ANDRÉS RUBINOS

Engancheime ao Arde Lucus por mor de que o concello propuxo facer unha festa que dese empatía co que era o Lugo Romano, e eu como estaba na Confraría da Borriquita, cos romanos e os nenos pequenos, dixéronme se lles podía botar unha man, e aí empezou todo.

Pois o sigo vivindo, ata hai 3 anos que fun avó, participando, dando ideas, innovación e que a xente se mentalice e se caracterIce, porque sempre se di que se disfraza e non, é caracterizarse, disfrazarse é taparse a cara, e que se meta no papel.

Eu desde o primeiro ano que lles axudei, fun a mercerías, a cantidade de sitios, a dicirlles, mira isto é un proxecto que vai ter unha visión a medio-longo prazo e a verdade, o terceiro ano xa estaban desbordadas, esgotábase nas mercerías e non había suficiente material para fornecer a demanda que había, mesmo houbo que buscar fóra de Lugo en moitos sitios para traer material, para caracterizarse, adornos, etc.
Como colaboraba co concello de calquera cor política desde facía anos, en moitas festas, o Enterro da Sardiña, a Semana Santa, pois me propuxeron e convencéronme entre todos, Carmen Basadre, xa cando se empezou con isto foi das primeiras en dicirmo, pero ao final Susana Rielo propúxomo, e aceptei. No 2010.
Foi, a verdade moi emocionante, cunha velocidade de ver todo o que se creou despois de tantos anos, que foi como sentirme noutro mundo, transportado, foi incrible.

Foi moi emocionante, porque os mestres obradoiros, que estaban alí, forxadores, xa os coñecía da Feira Medieval, e atoparme con eles e ver que a xente estaba a gozar e coñecendo o seu bo labor, e había concelleiros, un deles que hoxe non está, morreu, pois o lembrar aqueles tempos é impresionante, cada vez que paso pola Porta Falsa e ver ese casco, a elaboración e a cooperación de diferentes artesáns e forxadores que foi para min marabilloso.

Saímos do poboado castrexo que era o primeiro que visitaba ás 7-8 da mañá, e cando me propuxeron ir nunha Biga ata a Praza de España, foi terrible, emocionante, e despois os paseos que fixen tanto desde a Praza de España, o primeiro ano que saíron todos os colexios, cara ao parque e baixar con todos os nenos e as Asociacións das Ampas ata o Circo Romano e participar con eles, iso foi o máximo, o mero feito de ver desfilar as tropas mentres estás alí e dicir, son máis que o subdelegado do goberno, que o alcalde, que o presidente da Deputación, son o Amo de Lugo, é algo que é moi difícil de expresar, unha satisfacción impresionante.

O primeiro traxe de César foi unha colaboración entre a Deputación e o concello e fixérono na Escola de Artesanía e deseño da Deputación. Pedíronme información de como se podía facer e recompilando conseguimos saber de que estaba feito e das medidas posibles máis ou menos. A capa non a podía levar calquera, ten unhas medidas dunha forma especial, de 4,70 ata 5 e pico, non se sabe ben os metros, pesa moito, é moi incómoda e naqueles tempos non o podía levar calquera, só os senadores, de feito a cor vermella ou o morado, dependía de se eran patricios ou eran senadores.

Os desfiles dos nenos, eu, a experiencia que tiña, que estiven na Federación de balonmán e estaba na Confraría da entrada triunfal de Jesús en Xerusalén, que todo o mundo coñece como Os Romanos, esa confraría da borriquita, entre iso, o balonmán e a miña relación coa Semana Santa foi o que me axudou a convencer ás Ampas, porque coñecía a moitos profesores e moitas Ampas, de que se implicasen, que isto era bo para os nenos, para que coñecesen as nosas raíces de onde vimos e o que somos e que é importante non esquecerse do pasado.

É máis, xente doutras cidades, incluído desde Barcelona, Cataluña, País Vasco, Cantabria, Andalucía, Madrid, viñeron aquí, facilitámoslles indumentaria para que se implicasen. Foi dar a coñecer fóra de Lugo o que hoxe estamos a pretender, que sexa Festa Internacional.

Son tantos sitios que é moi difícil, estiven no Museo, estiven no Atrio da Catedral, estiven na Deputación, estiven en San Roque, onde hai, para min, unha das xoias que temos aquí, que a xente non vaia a ver aquilo onde están os túmulos, os mortos e como se enterraban antigamente e a marabillosa piscina, chámanlle algúns, que é dun tamaño incrible. É triste que a xente non coñeza a riqueza que temos, sempre dicimos, é que tal cidade, ou tal outra, cando a riqueza que temos aquí, ou non a coidamos, ou non a coñecemos.

A Tarragona porque teño moi bos recordos, un dos sitios que me deixou marcado nese aspecto. Despois percorrín a zona catalá de Xirona, pobos e vendo aquilo. Din o Circo Romano, non, non estiven en Roma, estiven en Venecia, en Padua, en moitos sitios, pero coa riqueza que temos aquí, calquera sitio e hai moitos en España, foi impresionante, despois do que coñezo, Verona foi o máximo.

Non seguín de César porque me deu un infarto e tiven que deixar moitas das actividades. Homenaxe, eu diría que foi unha encerrona, porque o sabían todos, a familia, todas as amizades, a miña muller, somos unha familia moi grande, amigos, mesmo viñeron familia que facía tempo que non viña e xente doutras cidades, amigos, a velo. Ían subindo, na Praza de Santa María, xente e íanos presentando e de súpeto deime conta que me facían unha encerrona, tiven un pequeno ataque de ansiedade, emocioneime, fixéronme saír, veu Carmen Basadre comigo e levoume alí, custoume expresalo e dixen: pobo de Lugo o que é isto, é grazas a vós, é noso, noso, non é de ninguén máis, é do pobo, conservémolo, enrriquezcámolo, isto é cultura, é riqueza para todos, non o estraguemos, somos unha cidade de tapas, non suprimamos como fixemos nalgunha época en San Froilán, aquí entra hostalería, comercio, industria e cultura.

Eu trataría, hai moita información, pero está como deslavazada, coma se nos pisasemos uns a outros, e falo a nivel de institucións, se tal organismo organiza iso, eu vou organizar o outro, debería de haber unha coordinación para tratar de unificar esforzos como fan noutros lugares e enfocalo a unha maior promoción e que se vise con máis calidade, non repartir, ao pobo de Lugo cústalle moito saír, imos unirnos e que iso valla para que teñamos unha maior riqueza da que temos.

Si e dígoo porque hai 2 días veu un personaxe, íntimo amigo, compañeiro da carreira, doutra cidade, e en media hora ensineille o que había, desde a Casa dos Mosaicos, a Domus de Mitreo, a zona vella, a zona do Carmen, da Pinguela, a casa que hai na Praza do Campo de interpretación, na Casa dos Mosaicos pregunteille se abrira o Museo que hai en San Roque, e dicíame, é que isto non é normal, e ensineille que se estaba facendo unha cata na Mosqueira, hai que unificar máis, hai xente que non sabe que había 2 portas de acceso, pequenas, coma se fosen dunha habitación para acceder ao Adarve desde fóra cando se pechaban as portas. Unha está, que é a única que queda, enfronte onde estaba a antiga Obras Públicas.

Que non se perda o espírito e se converta en algo banal. Que se asente e que trate de manter unha calidade que non só sexa diversión, a diversión si, con límite, non estraguemos o que temos e poño un exemplo, hai anos a zona monumental de Lugo quedou cos bares en baleiro, porque o problema das casetas do polbo, chegou un momento en que as grandes empresas prohibían pasar durante ese mes cargos das casetas do polbo e preferían do restaurante, non estraguemos o que temos, volvamos recuperar os artesáns, o señor que vendía as varas, a señora que vendía as zocas, os cestos, recuperemos un pouco para non perder a nosa orixe e comparalo co momento actual.