FRANCISCO HERVÉS RAIGOSO

ARQUEÓLOGO

Eu, en compañía de López  Guitar, un arquitecto que tiñamos aquí en Xestur Lugo, eu viña de organizar xa temas nunha escola taller, en Aquis  Cortenis, e propuxera xa con xente da Festa da Historia de Ribadavia, pareceume unha proposta que incorporaramos na zona de Ourense e que aquí podía funcionar moi ben en Lugo, cousa da que me alegrei enormemente de que collese as dimensións que ten actualmente a festa.

Eu creo que xa desde o primeiro ano vin que a xente se animaba, que era algo novo, novo, que a xente se enganchaba, cada vez incorporábanse máis elementos da propia familia, cando non soamente os nenos, vai a nai, logo vai o pai, está xa consolidado.

A xente que se involucrou das asociacións culturais, están a facer un traballo de investigación moi interesante, eles vanse facendo cada vez uns especialistas nos temas que están a tentar divulgar na sociedade. Moi ben e os meus parabéns para todos eles.

Ademais, é moi digno de loar que unha persoa, que do seu tempo persoal, co seu tempo familiar, cos seus amigos, etc, perda o seu tempo en favorecer un acto social deste tipo e un acto cultural, créanse novos lazos de amizade, de camaradería, etc., moi ben, os meus parabéns a toda a xente que participa deste xeito tan activo neste tipo de evento.

No Arde  Lucus, a cidade ten unha serie de xogos, unha serie de actuacións moi concretas dentro da cidade, e algunhas veces, eu xa o ano pasado tentei incorporar o tema do balneario, pero creo que hai unha opción máis interesante aínda, que é incorporar a contorna propia da cidade de  Lucus  Augusti,  Lucus  Augusti contaba cunha contorna de castros, unha contorna de poboación que fornecía a cidade e que vivía da cidade, é moi interesante rescatar ese tipo de cousas nos actuais barrios, por exemplo, A Milagrosa, o seu castro, o seu acueduto, etc.  Montirón, tamén, é moi interesante.

Eu como arqueólogo, o que máis valorei sempre foi a implicación da xente en facer os actos, esa forma de querer rescatar, digamos,  a súa pequena nacionalidade romana que temos os habitantes que vivimos na cidade de Lugo

No Arde Lucus, digamos, das actividades circenses, temas de vodas, etc. Son máis comúns, no tema de actividades puramente académicas, de simposios, de tal somos… sempre é a mesma xente, temos que tentar, como dicía antes, temos que tentar levar á xente cara a outros camiños, cara a outras actividades do Arde Lucus, para que colla máis forza, para que se nutra   a propia festa de máis cousas que temos aquí na cidade de Lugo.

Espero a internacional e eu creo que é un recoñecemento ao involucramento que ten toda a xente que participa activamente nos actos que se programan e ademais a propia asistencia do público de Lugo e da comunidade autónoma de Galicia, eu creo que está a coller unhas dimensións que poden encaixar perfectamente nunha festa internacional porque xa abarca a outras comunidades, eu teño compañeiros doutras comunidades que viñeron a pasar aquí uns días.

Son moi crítico coas xanelas arqueolóxicas pero nun sentido contrario ao que se está lendo estes días na prensa, se seguimos por estes camiños negativos, acabaremos entregando unhas lentes en 3D aos visitantes. A xente o que quere é ver in situ, ver cousas, palpalas, tocalas, as xanelas arqueolóxicas non funcionan porque a administración foi moi escasa en ocupar espazo. Non se entende por exemplo a xanela de San Marcos, toda unha rúa, unha praza, e que se dedique soamente nunha esquina, un pequeno  receptáculo para unha xanela arqueolóxica, parece ser que o concello prefire ter unha praza empedrada en superficie plana que lle permite limpar facilmente, que lle permite atar enganches  dunhas casetas, duns postos que se colocan, etc. Eu creo que na  Rúa San Marcos merecía máis espectacularidade a xanela arqueolóxica e reflectir no pavimento outras cousas, como era por exemplo a propia capela de San Marcos. Creo que o futuro das xanelas arqueolóxicas está en ampliar o espazo que se ocupa.

Os exemplos non os podemos ver noutras cidades, cada cidade ten a súa propia particularidade, a súa idiosincrasia, etc. Eu creo que o que debemos facer na cidade de Lugo é potenciar o que temos, con ideas propias e eu puxen un exemplo moi claro, a contorna da propia cidade de Lugo,  Montirón cos seus restos, as capelas  altomedievales, Saamasas, toda a zona do barrio da Milagrosa, as prospeccións  auríferas que hai pegadas á cidade que a xente non as coñece, etc. Todo ese valor específico que temos, vincular o Camiño de Santiago, a Vía Primitiva que non se pode esquecer que a Vía Primitiva empeza pola calzada romana, pola Vía  XIX, e pola vía  Lucus Astur, que vén aquí, temos que explorar e profundar nesa contorna máxica que ten a cidade de Lugo.

Eu creo que o que temos que ter é un Museo Interactivo, é dicir un museo que non sexa simplemente un contedor de albergar cousas, a administración local, a administración autonómica tense que involucrar máis na investigación da cidade de  Lucus, teñen que achegar máis medios, máis diñeiro, máis locais para tentar que os arqueólogos podamos exercitar o traballo en sitios abertos ao público e con máis medios e poder profundar no estado da investigación que ten a cidade de Lugo que ten moito que dicir aínda, e non a nivel da comunidade autónoma, mesmo a nivel de España.

Sóbralle, se cadra, espectáculos, non quero usar a expresión, ordinarios, pódelle sobrar un pouquiño iso. E faille falta potenciar máis actividades como a cuñaxe de moeda, cerámica, etc. Ten que buscar opcións que lle permitan retroalimentar continuamente á festa, non hai peor cousa para unha festa que un fillo lle díga ao seu pai, papá isto é unha broma, sempre o mesmo, non quero seguir, abúrreme isto, esa palabra de aburrir é o epitafio á unha festa, temos que tentar todos os anos sorprender ao noso público con cousas novas.

A xente oe, fala, eu creo que nese sentido a administración autonómica e a administración municipal fan un bo labor nas redes sociais, eu creo que nese sentido  por aí van os camiños, se buscamos máis na contorna, a idiosincrasia propia, características nosas que nos fan diferentes ao resto das cidades  Augustas, posiblemente captemos máis xente.

Eu desde un principio sempre fun moi claro, a xente que vén a Lugo, non pode pernoitar como moito unha noite na cidade, temos a Muralla, percórrese en pouco tempo, acceso ao Balneario o mesmo, os Museos son pequenos percórrense facilmente, temos que tentar que a xente veña como destino turístico Lugo en Arde  Lucus, e para iso temos que ofrecerlle un compendio de actividades de cousas novas que non teñan outras cidades, están moi ben as empresas privadas que organizan festas, tanto aquí en Lugo, como en Castela ou en Cataluña, son profesionais dese tema, pero nós temos que innovar, ser diferentes, temos que  profundar máis nas nosas particularidades propias.

É moi complicado porque podería haber moitas palabras pero eu creo, o que dixen desde un principio, como a xente se incorpora á festa, como a vive, a xente da propia cidade, en poucas festas locais, que coñezo por toda España, a xente involúcrase dunha maneira tan afectiva, tan relaxada, tan de gozar dunha festa como no Arde  Lucus

Para os próximos 20 anos? Que se corrixan os erros que imos tendo e sobre todo que se manteña o espírito, o gran espírito de involucramento que ten a xente e de participación que ten na festa, os meus parabéns para todos os habitantes da cidade de Lugo e sobre todo para a xente que do seu tempo persoal e a consta do seu tempo de familia, volve facer disto unha festa marabillosa. Os meus parabéns para todos.