PILAR REY FERNÁNDEZ ( PRESIDENTA)

Nós nacemos no ano 12, é unha iniciativa do Concello para aumentar as asociacións do Arde Lucus e dar un pouco de vida ás mulleres, porque é unha asociación feminina. No ano 2013 estivemos un pouco, pois, dubidando de se seguir como asociación, non seguir, de feito empezamos unhas 25 persoas na iniciativa e ese mesmo ano 13 xa eramos 15.

Nós, o apoio económico que tivemos, pois foi cero, empezamos con cero, o primeiro ano o Concello deunos unha pequena achega, pero moi pequena e logo foi, pois practicamente, a base de todas as asociadas porque o traballo todo que facemos nós, que desenvolvemos, facémolo nós mesmas, non encargamos nada, entón con iso abaratamos custos, é dicir, os traxes facémolos nós, o atrezo tamén o facemos nós, de feito este ano fixemos unha boca da verdade, unha réplica exacta, de feito houbo xente que veu vela de fóra e pensaban que era practicamente a Boca, fixemos un Oráculo, pero todo, todo, pois con cousas recicladas, daquela a xoiería tamén a facemos nós, faina unha das nosas, Sulpicia en concreto fai a xoiería e é un pouco tentar abaratar porque nisto estamos porque nos gusta, pero é moito tempo, moito gasto pero ao final acabamos todas moi contentas.

A ver, a primeira vez que se sae ao Arde Lucus, sobre todo a primeira vez que se desfila, porque eu creo que foi o que máis nos impresionou a todas, foi o que, digamos, a sensación de que te sentes, pois, realizado, a palabra sería realizado, e ves como todo o mundo apoia o Arde Lucus, e foi unha sensación moi gloriosa, digamos que case como cando estás a desfilar no Coliseo, sen ser o Coliseo está claro.

Nós nacemos, en principio nacemos como mulleres en xeral pero sen ningunha denominación e logo nós empezamos aos poucos a afondar e dixemos pero imos ver, por que non podemos dar voz a esas mulleres que foron cultas, que foron caladas no tempo, porque a maioría non se sabe nada, de feito cústanos moitísimo afondar no que é a historia de moitas das nosas mulleres porque moita xente coñece a Mesalina, todo o mundo coñece a Mesalina, pero non saben quen é Sulpicia… Sulpicia, non saben quen é Mineia de Paua que foi unha muller moi importante e que ten aí mesmo unha moeda acuñada, entón claro nos sentamos nunha mesa e dixemos, por que non imos dar voz a esas mulleres que estaban caladas no tempo, de feito a nosa última incorporación, unha nena que estaba aí, pero aínda non se decidía a entrar, vai ser Salpe, unha moza, que como daquela, as mulleres non podían estudar, ela quería ser médico, o seu pai tiña moito diñeiro e estudouna. É unha pena porque ao final non é tan bonito, porque ela fixo tratados e chegou a superar ao galeno co que estaba a aprender e chegou a facer tratados, que, cando morreu o seu pai, o propio galeno escribiunos co seu propio nome e quedou, Salte quedou, digamos que aí nas pavías, pero foi unha muller moi importante na súa época.

Por iso nós nacemos para dar esa… Hai un, quería facer un pequeno inciso, todo o mundo dinos se somos feministas, eu digo, non, non, non somos feministas, eu distingo entre feminismo e dar a coñecer o papel ou o rol da muller naquela época, que non eran cultas, que non eran submisas, bo… por iso tamén temos algunha submisa como é Octavia, tamén para ver o contraste entre as que si deron para diante como Gaia, que temos a Gaia, temos a Hortensia e temos a Nesia que foron 3 avogadas impresionantes e de feito aínda hoxe en día estúdase a Hortensia en Dereito Romano, entón queriamos dar ese papel, non somos feministas, simplemente queremos dar voz a esa muller. Estas tres mulleres cambiaron leis, de feito a primeira manifestación que se coñece, feminina, protagonizárona as mulleres romanas, era porque lles prohibían ás mulleres ser austeras, poñer as súas xoias, vestir moi simples e entón claro pois se rebelaron e foi a primeira vez que as mulleres foron ao Foro para rebelarse para que lles cambiasen a lei Lex Opia, pero despois volveron cambiar moitas máis leis, pois mira, os maridos podían simplemente, recoñecer a un fillo, se tiñan o segundo podían pasar de recoñecelo. De feito hai unha lenda que di que había moitos nenos nas cloacas porque, claro, se a ti, o teu marido non che recoñece ao segundo fillo, non terías como alimentalo, pero elas, e grazas a estas avogadas, que en teoría son oradoras pero defendían os dereitos das mulleres e do pobo en xeral, pois cambiaron a lei e tiveron que ter a todos os fillos coma se fosen fillos propios. Nós de feito fixemos unha obra de teatro que foi moi, moi aclamada, porque claro, diciamos, como imos dar a coñecer esta lei, pois moi sinxelo, había unha muller que estaba embarazada, tiña xemelgos, sabiamos que viña con xemelgos e a muller estaba negra, porque se nacía o neno primeiro, a nena non a ía a recoñecer e entón na obra quedou como nace e ninguén sabe quen foi o primeiro. A conspiración das Patricias baséase precisamente niso, conspiran para defender a unha muller que estaba embarazada de xemelgos e que se nacía primeiro o neno, a nena non a ían a recoñecer, porque non querían normalmente recoñecer ás mulleres e entón claro cando chega o pai ensínanlle a nena como primeira.

A festa da Bona Dea en si, é unha festa única e exclusivamente de mulleres, pero ninguén sabe, curiosamente ninguén sabe de onde vén “A muller do César non só ten que ser decente senón parecelo” e ninguén sabe de onde vén, pois vén dunha festa da Bona Dea, porque como non podía entrar ningún home, un dos senadores que estaba en contra da muller do César, vestiuse de muller e entrou na festa da Bona Dea e descubrírono e foi cando dixo “A muller do César non só debe parecelo senón que selo” e de aí sae. Só viñeran mulleres e foi curioso porque viñeran moitas nenas e despois de terminar fixemos un debate con elas e quedaron alucinadas cando lles diciamos que non podían estudar as nenas, e dicían, non?, non, as nenas non podían estudar daquelas, aproveitádeo porque agora si podedes estudar.
As coroas, a maioría delas fágoas eu e fágoas pois indo aos museos, facendo fotos ás xoias, ao que queda das xoias e tentando facer algo similar.

As actividades cos nenos, a moita xente danlles medo, con todo a nós énos enriquecedor porque dos nenos sacas unha chea de cousas e moitas experiencias porque ademais querémoslles ensinar a historia pero xogando, nós sempre lles facemos historia xogando e cando terminan, non só xogan os nenos, non só se implican os nenos senón que terminan as nais xogando con eles e termina o que é o xogo e din, que pena, acabouse xa? Se queredes damos outra volta máis. Porque en todas as nosas experiencias con nenos pois é ensinándolles os mosaicos, ensinándolles historia de Roma, ensinándolles o papel da muller, case todo, todo é cultural e entón os nenos pois claro, de todos os xeitos tamén sacamos cousas deles, porque tamén nos din ás veces, e non podiades facer isto? Entón participamos sempre no Lucus Cultural, normalmente, o que diciamos, o Lucus Cultural adoitámolo facer sempre orientado ás familias, nenos e familia todo xunto porque é unha parte que me gusta implicar aos pais para que se impliquen cos nenos e así que cando cheguen a casa, pois por exemplo, sempre que hai un Lucus Cultural, levan algo, este ano levaron un tres en raia, curiosamente había nenos que non sabían o que era o tres en raia, e outros que si que o sabían que xogaban na súa casa e leváronllos e despois mandáronnos wasaps dicindo que os nenos xa eran uns expertos no tres en raia, e ensinámoslles os xogos todos que hai romanos, bo é un pouco así en liñas xerais, é traballar, levar a cultura de Roma á familia.

Nunha edición creo que foi na primeira edición, si na primeira edición que, ben, que xa eramos asociación, que xa tiñamos traxes deseñados segundo esculturas… se cadra por iso… é que nós os traxes normalmente mirámolos cando imos aos museos, facemos fotos ás esculturas e tentamos sacar reproducións das esculturas, e curiosamente, ata xaponeses, nós ese ano coincidiu que había xente de fóra e si, parábannos para facer fotos e para pedir autógrafos e sorprendeunos, é que parecedes talmente unha escultura, e ben, pois mira, gratificante.

Por desgraza só saímos unha vez, e agora que estabamos afeitas, vén a pandemia e non puidemos ir. Saímos a Cantabria e foi…foi enriquecedor porque aínda que eles son máis tirando a… non son castrexos, son… iso, galos…entón teñen moi pouquiño de romanos, teñen un par de asociacións romanas pero non teñen tanto como por exemplo nós, pero foi moi agradable porque o compartir as experiencias que fan eles, como o levan eles, tamén nos dimos conta de que nós temos moito máis apoio que teñen noutros sitios.

É difícil de resumir o Arde Lucus nunha frase, eu máis ben diría que é ilusión, ILUSIÓN.
Dentro de 50 anos, pois non sei, se cadra dirannos que estamos medios tolos, a ver, montar todo o que se monta, cada asociación, porque por moi pouco que monte, a máis pequena, montalo para 2 ou 3 días, é unha tolemia, e dirán estes estaban tolos pero que ben o facían.