ADOLFO DE ABEL VILELA

Cómo chegache a ser o primeiro César do Arde Lucus?

Foi unha invitación que me fixeron no Concello, e para min foi unha gran satisfación, como historiador da cidade sempre é interesante, e sobre todo agradecido, que se acorden de un para algo que en realidade non sabíamos a trascendencia que iba a ter no futuro na cidade.

Qué significou para ti, como historiador esa invitación?

Para min foi unha satisfación, en primeiro lugar que se acordaran de min, que en certa medida viña a ser un recoñecemento do traballo que levo feito durante máis de 50 anos i en segundo lugar, en certo modo, pasar a historia do Arde Lucus, precisamente por ser o primeiro, de feito, gardo e conservo a coroa que levei en aquel momento e o pergameo co discurso que fixen.

Por qué non seguiches máis anos?

Bueno, simplemente porque o Concello, os organizadores do Arde Lucus, deberon de considerar, e creo que acertadamente, de darlle a posibilidade a outras persoas de facer ese papel de fundador da cidade.

Recordas cómo viches aquela primeira edición do Arde Lucus?

Pois vina con certa ilusión, e creo que son interesantes as festas de recreación histórica, así como tamén desde hai máis de vinte anos, vimos celebrando os da asociación dos antiguos alumnos da Escola de Artes un mercado medieval polo San Froilán, críamos que tamén era oportuno en certa medida recrear eses cincocentos anos da historia de Roma en Lugo.

Recordas algunha anécdota daquel primeiro ano como César?

A verdade e que, xa como vivín todos os anos afortunadamente do Arde Lucus, podo contar outras de outros momentos, non, un ano iba eu coa miña parella vestida de romana, e enton unha cadea de televisión preguntárannos de qué íbamos, e eu evidentemente díxenlles que íamos de ricos porque para pobres xa nos chegaba vivir nesta época.

Cómo respondeu a xente a primeira vez que te viron vestido de César?

Eu creo que, con, ao mellor algún escepticismo de que o Arde Lucus chegara a consolidar, pero por outro lado tamén con certa simpatía, porque somos cohibidos, i entón parece que nos disfrazamos, i, en realidade non nos disfrazamos, senón que o que estamos facendo é recrear unha época e por tanto recrear un momento da historia da nosa cidade.

E naquela primeira edición ou na segunda, que tamén participache, cómo recordas o comportamento sociolóxico coa festa?

Moi positivamente, porque de feito hoxe, nenos, adultos, persoas da terceira idade, como é o meu caso, e dicir, é unha festa que se fixo moi popular, e que a todo o mundo lle gusta caracterizarse e participar.

Adolfo, crees que está ben recreada a época romana no Arde Lucus?

Creo que se avanzou moito e certamente hoxe, hai unha serie de instalacións por decilo dalgunha maneira, que están moi logradas, e que contribúen a darlle un ambiente realmente romano.

E o mundo castrexo, está ben recreado?

Pois tamén está bastante ben recreado o mundo castrexo, o que ocorre é que, cecais por aquelas películas que víamos de Hollywood, dos romanos, pois parece que o Lugo romano, tiña que ser como o daquelas películas, e realmente non era así, eu precisamente, o segundo ano que me vestín de romano, ía cunha faldiña curta, e era no mes de xuño, e pasei un frío do demo e dinme conta de que os romanos aquí non podían vestir así, así que terían que vestir como vestía a xente que vivía aquí, os Cópori e os Castrexos.

Son coherentes as administracións na conservación do patrimonio romano e castrexo en Lugo?

Pois desgraciadamente non, temos un patrimonio riquísimo arqueolóxico aquí na cidade, moitísimo recuperado, outro que queda por recuperar, aquí preto de Porta Miñá, temos un xacemento arqueolóxico moi importante que foi excavado e que leva tapado máis de 10 anos, cando o lóxico era que se puxese en valor, e tamén temos pendiente, tamén desde hai moitísimos anos a construcción dun museo galaico-romano ou da romanización no cuartel de San Fernando.

No ano 17 fixeches o primeiro video mapping do Arde Lucus no teu Pazo das Pombas, por qué, e cómo se che ocurriu a idea?

Un amigo que os fai, díxome, podemos facer un video mapping, i dixen pois encantado, facémolo, e fixémolo durante dous anos, pero desgraciadamente, algún dos hostaleiros da zona, parece que non quedaron moi contentos, moi satisfeitos, porque dixeron que lles perxudicaba i enton deixamos de facelo, primeiro polo custo e polo traballo que da, i encima, si de facer, de contribuír xenerosamente ao Arde Lucus, pois resulta que vas a ser criticado, pois é mellor non facelo, pero a xente é así.

Recordas canto che custou o video mapping?

Foi ao redor de 6.500 euros, precio de amigo.

Qué contaba ese vídeo?

Era unha fantasía en realidade, son moi espectaculares os video mappings, tiña un momento en que a casa ardía, tiña un momento en que se caía parte da fachada, tiña outro momento en que saía auga do lousado, tiña outro momento en que se enchía todo de edras, é dicir, o primeiro ano foi así, o segundo ano xa se abrían as xanelas, aparecían alí as ceas, que se grabaron previamente dunha vida nunha casa romana, é dicir, eu creo que era un traballo moi ben feito e moi interesante.

Dado que era moi interesante, recordas cómo respondeu a sociedade?

A verdade é que, en aquel momento que se facían as proxeccións, facíanse a distintas horas, 3 proxeccións, pois a pesar de que a zona da Praza do Campo, Rúa do Miño, sempre se enche en estes eventos, en aquel momento, era moitísima xente que se xuntaba para ver o espectáculo porque realmente non os había en Lugo.

Gustou moito entón?

Efectivamente, claro que gustou.

Qué fixeron os hostaleiros en conxunto nestes 20 anos do Arde Lucus?

Pois a verdade non o sei, porque aínda que vivo nunha zona que fundamentalmente os negocios son de hostalería, non teño noticia de que tivesen unha implicación especial coa institución, que é o Concello, que organiza o Arde Lucus, é máis, un ano incluso, houbo que facer voluntariamente unhas aportacións económicas, e, vamos, creo que, algúns hostaleiros non o viron de bo grado.

Como historiador, qué significou para ti a declaración de Festa de Interese Nacional?

Lugo é unha cidade que vive do sector servizos, do sector terciario, no que a maioría somos xubilados e funcionarios, e por tanto, o turismo é un elemento moi importante para o desenvolvemento económico da cidade, pero o turismo cultural é moi importante porque a xente que disfruta del, é xente con coñecemento, e sobre todo é importante tamén porque non masifica, e por outro lado tamén ten un valor económico máis elevado.

Agardas a declaración de Festa de Interese Internacional?

Pois si eu espero que se declare o Arde Lucus, Festa de Interese Turístico Internacional e por tanto debemos de melloralo e conservalo.

Qué lle sobra ao Arde Lucus?

Eu creo que moitas cousas non lle sobran, o que sí é que os participantes, a xente que se caracteriza para vir a festa debía de facélo con un pouquiño máis de rigor.

Qué lle falta?

Ao mellor, a pesar de que tamén se está facendo, ter en mente unhas campañas de divulgación da historia romana da cidade e de visitas aos monumentos e aos centros arqueolóxicos que temos abertos.

Ti eres embaixador do Arde Lucus, e da cidade tamén, son coñecedores do Arde Lucus fora?

Creo que sí, eu levei unha sorpresa estando el León, que alí había uns enormes carteis anunciando o Arde Lucus.

Dentro de 50 anos, cómo che gustaría que te recordara a historia do Arde Lucus, en primeira persoa sendo o César?

A min gustaríame que me recordaran como o que realmente son, e serei, hasta que poña o pe no estribo, que é como historiador que se empeñou e se adicou a maior parte da súa vida a descubrir a historia da súa cidade, que é a cidade de todos.

Adolfo, unha frase que defina o Arde Lucus?

O pasado trasladado ao presente