ENRIQUE GONZÁLEZ

ARQUITECTO MUNICIPAL

Na actualidade son o arqueólogo municipal no Concello de Lugo.

A festa do Arde Lucus que xurdiu, xustamente, co motivo da declaración da Muralla, axudou moito a divulgación da Muralla, e sobre todo, e fundamentalmente, ao coñecemento do que é a historia do pasado romano da cidade.

A miña primeira participación no Arde Lucus foi un tanto, de modo circunstancial porque por a miña posición de arqueólogo municipal, eu empezei colaborando neses primeiros anos a través dun asesoramento de tipo cultural, fornecendo información tanto as asociacións que participaban como a todos aqueles que viñan solicitando información sobre o pasado romano de Lugo. Co paso dos anos funme involucrando un tanto máis, xa que ó ser unha festa organizada desde o Concello, a nosa participación neste caso a través do servicio municipal de arqueoloxía foi fundamental á hora de organizar, sobre todo a parte máis cultural do que é o Arde Lucus.

Eu teño que dicir que ó principio fun un tanto escéptico con esta festa, porque a festa xurdiu, un pouco de forma lúdica, sen grandes ambicións, pero non vía eu, que fora acadar o momento que acadou agora mesmo, non? Pero pouco a pouco, na medida que vías que a xente iba participando cada vez máis, que se involucraba, xa non solo na festa senón na participación a través das vestimentas, que se iba informando cómo era a vida no Lugo romano, vin que aquelo podía ter un futuro, que a festa podía acadar un certo prestixio, como así  foi, como así é hoxe en día, xa que estamos falando ni máis nin menos dunha festa que está declarada de Interese Turístico Nacional.

-Con relación aos primeiros anos de arqueoloxía en Lugo? Pois a verdade é que foi toda unha experiencia, porque a actividade arqueolóxica na cidade de Lugo, non era coñecida e o papel que facíamos os arqueólogos aquí pois moito menos, entón ao principio foi cun certo desconcerto, foi un pouco de asombro para toda a cidadanía. Tamén hay que pensar que esto coincidiu xustamente con aqueles anos en que se estaban realizando os aparcadoiros subterráneos, que xeraron unha gran polémica, e por ese motivo a xente vía con certo escepticismo o que facían os arqueólogos furgando na terra, buscando tesouros, era un pouco a idea que había daquela da arqueoloxía, pero teño que dicir que co paso dos anos, a xente foise dando conta do valor que tiñan os restos arqueolóxicos e foise concienciando cada vez máis, ata o punto que hoxe podemos dicir que a xente asume e admite a arqueoloxía como unha das actividades, e os restos arqueolóxicos por ende, como unha das actividades máis importantes que ten a cidade desde o punto de vista turístico sobre todo, non? E de ahí tamén unha consideración, unha  certa consideración, tamén, ben é verdade que gracias a labor de divulgación que se fixo, sobre todo desde o Concello, e a través de todos os actos que se foron organizando nestes anos, con congresos, seminarios, conferencias, acadouse un punto no que a arqueoloxía, insisto, hoxe é unha actividade que ten unha certa consideración.

-Nós empezamos a actividade en solo público. Xa digo que foi co motivo dos aparcadoiros subterráneos, pero inmediatamente, no momento que nos dimos conta do pontencial que había no subsuelo da cidade, a actividade trasladouse tamén ao ámbito privado, polo tanto, empezaron a afectar a todas as obras que se estaban a facer naqueles anos, en Lugo. Estamos  falando dun sector moi potente para a cidade neses anos, era o mundo do ladrillo, polo tanto as excavacións arqueolóxicas eran unha rémora, un auténtico hamdicap para a actividade construtiva, e por eso os arqueólogos non tiñan bo crédito entre ese sector, pero como a todo o resto da sociedade, pouco a pouco non lles quedou outra que ir asumindo e admitindo, ben e verdade que a través dunha importante regulación a través das normativas urbanísticas, e das leis de patrimonio, polo cal non quedou outra que ir asumindo que a arqueoloxía formaba parte da actividade construtiva como outra actividade máis.

Cando se empezou en Lugo, a única lei que rexía naquel momento era a lei do patrimonio histórico español, que era unha lei do 85, aínda non se tiña aprobado a lei do patrimonio cultural de Galicia, que se aprobou posteriormente no ano 95, e polo tanto, aínda que non había un vacío legal, porque Lugo como cidade estaba declarada Conxunto Histórico Monumental, ben é certo que a posterior actividade arqueolóxica axudou dalgunha maneira a desenvolver unha normativa específica, xa de carácter máis arqueolóxico que de ahí a proba que despois no ano 97 a aprobación do plan especial do recinto interior xa contemplou un capítulo no que se regulaba toda a actividade arqueolóxica.

Desde o ano 86 que se iniciou este periplo da actividade arqueolóxica na cidade foron máis de 400 a día de hoxe as intervencións de carácter arqueolóxico, ben sexa a través de controis arqueolóxicos, ou excavacións arqueolóxicas en grandes superficies. Pero sí que é verdade que durante eses primeiros anos, entre o 86 e o ano 90, coincidiu quizais co volumen de mayor actividade e polo tanto cos achazgos máis importantes, e recordo que nada máis prácticamente empezar o ano 86, xa se descubriu o famoso Mosaico de Armañá, que hoxe está conservado no Museo Provincial, e como aquela, pois, outras tantas intervencións arqueolóxicas de gran envergadura que permitiron descubrir importantes achazgos, as Termas da rúa Armañá, rúas, calzadas, o sistema de cloacas, o sistema de abastecemento de auga á cidade, o descubrimento do acueducto, é dicir, é innumerable a cantidade de achazgos de gran valor que foron os que, dalgunha maneira permitiron pouco a pouco ir coñecendo realmente que Lugo, o Lugo romano, non era solo unha muralla, senón que acollía unha cidade de gran envergadura.

Por a miña relación particular, eu teño que destacar o que foi a excavación da Casa dos Mosaicos, o que hoxe chamamos a Casa dos Mosaicos, na que eu fun director desa excavación e polo que significa a excavación en sí, poidemos descubrir o famoso mosaico de Batitales, un mosaico que xa era coñecido desde o século XIX, poidemos descontextualizar ese mosaico e por outra parte tamén porque foi a primeira excavación na que se poideron conservar in situ restos arqueolóxicos que despois deron pe, para que a partir desas datas, vendo que era factible a conservación e a compatibilidade da conservación in situ coa actividade comercial como foi neste caso, neste local, un importante inmueble que se sitúa na rúa Doctor Castro, permitiu que se poideran conservar máis restos arqueolóxicos, como neste lugar no que estamos, aquí no centro arqueolóxico de San Roque, que se excavou xustamente no ano 98, creo recordar, e que, tuvo tamén, orixe nunha excavación nun inmueble perto deste no que estamos no que apareceu unha importante necrópoli romana. En Lugo en canto o que foi a arqueoloxía pasamos por diferentes etapas. Hai unha primeira etapa en forma de sorpresa, na que se pretendía fundamentalmente realizar as excavacións co fin de documentar a maior cantidade de restos posible, prevendo que esos restos iban a desaparecer, porque do punto de vista lexislativo non había unha fórmula para poder conservar in situ, posteriormente a conservación xa se  plantexou con un posible obxetivo. De ahí que se pasara da excavación á investigación que é un dos obxetivos principais da arqueoloxía, e posteriormente á conservación. Tardouse porque, entre outras cousas, insisto, non había unha normativa lexislativa que fixera factible esa conservación e por outra parte que a implicación das autoridades, neste caso falo desde o punto administrativo, tanto local como a nivel autonómico, non se deu ata esas datas que foi cando se empezaron a implicar dalgunha maneira as administracións porque en moitos casos había que, ou expropiar, ou comprar os inmobles para poder chegar á conservación. De ahí que insisto na importancia que tiveron eses primeiros restos que foron os da Casa dos Mosaicos, que foron adquiridos, xustamente polo Concello de Lugo, un local que foi adquirido polo Concello de Lugo e que despois se involucrou a Xunta de Galicia, coa conservación in situ, e eso deu pe a que, a partir desa data houbera unha fórmula, unha fórmula e un apoio implícito por parte das administracións para a posterior conservación. Nas mans da administración está a conservación e a recuperación do patrimonio histórico arqueolóxico, no caso da cidade de Lugo, é evidente e sen o apoio da administración, é moi difícil porque o que non se pode, tampouco é implicar aos particulares nesa conservación, non? E nese sentido pois lóxicamente, desde a adquisición dos inmobles, da posta en valor deses restos, hasta a creación das infraestruturas. Nestes últimos tempos, estáse a falar moito do Museo da Romanización, que sin duda, é a gran infraestrutura que faltaría hoxe por conseguir, para poder , digamos, culminar un pouco con certo éxito, o futuro da arqueoloxía  en Lugo.

É indudable porque a riqueza arqueolóxica é grande e fai falta un lugar, non só, que acolla os restos materiais, estamos falando de grandes cantidades de cerámica, de moedas, de bronces, senón porque falta tamén unha institución que encauce un pouco e lidere a investigación desde o punto de vista do que é a cidade romana, o pasado romano, porque Lugo é unha cidade, unha capital romana e como tal, digamos o xacemento máis importante a nivel de Galicia. Nese sentido tamén dalgunha forma se pode encauzar a investigación do que é a arqueoloxía romana en Galicia e despois porque desde o punto de vista da cidade, digamos, unha infraestrutura destas características, potenciaría en gran medida o que é o patrimonio histórico da cidade, tanto do punto de vista cultural como turístico, unha peza clave hoxe para a cidade.

Non o hai que reivindicar porque xa o é, sempre o foi, é a única capital que se conserva na actual Galicia, xunto con Astorga, (Astúrica Augusta) e Braga, (Brácara Augusta), as capitais do noroeste da antiga Gallaecia, pero digamos que a nivel territorial do que é a actual Galicia, Lugo é por excelencia a capital romana, e como tal capital, pois hoxe por hoxe, acolle os restos máis importantes desde o punto de vista do que é o pasado romano.

Pois o mundo castrexo está vinculado lóxicamente con este pasado romano, porque indudablemente antes de que chegaran os romanos, aquí había unha cultura, que era a cultura castrexa, que se pode tamén albiscar no que é o entorno da cidade a través de gran cantidade de restos como son os castros que poboan o territorio circundante de Lucus, moi rico por certo, hai un número importante de castros entorno a cidade, e porque ao mesmo tempo, a cultura castrexa, mistúrase coa cultura romana , no tanto en que, os romanos, dalgunha maneira respetaron algunhas das tradicións culturais castrexas, e incluso asumiron en parte esa cultura, por exemplo, a través da olería, gran parte da tradición castrexa está presente no que é a olería romana, pero bueno, é indudable que o papel do mundo romano asumindo posteriormente todo o que é a cultura da idade do ferro, pois a través da lingua, da relixión, etc, foi vital para o que sería o mundo castrexo.

A Piringalla

Si o que pasa que é un castro que por desgracia atópase moi arrasado, ese castro aínda que conocíamos o topónimo, que sabemos da súa existencia nas proximidades, non tiñamos coñecemento, ningunha evidencia, digo moi arrasado porque un dos elementos que caracterizan os castros son as murallas y os fosos, e neste caso non se conservan, consérvanse os fosos porque lóxicamente están a unha maior profundidade pero non se conservan as murallas e os parapetos que é o que caracteriza un pouco a esos castros, e polo tanto o nivel de arrasamento e moi grande. Sí que é verdade que nas poucas intervencións que se chegaron a facer estes anos, vislumbramos un certo nivel de conservación do que eran os restos das cabañas, do que era o castro, o poboamento propiamente dito, non? E entonces non sabemos, descoñecemos o grado de conservación a nivel global do castro, pero é posible que en certas partes do castro se poidan conservar importantes restos, sí.

Castro Alfonsín

Bueno este é un castro que ten unhas particularidades porque está no mesmo núcleo, no núcleo rural, polo tanto , digamos que o núcleo rural superponse ao que é o vello castro, polo tanto as posibilidades de conservación deste castro son moito menores que do que estábamos a falar.

Nas proximidades do Castro Alfonsín, encontrouse unha estatua romana, que por certo, paradóxicamente é a única estatua, digamos de certa envergadura que se conserva do Lugo romano porque pola contra,  na cidade non encontramos restos de esculturas romanas, e sin embargo sí que se conservan ou aparecen no entorno. Neste caso apareceu formando parte dun balado, dunha finca e non sabemos si estaría vinculado ao castro ou quizais a algún tipo de asentamento romano que houbera nas proximidades. É unha escultura dun togado romano de aproximadamente un metro e medio, e polo tanto é un exemplar de escultura para o que coñecemos da escultura romana na Gallaecia, excepcional, porque xa digo non son moitos os exemplares que se conservan, e digamos dan pé   a estudiar desde o punto de vista artístico o que é a cultura romana e sobre todo os talleres que había daquela nesta zona, porque seguramente era un taller de carácter local, está feita en granito, e, non conserva a cabeza, nin conserva os pes, pero consérvase prácticamente enteiro o resto do corpo.

No Arde Lucus hai que diferenciar estas dúas actividades, por unha parte está o aspecto lúdico da festa , que a todos nos importa como cidadáns, pero despois, nós, na nosa posición reivindicamos o que é a parte máis divulgativa que é o que pretende o Lucus Cultural.

O Lucus Cultural pretende achegar o que era a cultura castrexo romana a cidadanía, non? Enton  aproveitando este evento, que é a festa, se prentende organizar, pouco antes da celebración da festa, e incluso ao longo do ano unha serie de actos que acheguen o que era o coñecemento do mundo romano a toda a cidadanía para que dalgunha maneira un pouco, o que se suele decir, quentar motores para que a xente cando chegue a festa, teña o suficiente coñecemento e se involucre un pouquiño máis, a través das súas caracterizacións, non? Pero é unha disculpa moi boa para fomentar xustamente o que é a divulgación da cultura galaico romana.

Durante uns anos o que fixemos foi unha serie de conferencias, a nivel de colexios, a través do servizo municipal de arqueoloxía polo que corresponde ao Concello, por outra parte as propias asociacións de recreación histórica tamén fan unha importante labor achegando o coñecemento do Lugo romano aos colexios, despois tamén facemos exposicións, conferencias, ciclos divulgativos, e, o propio ciclo de cine arqueolóxico que non vai específicamente dirixido aos colexios pero sí que se fai coa intención de fomentar a atracción dos máis novos, e pretende pois xustamente eso non? Achegar o mundo da arqueoloxía en xeral, xa non solo o mundo do que é a cultura romana, senón o mundo da arqueoloxía en xeral para que a xente teña un pouco máis de coñecemento do que significa esta ciencia.

Buscar diferentes temas para tocar un pouco todos os paus do que era a cultura galaico castrexa, eu particularmente, destacaría, aínda que non tuvo moita incidencia no que ao público se refire, o “Ciclo de cine arqueolóxico”, porque o que pretendíamos con él, rememorando outros ciclos de cine arqueolóxico que se celebran en España, aínda que esto non é un festival propiamente dito, o que pretendemos é, aproveitando un pouco o que é o boom do festival de cine arqueolóxico de Bidasoa co que colaboramos, traer películas de carácter divulgativo relacionadas co mundo da arqueoloxía. O que pretendíamos a través deses documentais, que son fundamentalmente documentais, que a xente se achegara un pouco ó coñecemento da arqueoloxía, teño que decir, que, non tuvo moita atracción , porque ao mellor, entre outras cousas, falta un pouco máis de divulgación, pero pouco a pouco, levamos, creo que este é o quinto ano, bueno, vamos pa 6 anos , porque o ano pasado non se puido celebrar polo tema da pandemia, pero intentamos perfilar cada vez máis a través da selección das películas, unha certa calidade, con relación aos temas que traemos para que a xente se sinta un pouco máis atraída por él.

Si porque deu a coñecer o Arde Lucus, digamos a nivel internacional, non?,   digamos que este tipo de celebracións, fundamentalmente, o seu coñecemento principal é o boca a boca, principalmente é o que funciona, despois está a divulgación que se fai desde as administracións, pero documentais como o de Brais Revaldería, chegou, digamos a acadar unha maior divulgación porque creo que se estreou en diferentes festivais  e dalgunha maneira deu a coñecer o Arde Lucus máis alá das nosas fronteiras, non? Xa non falo a nivel de Galicia, senon a nivel de España e do resto do mundo.

Xustamente, creo que era co acto que celebraban os ferreiros, porque moitas delas están feitas en ferro, aproveitouse ese momento para, aparte de divulgar algo, que era a actividade que realizaban os ferreiros, ao realizar alguna destas esculturas, que eu creo que tamén teñen un importante valor divulgativo a nivel da cidade, porque aparte de ilustrar e adornar, entre comillas o que é, o viario e as plazas da cidade, tamén dan a coñecer, dalgunha maneira, son elementos que están presentes na cidade, que nos rememoran, que nos lembran en todo momento o pasado do Arde Lucus, non?

Igual lle sobran actos, quizais centralo un pouco máis, concretalos un pouco máis porque son demasiadas as actividades que se organizan, e polo tanto, é imposible físicamente poder velo todo. Entonces igual había que despois dos anos que levamos, intentar concentrar esos días de festa, e unhas actividades moito máis definidas, lembrar por exemplo o circo, ou as actividades de carácter teatral, os actos dos gladiadores, por poñer alguns exemplos son, digamos a espiña dorsal do Arde Lucus, non? Pero insisto que hai moitas, quizais moitas actividades que non digo que sobraran pero ou nos obligarían a alargar o Arde Lucus en días ou senón á hora de concretalo que penso que está ben, tampouco é necesidade de alargalo, en cuanto o que é a actividade lúdica, pero ao mellor sí que é posible celebrar durante esas actividades que ligamos directamente á festa, ao mellor daría pe a que se poideran alargar esos actos sen unha concentración tan específica durante esos tres días.

Bueno hoxe por hoxe ten xa o nivel do patrón, das festas do San Froilán, non? Entonces si o San Froilán é o patrón local por qué non vamos poder tamén celebrar  un día de festa local co Arde Lucus, e declarala tamén un día de festa local, pois non é mala idea.

Eu creo que o Arde Lucus, dalgunha forma, abriulle os ollos á cidadanía sobre o  que é o patrimonio histórico e arqueolóxico. Digo esto porque, ao mesmo tempo que se celebrou o Arde Lucus como festa, eses anos tamén coincidiu co boom da arqueoloxía no tanto de que non solo me refiro á actividade arqueolóxica senón tamén que foron os anos en que o nivel de conservación foi maior e de algunha maneira foi paralela ao crecemento da actividade arqueolóxica e da conservación arqueolóxica en Lugo ao propio Arde Lucus, e fixo que a xente entendera e comprendera moito mellor o que é a arqueoloxía, o Lugo romano, a actividade arqueolóxica e, en xeral, o patrimonio histórico…

Bueno, pois teño un dos exemplos que no tanto do Lugo romano é o que mellor o identifica, que é un forno de cerámica, e digo esto, porque nos últimos anos a actividade arqueolóxica permitiunos demostrar que Lugo a parte de ser unha gran capital, era un centro de producción oleira de gran magnitude a nivel non só local senón rexional e incluso me atrevería a decir que nacional, en relación ao que era a Hispania non? Porque en Lugo tense descuberto algo máis de 50 fornos como éste e polo tanto, nese sentido é unha das actividades económicas que tiña a cidade, e por ende, tamén axudou ao desenvolvemento do que era a cidade romana.

Gustaríame reivindicar, estos espazos. Este espazo no que estamos que é o Centro Arqueolóxico de San Roque, acolle este forno e un estanque singular, sen dubida algunha, porque non ten parangón no resto do… non diría do Imperio, pero a nivel de España é un exemplo único e son espazos que   dalgunha maneira permanecen un pouco esquencidos porque ao atoparse fora de murallas, case que nos olvidamos un pouco deles, pero hai que pensar que aquí está presente a historia da cidade que son espazos que ao mesmo tempo que pretenden reivindicar o que é a actividade cultural da cidade e polo tanto a súa orixe, estes espazos naceron non só para acoller os restos senón tamén pa poder celebrar un tipo de actividades de carácter cultural que axudara a comprender o que era xustamente o pasado romano da cidade.

A súa peculariedade reside fundamentalmente en algo que pode ser contradictorio e que realmente non sabemos con certeza para qué servían, en principio é un estanque que está relacionado coa auga, co culto a auga, po lo tanto, ahí sí que tería un certo sentido relixioso, por as súas dimensións, polo seu sistema construtivo, porque está construido cun dos elementos máis característicos do mundo romano que é o famoso formigón romano que lle chamaban o Opus caementicium, do que non se conservan moitos restos en moitas estruturas, en Lugo, desde logo moi poucas. Tampouco sabemos se estaría vinculado con algún tipo de templo dedicado a un culto quizais de carácter oriental, ou por outra banda podería estar vinculado ao mundo funerario, xa que a veira deste estanque apareceu unha importante necrópole funeraria con ocupación ao longo de 5 séculos, e polo tanto, nese misterio , non? Como noutros dos moitos misterios que existe no que é o Lugo romano, reside quizais o seu interése e o seu encanto.