MANUEL BUJÁN

Esta asociación fundóuse no ano 2012, foi por iniciativa da Concelleira de Cultura daquela, Carmen Basadre, e naquel ano fundáronse varias asociación, porque efectivamente había carencias, había moitos lexionarios, había castrexos, pero o que eran as asociación, digamos, civiles pois non existían, e entón ese ano fundáronse varias asociacións civiles e alguna castrexa tamén.

Na nosa asociación somos soamente homes e a idea é integrar a mais xente, non? Hai que ter ganas, implicarse como en todas as asociacións, non? Cando te implicas nunha cousa, pois seguir vivindo, axudar, aportar ideas e convencer  e deixarse convencer de que hai que sacar a festa adiante e gozar o mais posible, non?

Nós por exemplo, a cota de entrada é simbólica porque no tema da cota vai o custo do traxe de senador , calzado e tal, e eu creo que debemos estar agora mesmo, con todo eso, en menos de 300 euros.

De feito todos os anos se vai incorporando algún, tampouco queremos abrir moito a manta porque despois igual non nos da para taparnos todos.

RAÚL PALLÍN

A fundación da asociación levouse a cabo no 2012, por casualidade, recibimos a chamada do Concello que nos avisou de que buscaban un Senado en Lugo, e como dicimos sempre, somos cada un de noso pai e de nosa nai, non nos coñecíamos de nada, uns de 20 anos ata 70, somos. O que facemos é que o primeiro ano, o que queira participar con nós no Senado, o levamos de invitado, pasado o ano de invitado, ao seguinte Arde Lucus, entra a formar parte da familia do Senado.

MANUEL BUJÁN

A miña intención non era de participar no Arde Lucus, a non ser que me convenceu a miña dona, porque a ela sí lle gustaba o ambiente, ela vestíase de patricia romana con outras amigas e díxome que tiña que apuntarme eu tamén e animarme, e de feito o primeiro ano salimos xuntos e a min…xa lle fun empezando a coller o gustiño e vin que a xente das asociacións pois disfrutaba un montón da festa, entón salín aínda un ano mais como patricio en compañía da miña dona e xa ao terceiro ano, deu a casualidade de que vin na prensa este anuncio que facía a Concelleira de Cultura para crear un senado de Lugo, e dixen, esta é a miña, porque ademáis, xa digo, a min facíame ilusión participar na festa desde dentro, non? Poder disfrutar como disfrutaba a xente da Cohors, a xente de Lugdunum, a xente que estaba nos seus campamentos e vivían a festa loxicamente doutra maneira totalmente distinta a dos visitantes que eramos o resto do pobo de Lugo e a xente que nos visita de fóra.

Cando empecei a formar parte desta asociación do Senado, a sensación foi unha sensación estrana e agradable ao mesmo tempo porque nacimos xa coa impronta de facer teatro, non? De facer unha representación dos xuízos e das función do Senado Romano, bueno trasladado lóxicamente a nosa cidade de Lugo, e a raíz de ahí a verdade é que me sentín moi agusto porque os compañeiros, que teño que dicir que non nos conécíamos de nada,  de nada, había só catro ou cinco que pertenecían a un equipo de fútbol e o resto pois non nos coñecíamos de nada, de vernos por Lugo, pero estivemos moi agusto, moi agusto, gozamos un montón e o primeiro ano pois eso, para ser o primeiro ano quedamos moi satisfeitos, hoxe vótase a vista atrás e dis, vaia, que valor tiñamos, pero cando nos empezamos a caracterizar para disfrutar o Arde Lucus, un pensa, bo, de pobre xa ando todo o ano, entón vamos a vestirnos de patricios, aínda que só sexan tres días, pois disfrutar da riqueza que nos brinda a festa, non? E dentro da nosa asociación efectivamente, asumimos o rol de Senado, non? De feito temos ao César, o César que representa no Arde Lucus, pertence a nosa asociación, é o bon amigo Alfonso Orol, e eu desempeño o papel de fundador da cidade, como Paulo Fabio Máximo, e bueno, todo esto leva a que, prácticamente, estamos en todos os actos oficiais, encantados da vida, todas as asociacións saben que poden contar con nós para o que queiran, e sempre, cada vez mais, colaboramos entre as asociacións para darlle un pouco de vidilla, non? Móntase un conflicto en Lugdunum, porque colleron a un lexionario roubando as mazás, pois alá vai o senado e xuzga, e dalle candela ao lexionario para que non roube, ou polo menos se rouba que non o vexan os castrexos, e ese é o rol que desempeñamos.

ALFONSO OROL
A verdade é que foi unha experiencia altamente e gratamente positiva, xa que era a primeira vez que creo que todos ou case todos nos enfrentábamos a unha obra de teatro e mesa obra de teatro, nesa exposición, había un senador que facéndose pasar por amigo do César, trataba de apuñalarme, trataba de asasinarme, sorte que os meus compañeiros, fieles compañeiros do Senado, axudáronme, o que me levou inexorablemente a ter que crucifícalo, a verdade é que é unha escea que a teño gardada na retina, ver a un actor, que este sí que era actor profesional, colgado a catro metros nunha cruz, a verdade é que foi unha experiencia un pouco angustiosa.

RAÚL PALLÍN

A primeira posta en escea do Senado foi no Arde Lucus do 2012 e foi no Circo romano. Alí, como falaba antes o meu compañeiro César, que o intentaron apuñalar, e a posta en escea da crucifixión, e a verdade é que non estábamos situados en ningún sitio, non tiñamos nin un lugar para cambiarnos, empezamos da nada, e , pouco a pouco, cada ano vamos montando cousiñas, cada ano tentamos sacar unha cousa nova.

MANUEL BUJÁN

Eu recordo no ano 2010 que foi cando eu empecei a participar no Arde Lucus, que o 80% da xente de Lugo, carácterizábase, sexa de castrexo ou de romanos, as mulleres de patricias, había unha implicación moi grande por parte da xente de Lugo e eso quizáis, nos últimos anos se vira un pouco mermado, pero bueno, todo eso é cuestión de non afloxar, as asociacións que facemos a festa non afloxar e seguir dando o espectáculo que viñemos dando ata o de agora e a xente se volverá a incorporar e a gozar da festa como se fixo sempre, non?

De outras cousas para o sustento da asociación, pois como moitas, infinitas asociacións facemos lotería de Nadal, e tivemos bastante sorte, no ano 2017 tocounos unha pedrea e no 2016 tíñanos tocado un reintegro, e en base a eso e a outras  subvencións que collemos como o resto, que nos da o Concello, pois vamos subsistindo, para min foi unha sorpresa agradable, por suposto, ver que hai cantidade de xente que non foi a cobrar o premio, non so porque, home cando é un reintegro, son 4 euros, entón bueno, mais ou menos, moita xente dice ahí vai, pero moita xente nos chamou para decir que tampouco querían cobrar a pedrea e que nos regalaban o diñeiro, e moi agradecidos por eso a todo o mundo, e para nós foi unha inyección moral e económica importante.

RAÚL PALLÍN

Temos o noso local que pertence á un templo romano da antigüidade e alí ensinamos escritura, facemos un concurso infantil, obras de teatro, distintas actividades.

MANUEL BUJÁN

Temos o papel de esclavo dentro da asociación, pero son uns esclavos aos que tratamos con moito cariño e eles trátannos a nós con mais cariño aínda, e non quero que ninguén entenda, porque agora nos tempos que corren hai que medir moito as palabras, temos amigos que fan o papel de esclavos, de feito a última función era un xuízo a un esclavo por uns gastos desorbitados en unha meretriz de luxo, que bueno, ao final, o que iba pagar negouse, bueno estas cousas que se arreglaban en ben, non? Pero efectivamente, necesitaríamos ter mais esclavos porque para poñer a toga, eu , é complicadísimo, un so non a da posto, entón os senadores romanos, os cónsules, e toda a  xente do senado tiña o seus esclavos para vestirse, nós non chegamos a tanto, pero bueno moitas veces facemos o papel diante da nosa carpa que temos no Arde Lucus, e é un dos espectáculos que mais lle chama a atención á xente, ver como nos caracterizamos de senadores, e nos poñemos a toga e todas esas funcións, non?

O Arde Lucus xenera moitísimo negocio, non vou descubrir nada se digo que o gran beneficiado do Arde Lucus é a hostelería, pero tamén hai talleres de costura, que calquera persona de Lugo ve que desde que hai Arde Lucus, medraron os talleres de costura en cantidade. Se falamos da hostelería penso que deberían de ternos un pouquiño mais presentes, poño por caso, todos os anos facemos, as asociacións do Arde Lucus unha cea, para xuntarnos todos e tal, pois é unha cea que cada asociado, cada recreador histórico que vai, pois ten que pagar 20 euros, podemos xuntarnos 200 persoas máximo, que eu creo que nunca se xuntaron, serían 4.000 euros, pois eses 4.000 euros a asociación de hostelería, os grandes beneficiados, a hostelería do centro de Lugo, das zonas donde facemos os desfiles, como na Ponte, agora trátase de ampliar o círculo á zona da Milagrosa, pois non sería moito invitarnos a cear a todos un día.

RAÚL PALLÍN

As saídas que tivemos como Senado, foron á Cacabelos, Astorga, fumos á Braga, á facer un pequeño desfile e á onde nos gustaría ir? Está claro, á Roma, facer unha obra do Senado alí, no Coliseo cós 36 que somos agora, quedaría moi bonito.

Eu pensó que o ano 2018 pola cantidade de xente que vías aoredor das rúas, era impresionante, ti vías pola Rolda da Muralla, só vías xente, xente, xente e mais xente.

MANUEL BUJÁN

Do Arde Lucus agardo que como dice o slogan do Concello, que a chama non se apague nunca, cando superemos esta pandemia, o Arde Lucus ten que volver a ser o que era, eu entendo e ademáis sei que vai custar moito recuperar aqueles grandes movimentos de masas  porque a xente vai quedar con medo, non? Son moitas mortes, levamos moito tempo padecendo esta pandemia.

As asociacións que facemos posible  gran parte do Arde Lucus, vamos a poner todo o que estéa na nos aman para que non haxa contaxios, para que a xente siga a desfrutar da festa, e para que a xente volva a Lugo, e saiban que veñen a un sitio a gozar dunha festa única, porque facemos unha festa de recreación histórica, que se non é a mellor, das que se celebrar en España, é unha das mellores seguro, e con eso contamos e convidamos a todo o mundo a que veña a vernos. Lugo ten moitas cousas que ensinarlles, temos un pasado romano e un pasado castrexo que está  en moitos sitios á vista de todo o mundo, e outros sitios que se poden visitar sen ningún problema, e Lugo é un dos poucos sitios donde estou convencido que a xente ven e quere volver, porque os de Lugo somos así, somos boa xente.

RAÚL PALLÍN

A festa de por e para o pobo, ou outra que tamén valdría sería: a mellor festa de recreación histórica.

MANUEL BUJÁN

Para min foi un honor moi grande recibir o título de Civitas Honorum, que me entregaron no ano 2018, pola promoción que facemos da festa, tanto, en este caso eu, como o meu compañeiro, o profesor de historia Xavi Gómez Vila, porque facemos os paseos que ensinamos Lugo e tal, e logo, promocionamos moito nas RRSS o Arde Lucus, e o Concello de Lugo, na persoa da súa Alcaldesa, e da súa Concelleira de Cultura, pois tiveron a ben darme o premio de Cívitas Honorum, e é para min o honor mais grande que, como lucense, teño en este momento.