ALFONSO OROL

O meu nome é Alfonso Orol, son o César do Arde Lucus e o meu nome na asociación é Fonsius Arius Largus.

A finais do século pasado reuníronse nunha festa en Bilbao, dous concelleiros do concello de Lugo, Carmen Basadre que era a titular de cultura e Grandío, e decidiron nese momento levar a cabo unha festa de recreación histórica na cidade de Lugo, e de aí, chegado o momento xuntáronse empresarios de hostalería, empresarios do centro de Lugo e levaron a cabo varias reunións para determinar a festa de recreación histórica e aí decidiuse o nome despois de moitas reunións , de Arde Lucus.

Ao principio participaron unha serie de empresarios de hostalería tanto do centro como do Campo Castelo e ese foi o xerme da festa que hoxe temos de Interese Turístico Nacional.

Non teño consciencia do orzamento que se barallou, pero moito non podía ser porque eran 10,12 locais de hostalería onde os traballadores se caracterizaban e pouca xente participou nesas primeiras edicións do Arde  Lucus.

Nesa primeira edición atopámonos coa sorpresa de que vimos que a xente xa tiña ganas de participar, eran poucos pero os poucos que eran, a verdade é que influíron bastante en toda a cidade para que cada día a festa fose cobrando maior empuxe, maior auxe e que participase cada vez máis e máis xente desta festa.

Eu a verdade, xa me enganchei desde o primeiro momento porque xa desde as primeiras reunións que se celebraron para levar a cabo esta festa fixéronme xa partícipe dela, por tanto pódese dicir que desde o primeiro momento fun xa partícipe da festa

Pois a César chego no ano 2012, grazas a que a concelleira Carmen  Basadre, reuniunos a unha serie de persoas no Uxío Novoneyra, para formar este Senado do Arde  Lucus do que agora formo parte. Eu fun, non vou dicir que obrigado, pero si me incitou a ser o César do Arde  Lucus, pois por que? a verdade nunca llo preguntei, pero supoño que sería porque vía en min o perfil idóneo para facer de César do Arde  Lucus.

A verdade é que a primeira experiencia foi  sorpresivamente ben, a verdade é que hai que recoñecer que con este grupo que teño, estes amigos, que somos hoxe en día todo se fai moito máis fácil, polo cal ser César e ser partícipe deste Senado do Arde  Lucus foi moitísimo máis fácil. Impresionante porque vías que a xente quedaba sorprendida, non comigo, senón xa digo con todo o Senado porque ata ese momento non había Senado do Arde  Lucus e a xente pois quedaba, a verdade sorprendida pola presenza do César e pola presenza dos senadores, como xa había unha serie de anos co Arde  Lucus e os Césares anteriores foran institucionais, a experiencia foi moi grata.

Bo, esa é a percepción que teño eu desde dentro.

O meu primeiro traxe de César do Arde  Lucus, confeccionoumo o Centro de Artesanía e  Deseño, ao cal lle estou moi agradecido e sobre todo pola paciencia que tiveron comigo polas probas que tivemos que facer e ao final o resultado foi realmente satisfactorio. Si que teño varios e bastantes traxes de César do Arde  Lucus, desde este que estades a ver que é de senador, de cónsul, e despois teño algún outro de xeneral das tropas e das lexións romanas

Alá polo ano 2012, xa existían 6 asociacións, nós debemos ser a sétima e hai que dicir que ano tras ano se vai ampliando o número de asociacións que forman parte do Arde  Lucus, que implica isto? pois que cada vez o desfile que se pode ver pola Rolda da Muralla, é máis e máis extenso e a implicación da cidadanía é maior a medida que vai avanzando o número de asociacións. Todas somos asociacións que tratamos de recrear o máis fielmente posible a historia romana en Lugo naquela época. Todos os anos no desfile pois é impresionante de verdade a cantidade de xente que está pola Rolda da Muralla, a ilusión que ten de ver a todas as asociacións tanto de Lugo como as que veñen doutras cidades e mesmo doutros países, como pode ser Romanía, como pode ser Italia, Portugal, e todos, todos os desfiles do Arde  Lucus son de verdade, impresionantes. Unha sensación de abarrote total e a xente, que é o bo que ten o Arde  Lucus , que non é unha festa onde nos caracterizamos os membros das asociacións, toda a cidade atópase engalanada con xente caracterizada de romanos e de  castrexos e iso polo que se comenta, é único no mundo.

Vou contar unha anécdota que é de aquí de España e permitídeme que non diga quen por non menosprezar ao resto, pero un representante dunha festa de recreación histórica romana que ten a catalogación de Festa de Interese Turístico Internacional, de verdade que sempre me di o mesmo, é incrible a cantidade de xente caracterizada pola rúa, cousa que non pasa en ningunha das outras cidades e esta persoa, a verdade que visita a gran maioría das festas importantes de recreación histórica.

Os comercios de Lugo especializados na venda, tanto de vestimenta como de accesorios, para o Arde  Lucus, neses días énchense de clientes, isto é debido sobre todo a dous motivos, un que a xente que vén visitarnos cre que se vai a atopar cunha festa que a cidadanía non é partícipe, cando dá unha volta polas nosas rúas, atópase que todo o mundo está caracterizado, co cal quere participar activamente na festa, e como participa activamente na festa, pois caracterizándose, vestíndose como están todos os cidadáns de Lugo e todos os que nos visitan, e despois, que sempre hai as compras de última hora que adoita pasar, onde algún perdeu, esqueceuse, parte da súa vestimenta e ten que acceder tamén a estes comercios especializados.

Foi unha experiencia incrible participar no documental de Brais  Revaldería, debido a que non eramos conscientes realmente de que nos estaban gravando co cal eu creo que saíu bastante natural nese sentido hai experiencias  boísimas e a verdade que convido a todo o mundo a que vexa ese documental que ten unha cantidade de premios a nivel internacional, de feito en plan de broma, tenme comentado Brais que igual son máis coñecido na India que na propia cidade de Lugo porque a participación que tivo en cantidade de certames foi incrible e conseguiu en case todos eles, polo menos algún premio. Ese documental foi un dos embaixadores máis importante que puido ter a festa do Arde  Lucus, posto que a xente viu realmente o que era a festa, este documental fíxose para ser un traballo fin de carreira de Brais  Revaldería na escola de cinema de  Steven  Spìelberg, e alí como anécdota para contar, houbo quen lle dixo, como pagaches a tantos extras, e claro Brais tívolles que dicir o que era a realidade que non somos extras , senón a propia cidadanía a que sae nese documental.

A miña confianza na Garda  Pretoriana cínguese ao que é o resto do ano durante a festa do Arde  Lucus a miña confianza empeza a decrecer posto que todos sabemos de que vivían e de que se nutría a Garda  Pretoriana, para iso teño as miñas  vítores, para que me protexan e velen pola miña saúde, cousa que a garda  pretoriana fai, a condición de que estean realmente ben pagos, que é o que procuro facer.

Foi unha experiencia alta e gratamente positiva debido a que, primeiro, era a primeira vez que creo que todos ou case todos nos enfrontabamos a unha obra de teatro nesa obra de teatro, nesa exposición, había un senador que facéndose pasar por amigo do César, trataba de apuñalarme, trataba de asasinarme, sorte que os meus compañeiros, fieis compañeiros do Senado axudáronme, o cal me levou inexorablemente a ter que  crucificalo, a verdade que é unha escena que a teño gardada na retina, ver a un actor, que este si que era actor profesional, colgado a 4 metros nunha cruz, a verdade que foi unha experiencia un pouco angustiosa,

Hei de dicir que me dei conta de que se consolidaba como Festa de Interese Turístico, esperemos que Internacional, eu creo que desde o primeiro momento que fun César e sobre todo ver a xente, a cantidade de xente que hai nos desfiles, que hai pola rúa, é dicir é unha participación que eu polo menos non coñezo en ningunha das outras festas, aí é onde te dás conta que isto cada vez vai a máis, vai a máis e repito é a participación da xente o que dá pé a pensar que isto xa é un non parar.

As primeiras saídas que tiven como César do Arde  Lucus foi para a promoción da festa en Madrid, na Casa de Galicia, en Astorga, no Porto, en Braga, participamos nun desfile que había, a verdade precioso de escolares, e despois xa como asociación co Senado estivemos en Braga, estivemos no Porto, tamén estivemos en Astorga, en Cacabelos, onde nos chaman e onde podemos loxicamente polas obrigacións laboráis, pois alí nos presentamos.

Fitur do 2015 e 2016 pois foi un pouco a presentación a nivel internacional do Arde  Lucus onde fomos varios representantes de asociacións e hei de dicir que a verdade é que foi unha experiencia moi grata debido a que imaxinarvos á xente por Fitur que si que pode ver a xente de países exóticos caracterizados do seu propio país, pero bo, a xente a verdade cando vía ao César, a un senador, a un  pretoriano por aí, preguntábannos, pero de todos os países, procuramos percorrer a maioría das casetas que había en Fitur pero realmente en cada un deles o agarimo da xente que demostrou a verdade é que foi moi bo. Non están afeitos ver caracterizacións de épocas  pretéritas, poden ser os  mayas, os aztecas pero tampouco van caracterizados de épocas  pretéritas, e claro atoparse aí cun Senador romano, co César do Arde Lucus, e sobre todo a xente preguntaba Senatus  Populuscu Lucensi, como dicindo, pois si, digamos que en Lugo si que había algo parecido a un senado, non era un senado como o de Roma pero tamén había unha corte pola que se rexía a cidadanía de Lugo que como sabemos era unha das cidades máis importantes da Península Ibérica naquela época.

A miña sorpresa foi gratísima cando me dixeron que os meus discursos ían ser elaborados por Darío Xoán Cabana, polo gran Darío Xoan Cabana, co cal foi un luxo e un pracer poder contar coa súa sabedoría e a súa sapiencia en canto aos meus discursos de benvida á xente do Arde  Lucus, xa non só por poder expresar os seus sentimentos e o seu saber senón tamén por poder contar coa súa amizade e cos seus consellos.

Unha anécdota  boísima e hei de recoñecer o mea culpa. Un ano, e prefiro non acordarme de que ano foi, tiña eu no meu poder o discurso de benvida á xente do Arde  Lucus, pensei ao chegar a dar o pregón que mo cambiaran, porque como dixen somos unha familia, e dentro das familias hai bromas, pensei que me cambiaran o pregón co cal preguntei a todo o mundo, onde está o bo, a persoa que levaba o pregón empezou a tremer e a dicir este non é o teu, polo cal o primeiro que fixen foi pensar que Pallín e os seus secuaces déranme o  cambiazo, tiven que improvisar e nese momento eles, que coñecían o pregón, Carmen  Basadre e creo que poucos máis se deron conta de que estiven un cuarto de hora falando, si hei de recoñecer que case, case non se me acordo nin do que dixen dos nervios que tiña. Hei de recoñecer que neses 15 minutos aproximadamente non miraba para ninguén, como se adoita dicir miraba ao baleiro, é un destes momentos nos que se adoita dicir terra trágame, pero bo, hai que saír para adiante, e que o digan os meus compañeiros, creo que polo menos non.

A declaración de Festa de Interese Turístico Nacional foi un recoñecemento a todo o que levamos falando este intre que é a participación da xente, a progresión que ten con respecto á xente que cada ano vén e é máis é unha festa que se nota que ten apego a xente porque a xente que vén unha vez, repite, e a xente que vén unha vez pensando que vai a unha festa lúdica e dáse conta que é algo máis pois non é que ao ano volva é que trae a máis xente e procura involucralas, eu o que percibín ano tras ano é que unha porcentaxe cada vez maior de xente caracterízase e iso deuno en parte tamén a declaración.

Festa de Interese Turístico Internacional? Non queda outra, non podemos quedarnos aí porque é unha festa de tal magnitude, de tal calibre que se realmente hai xustiza, ten que ser xa nomeada, canto antes Festa de Interese Internacional.

Loxicamente á pregunta de onde me gustaría ir recrear, pois está claro, a Roma, pasear por diante do Coliseo, pasear polo Foro Itálico, iso é o soño de toda a xente que estamos en festas de recreacións históricas, esperemos que en breve sexamos convidados ou podamos solicitar desfilar polas rúas de Roma.

Non creo que tivese tal honra de presidir eu unha loita de gladiadores pero si que estaría encantado de poder compartir coa xente de Roma unha loita de gladiadores ou gladiadoras, estariamos encantados de participar con elas neste caso, nunha festa alí no Coliseo.

Ao Arde  Lucus, ten nunha palabra o que lle sobra, e é nada, nada porque está baixo o meu punto de vista, tan ben organizada, tan ben estruturada, e a xente pórtase tan ben que creo que non lle sobra nada. Que lle falta, a declaración de Interese Turístico Internacional para o que hai que facer o mesmo que o que lle sobra, nada, eu considero que tal e como está a festa tal como está a organización e tal como se porta a cidadanía, a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional non require nada novo.

Eu definiría o Arde  Lucus como os días en que Lugo se viste de Roma.