De feito fora do que é o anfiteatro non hai ambiente de festa nin actividades nin nada.

Houbo un ano que decidimos que a xente na festa se transformase, non soamente pola vestimenta senón que adoptara un nome como os que tiñan naquela época os romanos que deixara de ser Pepito para ser Titero por exemplo e que durante o Arde Lucus se chamase Títero, entón aproveitando tamén unha reseña que hai no Museo Provincial dun escriba que houbo aquí en Lugo facendo o censo, pois decidimos poñer en marcha O Censo, non? Naquela época os romanos facían o censo para recaudar tributos, impostos e tal, e a xente gustáballe estar no censo porque era cando existías, non? Entón non sabían que logo terían que pagar os tributos pero bueno, entón o que fixemos foi unha iniciativa que a xente elixira o nome romano, o que eles quixeran, nos explicábamoslles cómo se formaban os nomes y a xente elixía o seu nome porque lle gustaba máis ou polo que fora e o que tratamos é de que a xente durante o Arde Lucus use ese nome en vez do seu propio que ten na actualidade Aparte de escribílos nun libro nun censo, que non é propio non é que teña moito rigor porque realmente non eran así os Códices pero bueno, dímoslle un pouco de vistosidade, e o que lle dabamos a xente era un certificado do nome romano que tiñan elixido eles. Quedámonos sen certificados, non tivemos páxinas para anotar a todo o mundo foi unha cousa que nos desbordou por completo de feito o noso campamento estaba repleto de xente a todas horas, foi algo indescriptible. Pois creo que foi no 12 ou no 13, máis ou menos.

Un logro para a cidade , non é que represente moito, aínda que contribuímos a que se declarara Festa de Interese Turístico Nacional, levando o nome de Lugo e da festa por toda a xeografía, incluso por fóra de España, eu penso que é un revulsivo para toda a cidade de Lugo, para os comercios, para todas as empresas que xurdiron coa festa.

Eu pensó que como todo o mundo á Roma, Roma é iso…pero eu que xa estiven en Roma, pensó que o destino propio da asociación sería Pompeya, Herculano…

O bo que ten o Arde Lucus, eu penso que o tirón é que ten un pouco de todo Ten festa, que é precisa para que a xente participe e que sexa o que é o Arde Lucus e cada vez ten máis de recreación e máis cultural É dicir, as asociacións ao longo destes anos o que fumos medrando un pouco foi en tratar de recrear máis fidedignamente todos os aspectos que tocamos, entón esa mistura eu penso que é o que lle.

A festa do Arde Lucus pois quizáis un pouco o que lle sobra é tantísima xente penso que chega un momento no que a saturación de visitantes desvirtúa e desmerece un pouco todo o que podemos facer as asociacións.

Que estaría ben un festivo? Non sei si eso … eu o que trataría é de que o Arde Lucus tivera un día para o que son os lucenses, para que os lucenses poideran disfrutar do Arde Lucus porque cada vez máis son os lucenses os que escapan un pouco deses días, entón non sei se a través dun festivo ou cómo pode ser pero bueno…

Non hai outro sitio en Galicia que teña tantos restos romanos entón o Museo da Romanización de Galicia ten que estar aquí en Lugo, será no MURO, será onde sexa pero ten que existir aquí un Museo da Romanización. Naqueles famosos museos que por sectores e por épocas quixo crear a Xunta, o Museo da Romanización ten que estar aquí en Lugo.

O Arde Lucus, marcou un antes e un despois de Lugo.