MIGUEL CARRICOBA ARMESTO

Son o druida deste clan. A historia da nosa asociación remóntase alá ao ano 2007. Moitos de nós formabamos parte do que era o grupo Scout “Estrella polar” que foi un grupo que había aquí en Lugo facía moitísimo tempo, pero que, no último ano empezou a participar no Arde Lucus no 2006, porque participamos no concurso que organizou o concello de comparsas O grupo participou como unha forma de financiar as actividades dos rapaces Quixo a mala sorte que o grupo se desfixo, e entón ao desaparecer o grupo scout, como a actividade ésta do Arde Lucus, nos gustou moito, sobre todo ós pais dos cativos que formaban parte do que era o comité de grupo, gustoulles moito e por non perder o grupo , decidiuse formar xa unha asociación de forma permanente para participar no Arde Lucus e entón como aínda que a nosa primeira participación no Arde Lucus non foi como asociación foi como Grupo Scout Estrella Polar, foi de romanos, bueno íbamos de romanos e as mulleres iban de castrexas pero logo cando fixemos a asociación xa decidimos optar pola variante nosa, a variante dos galaicos, entón fumos a primeira asociación castrexa que houbo no Arde Lucus.

Daquela eramos bastantes, bueno trinta e tantos, porque viñan as familias dos chavales que estaban naquel grupo que quixeron continuar, éramos, pois eso, uns 35 ou así, que, bueno, co paso do tempo, o núcleo máis forte seguimos estando, fóronse incorporando algunha xente e algunha que se deu de baixa, porque sobre todo os máis novos, bueno van cambiando, pero hoxe tamén andaremos por cerca dos 30.

Mira, se falamos da primeira na que participamos que non eramos todavía asociación, era cos cartos do grupo scout, Estrella Polar, logo xa, como aquel ano se gañou e tal, foi a financiación nosa particular do noso peto e claro como gañaramos o premio de comparsas aquel ano pois con eses cartos tamén os investimos nos traxes do seguinte ano. Pouco a pouco, xa despois, o concello tuvo esa, que foi unha idea para nós incrible, boa idea do concello, tamén participamos nesas reunións un pouco para que as asociacións que se foron formando, foramos asumindo máis responsabilidades na festa, porque ao principio era, eso, participar no que era o desfile, nas comparsas, e tal, pero ao pouco se nos foi dando máis roles i entón, pois empezamos xa a contar con financiación do concello.

Desde o principio, e seguimos igual, facendo nós todo. Temos talleres, obradoiros de traxes, de manexo de coiro, e todo isto facémolo de forma artesanal, e entón, bueno como xa viñamos dese mundo de facer desas cousas, era unha forma de pásalo ben e con un obxectivo novo.

Houbo unha evolución obvia do principio ata hoxe, en canto os materiais que fomos facendo, elaborando, i as calidades i a historicidade, digamos que pouco a pouco esta teima de ser un pouco máis rigurosos no aspecto histórico tamén fixo que nos reformulásemos cousas que faciamos antes e que agora xa non facemos i que tentamos mellorar. Por exemplo o tema dos escudos, ó principio tiñamos escudos pero a decoración pois agora intentamos que sexan reproduccións de modelos que existen reais de escudos celtas que existan ao mellor noutros lugares, non os hai aquí en Lugo pero si existen noutros lugares, intentamos eso aproximarnos un pouquiño máis a veracidade histórica.

Hai unha fonte de información fundamental que é o boca a boca, quero dicir, o feito de participar con outras asociacións, como con Xinzo de Limia , ou en Vigo tamén, o feito de participar con outra xente vas vendo. Para crear todos os materiais que nós temos nun principio foi coñecementos que nós podíamos ter de oídas, non? O feito de empezar a participar neste tipo de festas coñecer a outras xentes, a outras asociacións, el culo veo culo quiero, a transmisión oral entre a xente, pois vas incorporando e xa según fomos avanzando, como decía antes, esta preocupación por o rigor histórico fixo que xa nos foramos a fontes máis bibliográficas, bueno sí, máis científicas, claro, exactamente, museos, libros, por suposto está sempre internet, non?.

A ver, o noso nome, Lugdunum, que a posteriori, resultou ser o nome que tiña a cidade de Lyón, en Francia, pero que o noso nome non o puxemos por esa razón. A filosofía nosa como asociación cando se fundou era: collemos o nome de Lug, porque era un deus celta, tradicionalmente celta, que ahora xa falamos dos galaicos e dos castrexos produto da evolución que falabamos, non? Pero bueno nun principio falabamos dos celtas, do mundo dos celtas, é dicir, entón collimos Lug que é o deus dos celtas, entón Lug, as razóns que decían que podía ser a orixe do nome da cidade de Lugo. E logo “dunum”, a nosa idea é que os castrexos que aquí vivían se fusionaron, é dicir, houbo unha invasión pero logo houbo unha mestura, un proceso de romanización, polo cal nos mesturamos, non? Entón a cultura romana adquiriu tintes novos aquí polo sustrato que había, que eramos nós, e, entón queríamos darlle a ese sustrato Lug, esa romanización dunum, e chamámonos Lugdunum.

Recrear a vida diaria, sei que cando un se imaxina, no subconsciente colectivo, non? O mundo guerreiro, armas e tal, nos queríamos un pouco fuxir disto, ollo, temos os nosos escudos, temos as nosas espadas, pero queríamos fuxir un pouco diso, queríamos representar o que era a vida cotiá, esta xente pois qué facía? Pois iso, qué cultivaba, cómo facía as cabañas… As cabañas fumos mellorando desde o principio, as primeiras que tiñamos á hoxe, foi todo un proceso de mellora, querendo representar isto, a vida cotía da xente que podía vivir aquí hai 2.000 anos

Eu creo que a resposta foi incrible, calquera que coñeza a historia do Arde Lucus, a festa do Arde Lucus, da progresión que tivo, exponencial, esto foi brutal i é, entre outras cousas por a participación cidadá, quero decir, unha das cousas, que nosoutros coñecemos outras festas por ahí, unha das grandes diferencias que existe entre outras festas que hai de recreación histórica e a nosa, é esta rede, este tecido asociativo da xente que participa, os que estamos nas asociacións e a xente de fóra, entón sempre nos sentimos súper ben acollidos, a xente con moitísimo interese, mira que xa pasaron anos, e a xente ven, bueno procuramos cambiar e innovar ano tras ano para ofrecer cousas novas, non? Pero hai cousas que siguen sendo ao mellor as mesmas, algúns elementos, e a xente mostra interese, e tamén vemos que a xente cada vez ten mellor grado de formación.

Os pobos na tradición oral somos dados a crear mitos entón permíteme primeiro recrear o mito, vale? Para despois xa falar dos feitos. Pero vámonos ó mito. Vamos a ver, Arde Lucus, tódolos anos celebrabamos o Arde Lucus con esta historia que ao final do día, ao final da actuación pola noite, o sábado pola noite se queimaba, se simulaba que ardía a cidade , e nós dixemos, eso non, eso é pouco , eso non, hai que facelo como hai que facelo, i entón decidimos queimar a nosa castra para que se vise o impacto da invasión. E moita xente pensou que fora así, sí moita xente, de feito cando pasou, a xente pensou que era un dos números Logo, segunda parte, a parte histórica, claro, ti sabes que nos montamos o que é a parte pública, a parte de exposición pero logo temos unha parte reservada donde as asociacións facemos ese fin de semana unha vida de xuntanza, e, entón alí pola parte de atrás, non vista ao público, pois hai unha serie de instalacións, para ter unha certa comodidade, necesitas un enchufe para poder cargar os móviles, unha neveira, bueno, unha serie de cousas, i entón resulta que claro, para recrear ben o ambiente pois usabamos palla, usabamos moita palla, i quixo a mala sorte que era un día que venteaba coma hoxe, era un día que venteaba, xusto na inauguración da castra… i saltou unha chispa no sistema eléctrico coa mala sorte que prendeu na palla, e claro, non estabamos alí dentro naquel momento, empezamos a ver o lume, estabamos inaugurando co alcalde Orozco, estaban por alí, xusto alí, i entón cando vimos o lume entramos i claro a reacción primeira foi quítalo todo e buscar auga como poidemos i apagar, pero o vento foi tan grande, que, nos tiñamos ao lado outra asociación Tir na n’Og, que tiveron, o vento soplaba cara a eles, e saltou da nosa cabaña as pallas con lume saltáronlles a eles i entón os máis dannificados foron eles, a nós, chegounos tamén ben. Sí nos perdimos todo, pero bueno, eles perderon a cabaña. Moitos traxes que tiñamos, que estaban alí feitos por nós, e as cousas económicas tamén, xa pero bueno estamos falando das cousas así sí cousas materiais por suposto , o que vos estaba dicindo, estaban alí, as cámaras, os móviles, esas cousas arderon, porque estaban na parte privada  vale? Pero xa non soamente iso, eso ten unha carga económica pero tamén había esa parte de cousas que tiñamos feitas repito, son feitas por nós, i que tamén arderon i eso non o repón ninguén, bueno, tampouco nos repuxeron nada, pero… Portáronse xenial as asociacións, o espíritu do Arde Lucus, nese Arde Lucus foi espectacular, porque sabes que as veces cando hai moitas asociacións pois sempre hai estos rozamentos, de competición, non? I ás veces pode ser unha competición enfermiza, sin embargo nesta ocasión, debido a esta desfeita que se provocou, houbo unha reacción por parte de todas as asociacións de apoiarnos, porque se nos queimou toda a comida, toda a bebida, todo o que tiñamos, a carpa, as outras asociacións nos puxeron carpa, invitáronnos a comer, a cear, xenial. Qué pasou, pois que bueno é verdade, o concello troúxonos comida ese fin de semana, sí, sí, sí, en ese fin de semana, logo a posteriori, o noso seguro que tiñamos nós, fíxose cargo dos danos que causamos pero non cubría os nosos danos e o concello tampouco debía ter un seguro, ou algo así, ou non sei, bueno non sei, nos non vimos un can. Vimos eso, o apoio ese fin de semana de todas as asociacións, que de verdade, a gratitude é infinita, cara eles.

O primeiro campamento, o primeiro orixinal, foi en Campo Castelo, bueno chamamos campamento pero, claro era unha cabañita, logo xa nos trasladamos detrás do instituto Xoan Montes, no Canil, e alí estivemos varios anos, porque alí foi cando empezamos a medrar as asociacións, o número de asociacións. Había unha empresa contratada, que era a que monta o circo, que montaban alí, tiro con arco, paseos a cabalo y alí montábamos nos tamén o noso campamento, a nosa cabaña, empezamos a montar cabañas comedores, xa e máis ao principio, nos eramos moi inocentes, viñamos do mundo scout, que tamén esto todo inflúe, non usabamos cravos , nin tornillos, todo o faciamos con madeira i con cordas,qué pasou, que despois as cousas se foron complicando, se foron facendo, fumos facendo estruturas cada vez máis complexas e hoxe, recoñecemos que facemos como todos, pero… hai metáis e cravos que son disimulados, pero habelos hainos, pero ao principio, durante varios anos, nós, non usábamos ningún tipo de cravo ni de tornillos, ni de taladros, nada, todo era con madeira e con cordas. Despois xa estivemos na parcela detrás do Instituto de Hixiene, Sanidade, alí estivemos moi ben, a parcela tamén era moi guapa, foi donde ardeu, donde tivemos o percance do lume, ahí tamén estivemos moitos anos, e ahora estamos no Parque, participando tamén como o resto das asociacións, facendo alí, como a nosa Castra, non?

Mira, eu era máis crítico, inicialmente cando nos dixeron que ibamos ir ao Parque, a ver o sitio que estabamos antes, con esa parcela, dentro da muralla, pegados á Muralla, pechados, eso dáballe un arume que era moi especial, e cando dixeron de ir ao Parque a reacción inicial foi de críticas, porque xa sabes cómo somos sempre ante os cambios, pero a experiencia agora que estivemos alí no parque, temos que dicir que a experiencia é espectacular, porque mira, permite moita máis xente, non hai os agobios, porque alí era unha sensación de agobio, todo muy pechado, nos permite máis intimidade porque as asociacións temos a nosa parte privada témola onde está o templete da música, alí facemos vida con todos as asociacións na parte privada e logo a parte pública de exposición está noutra parte, entonces, nós, e falo por mín e creo que o grupo tamén, estamos contentos.

O principio había moito cativo o que ocurre que os rapaces fanse adolescentes, fanse xóvenes e buscan novas vidas, algúns volven, pero bueno como a actividade está montada de forma transversal desde o principio non nos costou esto, non.

Ao lugar que lle temos máis cariño é a Xinzo de Limia, porque foi o primeiro e foi onde houbo un vínculo coa asociación, que nos axudaron moito, como vos decía, a medrar e a facer as nosas cousas, logo estivemos en Vigo, estivemos no Friulio por suposto, e estivemos en Solosancho, en Ávila, en Cacabelos, tamén , en Fabero

CRISTINA MUÑOZ

A min gustaríame Francia, Bretaña, toda esa zona, temos primos por alí, seguro, home claro. E na parte de Irlanda…

MIGUEL CARRICOBA ARMESTO

Somos festeiros, o que pasa no momento que falas de viaxar, temos a dificultade non soamente cartos, senon tempo, somos traballadores, entón claro para marcharse nunha viaxe longa ten que ser en período vacacional, coincidindo todas as vacacións, non é fácil de artellar

O fin de semana anterior montar, porque repito é un momento de jolgorio e de diversión, vale? Pero logo os días da festa, estas alí pola mañá, mediodía, tarde, noite, un día, dous días, tres días, el “desfilito” que son dúas horas, e despois do desfile, tes que desmontar porque o luns ás 8 da mañá hai que traballar, entón claro qué pasa? que terminas baldado, porque ademáis, claro, a noite tamén é importante, as noites, a queimada, os conxuros, estas cousas tamén son importantes, claro son dúas noites a queimar, claro si son tres noites, xa non sei o qué, claro, entón os corpos aguantan o que aguantan, poñer un día máis…claro, eu entendoo, que a pretensión do concello de facela internacional, e todo ese tipo de cousas, que queremos que esto medre, que si non medra morre, eso seguro. o que se podía poñer era o fin de semana fijo, porque claro como estamos bailando, claro, dependemos do Corpus, e da lúa chea de primaveira, sempre bailando, pois claro algún ano foi en xullo, entón claro, eso tamén para a xente non é fácil. Temos que facer as dúas horas camiñando, que eso realmente é o que nos mata a todos, e xa está. A min paréceme ben que sexa por sorteo, me parece que é democrático e está ben. Claro eso é outra historia, faise moi, moi longo para os que estamos desfilando, e para a xente que está mirando, estar dúas horas, ahí mirando a ver, pois… Como idea, ao mellor o concello tiña que pensar en facer como en Semana Santa en Sevilla, poñer sillas e que a xente esté sentada, ou facelo máis axil e que a xente… Eu entendo que hai asociacións que preparan o desfile con gañas, e entón collen i preparan números i preparan cousas, i claro eso quéreno poñer i eso retrasa claro…Entón hai que atender a uns e aos outros, pois unhas sillitas e que actúen. Eu pensó que o desfile ao final é moi longo.

Qué lle sobra? Home, é probable que non lle sobre nada, eh? Eu creo que non lle sobra nada, claro o que hai, hai, e eu non quitaría nada , sumaría cousas, sí por suposto.

CRISTINA MUÑOZ

Eu sí que diría algo, que sempre se pensa no Arde Lucus en modo romano, sobre todo en modo romano, e nós os castrexos temos, e cada vez penso que máis, máis importancia no Arde Lucus, e, sempre, de feito os carteis, de entrada, a maioría do tema do cartel, é sempre romano, e o tema castrexo que cada vez é máis visible, a xente gústalle moito, e que o outro é espectacular, ver os romanos e tal, claro, non o nego, ademáis está xenial e levámonos xenial con todos e bueno, pero fifti, fifti.

MIGUEL CARRICOBA ARMESTO

Houbo un momento que se propuxo, agora que estamos no parque, de facer un peche para simular como si fose un castro, e a xente entra ao castro, a un castro, e entón, estabamos dentro porque básicamente cómo funcionaban os castros era así, non había un urbanismo tal cual, senón que se organizaban por clans, dentro do propio castro, e entón ao mellor facer unha entrada para darlle máis, destacar máis, o que, porque eso non pode correr a cargo das asociación, non eso como idea para que o faga o concello, bastante traballo temos xa nós, como para encima facer algo en plan xeral, pero bueno, Ti pensa que no parque agora estamos o groso das asociacións, hai asociacións que están fóra, pero o groso está no parque, entón, sobre todo as castrexas, entón darlle unha imaxe máis forte, eu creo que quedaría ben. O programa e súper denso. Eu ao mellor ahí sí que facía espurga.

É unha fesa xusto para recrear a nosa historia, para saber de onde vimos. Para min eso é o importante, i eu si lle dedico moito tempo cando estamos alí no fin de semana, explicándolles a xente e aos cativos, as nosas cousas, e que nos fan… que nos definen, que non son nin mellores nin peores, pero que nos definen, que son distintas a outros sitios, coñecer a nosa historia, para min é o Arde Lucus

CRISTINA MUÑOZ

Irmandade, irmandade tamén, porque nós somos castrexos, pero cos romanos, aínda que dixen agora que hai que darnos un pouquiño máis de xogo a nós, penso que cos romanos temos moi boa relación, con todas as asociacións romanas levámonos moi ben. En concreto

MIGUEL CARRICOBA ARMESTO

Ese espíritu de irmandamento entre as asociacións é algo tamén bonito que ademáis perdura todo o ano, vas vendo a xente todo o ano, e ese punto de enlace sempre, non?, e eso tamén é bonito.