COLABORADORES

JESÚS BURGO – (FOTÓGRAFO)

O meu primeiro contacto co Arde  Lucus, foi un pouquiño, de sorte, porque iamos de paseo, vímolo, levaba unha  mini cámara, empecei, digamos a  viciarme, por dicilo así, pero forte, forte foi de 5 ou 6 anos para aquí, que empecei a coller trato coas asociacións, que empezaron a adoptarme todas, son un fillo adoptivo das asociacións do Arde  Lucus, e desde entón foi cando empecei a seguir todos os actos que me é posible e ata aquí chegamos, a ver o que seguimos.

 Cando me dei conta de que ía expandirse moito a festa para min foi quizais cando a  Cohors montou o primeiro campamento, que era o máis espectacular que había, ata daquela non había nada e sobre todo cando fixeron o de madeira que teñen agora, aí xa dixen, isto xa está a despegar ao máximo, logo xa empezaron os  castrexos coas súas pallozas, coas súas casetas, os demais romanos cos seus campamentos pero eu creo que o punto de inflexión debeu ser cando a  Cohors empezou a montar o campamento grande diante do Concello, é cando se pode dicir,  buf, isto vai crecendo cada vez máis.

Aquel  ano aficioneime, e agora xa é un vicio para min, esa fin de semana a familia a min non me ve pola casa.

 Un Arde  Lucus normal, eu estou afeito ás fotos de  carrete, que sempre fun de  carrete, entón, máis ou menos tampouco tiro a matar como se tiran agora, pero unhas 1.500-2000 fotos tranquilamente, sen ningún problema.

 A xente dime que son o fotógrafo oficial do Arde  Lucus pero a min cáeme grande, eu son afeccionado á fotografía, o que pasa é que teño moita sorte, moita sorte e un privilexio, para min é que todas as asociacións trátanme moi ben, ábrenme todas as portas, o  Concello sempre me axudou en todo o que puido, entón teño unhas facilidades que non ten outra xente, por iso se cadra poden dicir que son o fotógrafo do Arde  Lucus, porque estou en todos os lados, en todos os lados ábrenme a porta e entón eu sempre en primeira fila estorbando. Díxome un día un fotógrafo moi bo, que se non estorbas, a foto nunca é boa, entón eu desde aquela, se o di un profesional , pois eu vou  a   facer o mesmo.

 Eu teño bastantes fotos de todo tipo, teño fotos dos  castrexos que agora son romanos, dos romanos que agora son  castrexos, da xente que vai formando as asociacións, a min gústame moito velo, lembralo e ver como foi evolucionando todo, o paso que deu, nun principio pois por dicirche algo, a xente, os traxes eran de disfraces, practicamente comprados en tendas de disfraces, agora a xente inviste, vese que os traxes son moi bos cada vez mellor e é unha evolución que se ve, teno que ver a xente que estivo desde o principio, senón, non o nota, a xente que vén de novo queda asombrada, a verdade é que queda asombrada e di que unha festa como esta non a hai en ningún sitio.

 A xente cada vez inviste máis tanto de forma particular como nas asociacións, de feito é moi raro que os días do Arde  Lucus, haxa alguén que non se caracterice nalgunha ocasión.

Eu creo que é  complicadísimo buscar 3 fotos só, tería que pensar, a min gústanme todas, eu a todas as fotos que busco, a todas atópolles algo. Eu no incendio da  castra non estaba, neses días tocoume traballar, pero despois fun á  castra e vin todo aquilo, a pena do traballo e o esforzo de toda a xente, é moi complicado, outra foto que non puiden facer e que penso moitas veces nela, foi vai 2 anos, cando todas as asociacións romanas pola rolda da muralla fixeron o desfile, iso foi impresionante, eu vino en fotos e en vídeos e mordíame os dedos porque eu alí non estaba.

O  Comilonum na Rolda da Muralla, tamén non   sei se se volverá a repetir, habería que darlle un  impulsiño para repetilo. Hai moitas fotos que son irrepetibles, pero eu non me dou quedado con ningunha, a verdade.

Si moita xente pídeme as fotos, a maioría, e moita xente que me ve coa cámara e di non me fagas foto aquí agora que estou a comer un bocadillo, ou estou a beber unha cervexa, espera un pouco que a deixo aquí, pero si adoitan pedir as fotos, eu cando mas piden, procuro facelas e mandalas, non me custa nada e mira, é un día tamén un recordo que ten a xente pero a min gústame poder servir á xente nese aspecto.

Teño algunha dalgún loitador que está a loitar e vense cousas que non se poden publicar que sería para maiores, habería que  pixelizar, e entón téñoas apartadas xa, pero si hai fotos que non se publican porque non son de bo gusto ademais pero non porque o fagan  aposta senón porque coincide, neste caso por exemplo eran 2 loitadores que estaban a loitar e rompéuselles a  coraza e quedou todo ao aire, pero son as menos tamén.

 Son fillo adoptivo dos  Pretorianos, son  Pretoriano de honra. Para min foi moi emotiva, eu coñecía ademais á persoa, tratábaa e claro foi moi emotivo, tamén cando lle fixeron a homenaxe ao senador, un senador que tamén faleceu, foi moi emotivo, foi o último día cando se apagou o lume, para min foron 2 actos moi emotivos, tócanche un pouco porque os coñecía aos dous e lémbralos despois, pero ben,  é a vida, ten que seguir.

Os  Césares, calquera deles, todas as facilidades do mundo, con eles non tiven ningún problema e ademais son xente moi boa, e para min foi bastante fácil, ademais eu teño unha cousa, xeralmente non busco pousados, quito as fotos cando a xente está ao seu aire, para min son as mellores, as que son de pousados a min non me gustan nada, son moi ficticias, a min gústame segundo a xente vai andando, vou disparando, e a min resúltame fácil facelo non me é nada complicado.

O nivel de caracterización que hai en Lugo, eu creo que é do  mellorciño, a xente para poder  cualificar o nivel que ten Lugo, tería que saír fóra de Lugo e entón vería que aquí é totalmente distinto, é sorprendente, unha cidade pequena como a nosa porque á fin e ao cabo somos unha cidade pequena, a xente víveo, a xente gózao, e a xente si se caracteriza ben , gasta ben, inviste e xa che digo que habería que saír fóra de Lugo para ver a diferenza abismal que hai, non atopas en ningún sitio en Recreación, xa andei por varias, o que hai en Lugo, porque en Lugo vaias onde vaias os días do Arde  Lucus, sempre hai xente caracterizada. Eu teño ido a algún sitio, a algunha festa, e chegar alí e pensar que me equivocara, que ía o día que non era, porque ata no pobo practicamente non hai nada, non hai caracterización ningunha, a xente pola rúa víala normalmente vestida de rúa, eu sorprendido, e festas, ademais de prestixio, de moito tempo.

 Eu véxoo un pouco escaso, non sei se estou no certo ou non, a xente da Recreación si o coñecen, todo o mundo, e todo o mundo que fai recreación por aí téñennos por unha festa das mellores de España, pero se cadra habería que darlle algún incentivo para a xente da rúa, a que non está metida neste mundo, facer un pouquiño máis de bombo, non sei, é que é  complicadísimo, desde fóra todo parece moi fácil, pero despois dentro é complicado.

Os próximos 20 anos do Arde  Lucus, non sei se aguantaremos tanto, pero eu creo que o Arde  Lucus non vai morrer nunca porque as asociacións xa teñen moita xente nova, xente que lles gusta, que xa naceu nas asociacións, que están a se criar nelas, e eu creo que vai ter futuro, moito futuro ademais, se cadra este parón que tivemos, asentounos un pouquiño, penso eu, a ver que tal saímos.

Sobrar, non sei o que lle sobrará, faltar, é  complicadísimo, para min está ben, quizá que teña demasiados actos en pouco tempo, actos que se pisan uns aos outros, porque claro non hai onde metelos e entón creo que se cadra lle sobraban un pouquiño de actos pero vaia.

Faltar, se cadra un pouquiño de puntualidade fáltalle, algunhas veces vai todo con moito atraso, cousa que por aí fóra lévano máis a machada.

O Arde  Lucus nunha soa frase pois, eu creo que é historia viva, porque é unha historia que aínda se vive e que vai ser historia o que estamos a vivir agora.