RICARDO VILARIÑO RODRÍGUEZ

Pois mira, fundámonos alá polo 2013, no mes de xulio do 2013 un pouquiño despois do Arde Lucus, e, abrimos a asociación, ao iniciala, fóisenos un pouquiño das mans, porque xa ao iniciala empezamos con 100 persoas. Aparte de ter un local de hostelería, estabamos moi relacionados có deporte e xuntóusenos xente de máis. Nese momento nada máis fundalo chegamos as 100 persoas. Ahora somos todavía 100 persoas, e que temos ese máximo posto por temas de infraestrutura no campamento porque pa darlle de comer a tanta xente fai falta moito banco, moita silla, fai falta moita infraestrutura e deixámolo máis ou menos en 100 persoas. Todos os anos hai altas e baixas, entonces seguimos estando por ahí.

O nome de Mercenarios Galaicos, buscábamos darlle unha relación histórica real á asociación, non queríamos ser do exército invasor romano senón castrexo, entón, buscando atopamos uns párrafos nos que se falaba dos mercenarios galaicos que foron a loitar con Aníbal e foi o que lle demos como base á asociación.

O noso primeiro Arde Lucus, a sensación coa xente foi incríble, porque ningún da asociación tiña estado noutras asociacións, eramos todos vírxenes daquela e foi arrancar e claro, ves unha cidade en que todo o mundo se implica, bueno uns disfrázanse outros caracterízanse pero bueno, a mayoría da xente intenta facelo ben e apóllante e arrópante, e da moito gusto, está moi ben.

Pois partimos en negativo porque arrancamos, obviamente con financiación cero pero todo o mundo se pagou a súa roupa, as súas armas, todo absolutamente todo pagámolo os asociados, cada un pagou o seu, entonces a asociación arrancou con cero pero arrancou moi ben e como éramos moita xente pagando, temos unha cuota mínima todos os meses, chegamos ao Arde Lucus ó noso primeiro Arde Lucus cun pequeno remanente que nos deu para facer un  Arde Lucus decente.

Procuramos recrear varias partes, dentro da vida castrexa ou galaica da zona pois facemos dentro dun castro organizamos varias actividades diferentes dentro do noso campamento. Aparte tamén facemos cómo sería a vida itinerante dos mercenarios da base histórica que lle demos a nosa asociación dos mercenarios que marcharon de aquí a loitar con Aníbal a conquistar Roma, que nos quedamos ás portas por desgracia.

Facemos de todo, facemos de coiro, facemos de madeira, facemos forxa, ferro, facemos o pan, facemos moitas cousas diferentes.

Imaxino que como a mayoría, san google nos deu moita man ancha para facer cousas, aparte desde que nos fundamos ata o primeiro Arde Lucus que casi votamos un ano fomos a varias festas de recreación para ver cómo se facían as cousas por ahí adiante e xa levabamos varios anos asistindo como público ao Arde Lucus disfrutando del, entonces vas sumando de todos e ao final pois fixemos o que fixemos.

Está no mesmo sitio,o temos na Praza Horta do Seminario, ahí empezamos, aínda que a idea primigenia nosa non era esa porque a nosa idea primigenia era acercar o Arde Lucus aos barrios, nos tiñamos un local en Rafael de Vega e queríamos baixar o Arde Lucus a aquela zona porque non se notaba demasiado o Arde Lucus, digamos, pero bueno en consenso có concello á Praza Horta do Seminario, e estamos encantados, ahora xa é a nosa praza.

O noso primeiro campamento a verdad que o cierre, montámolo gracias a axuda de moita xente que nos foron deixando pois vallas de obra, sacos para tapar esas vallas de obra para que quedara medianamente decente, foi un ano de transición, o primeiro ano foi así posto daquela maneira e o segundo xa nos viñemos arriba e fixemos o campamento todo de madeira, e xa, perfecto.

Na asociación debemos ter cerca de 30 cativos e procuramos facer nas actividades que facemos que nos axuden, fan collares por exemplo, para que estén entretenidos fan collares, fan o pan por exemplo axudan a facer o pan a cocer, hai que integralos, en todas as actividades que facemos procuramos integrar os cativos, menos nas que nos dedicamos a loitar que solamente vamos os vellos burros.

Salimos de Lugo para recrear Arde Lucus ou para dar a coñecer, non solamente para recrear senon para dar a coñecer o Arde Lucus. Estivemos en Cartagena, en Astorga, en varios sitios e o máis importante é que vemos que non o facemos mal, non nós, non me refiro a nós como asociación, senón ó Arde Lucus como conxunto que aquí se están a facer as cousas moi ben. A Nimes íbamos a ir xusto cando empezou o rollo este da pandemia, que tiñamos contratado o hotel e todo para ir e ao final tivemos que dar de baixa todo porque, bueno, esto que nos parou, parounos aquí 2 anos demáis

Cando se declarou Festa de Interese Turístico Nacional simplemente eu creo que foi un paso máis un paso máis para conquerir a Festa de Interese Turístico Internacional. Vamos, todas as asociación eu pensó que van facendo cada vez máis, aparte do concello que é o principal impulsor, non? Se van facendo as cousas para conseguir eso en todos os sentidos.

Cando viaxamos por ahí sí, sí está ben promocionado e sobre todo moi ben visto porque hai moitas asociación que veñen aquí ao Arde Lucus e ven o que se fai aquí, e gracias a Dios , porque hai festas de recreación que acaban sendo botellós por ahí adiante, nos fumos a alguna que non nos gustou a verdad porque demasiado botellón, demasiada festa, aquí todas as asociación procuran facer recreación, e, entonces por ahí adiante estamos penso que moi ben vistos.

O que lle pode faltar é abrirse un pouquiño máis aos barrios porque estamos moi centrados no centro, digamos e igual falta eso, abrirse un pouquiño máis aos barrios.

Unha frase para definir o Arde Lucus é o Futuro de Lugo.