OSCAR ÁLVAREZ FERMOSO
Empezamos en novembro do 2015, eran poucos, sobre 15. Creo que somos 25 ou un pouco máis de 25. Empezamos soamente coas cotas dos socios e cada un ía achegando, da súa propia casa ía traendo cousas para poder achegar á asociación, ao principio os medios eran poucos e cada un achegaba o que podía, porque somos de aquí e hai que tirar polo de aquí.

Algúns membros xa viñan doutras asociacións, outros non, algúns somos novos como é o meu caso que eu nunca estivera en ningunha asociación.

É ver o Arde Lucus desde outro punto de vista, vese moi diferente cando es unha persoa do montón que vai visitando, non ves o traballo que hai detrás, hai moito traballo detrás e a dedicación que ten.
ELLIANE ÁLVAREZ-YÁÑEZ RODRÍGUEZ O noso estilo de vestimenta como algo máis sinxelo, en verdade, coordinarnos para poder quedar todos e tomar medidas, coser de diferentes formas e de feito o momento en que nunca estás conforme co que acabas de facer que falta ese pequeno detalle que non sabes o que é e que ao final terminas engadindo e que cando o descobres é como que cambia o mundo. En verdade é un proceso bastante máis longo e complexo do que parece.

OSCAR ÁLVAREZ FERMOSO

A Castra pois estaba situada o primeiro ano detrás do hospital de Os Ollos Grandes, estabamos alí colocados. Eu véxoa mellor porque estamos máis asociacións xuntas e para o que é o público non ten que andar desprazándose dun lado a outro, temos alí varias asociacións diferentes de romanos, de castrexos e pensó que para o público visitante é máis cómodo e o espazo para min está moi ben.

Na nosa asociación temos varias xeracións, onde o máis maior ten sobre 50 anos e o máis pequeno é unha recentemente nada. Facemos talleres de cómo se facía a roupa, de cómo se facían os escudos, as armas, por exemplo de loita, temos moitos talleres e para os nenos tamén para que cando veñan á Castra, poidan entreterse un intre e aprender.

Tentamos innovar pois, vas vendo sobre a marcha, por exemplo o tema dos escudos que cando os utilizabamos facíansenos rozamentos nas mans, entón puxémoslles peles de coello por dentro para que fosen un pouco máis suaves e non nos fixesen dano. A roupa de inverno non é a de verán, porque hai días que son máis frescos, mesmo no Arde Lucus, entón sempre hai que adaptarse.

ELLIANE ÁLVAREZ-YÁÑEZ RODRÍGUEZ
Eu cando se falou de empezar nunha asociación, desde sempre souben que quería ser guerreira porque non me gusta parar quieta sinxelamente e aprender a loitar, que ao principio é como un pouco aloucado todo, pero démonos conta máis adiante que temos que aprender a executar unha serie de pasos para que se vexa ben e non nos magoemos á vez. Eu cando empecei a pelexar, o que me ensinou por primeira vez foi un romano, porque eu sempre ía un pouco ás toas, e sempre era o pique de dicir o teu es romano, o teu es castrexa e foi xustamente por iso que se empezou a crear unha relación, que nos levamos ben e ensináronme primeiro a como agarrar a espada porque nunca mo expuxo e non o estaba facendo ben, pero despois cando pelexas contra eles, é o mesmo que pelexar contra outro da túa mesmo clan ou doutro clan, tes que manter esa rabia aínda que fose lévesche ben. É un pouco máis complicado porque non sabes as técnicas de loita que utilizan os rivais, entón sempre é un pouco máis a ver que fago, pero se mantés esa actitude de rabia, manter esa postura é sempre o máis visual e sempre é o que mellor queda.

Todo o armamento que tamén leva o seu traballo por detrás, ao final sófreo e tense que repetir bastantes veces o proceso do armamento porque as espadas rompen, os escudos tamén, entón é complicado, Ademais a min todo o tema de pelexar gústame porque é algo no que se gasta moita enerxía e eu necesito desafogarme e entón é unha forma de liberarme tamén do resto de cousas de ao redor.

Principalmente temos que empezar sabendo o tipo de armamento que hai que utilizar, non podemos utilizar calquera tipo de espada porque non a había, nin calquera tipo de escudo porque non o había, entón ese é o primeiro paso, despois hai que realizar unha coreografía con coñecementos que se poidan adquirir por profesores ou por xente que coñeces nas actividades, a partir de aí, vas aprendendo e repetindo unha e outra vez para que salga o mellor posible sen facerse dano, porque iso é algo moi importante e ao final, un pouco como coa vestimenta, sempre hai ese pequeno detalle que tes que engadir ao final, que che dás conta de que cambia por completo todo e queda moito mellor do que estaba, entón nunca se termina de facer unha coreografía sempre se engaden pequenos detalles e máis ou menos ese é o proceso , despois ao realizalo sempre hai factores externos que che condicionan un pouco, o chan, como escorregue, a vestimenta que leves nese momento, sempre é un pouco ambiguo pero hai que telo ben preparado.

Cando estamos en público é un momento no que che tes que meter no papel como un actor de película normal e corrente , non podes rirche, aínda que te fagas dano non podes parar, porque estás diante da xente e tes que cumprir para esa xente, entón poden saír moitas cousas mal, podes caerche, podes darche coa espada, pero sempre temos que seguir, temos que manter unha actitude que é algo moi importante e xeralmente eu, tento transmitir rabia, frustración, no momento en que me empeza a gañar o rival, frustración, sempre querer máis, aínda que estea pactado que un vaia a perder sempre ten que manter esa emoción, esa actitude ata o final, se che matan, pois te morriches con rabia, e se simplemente perdes pois aínda peor, segues con esa rabia e tesche que marchar con dignidade, coa posición de dicir vou vingar, porque á fin e ao cabo é do que vai un pouco todo un pouco máis de guerrilla de meter cizaña.

Cando imos a outras festas de recreación sempre se crea un vínculo entre o resto de asociacións e a nosa porque coñeces e aprendes, iso é moi importante aprender doutras asociacións, que sempre buscas documentación ao máximo, pero esa persoa buscou noutros sitios, entón falas con ela e aprendedes os dous mutuamente. Ademais hai diferente lugares con diferentes actitudes respecto a isto, hai algúns nos que é máis festa, igual, e noutros nos que é máis importante a recreación, por exemplo nós fomos á Arte et Marte, en varias edicións e é un lugar onde todo tómase moi en serio.

O Arde Lucus ten algo que para min non ten o resto, para empezar temos unha muralla, unha muralla completa, a única da súa época e iso é un símbolo incrible, para continuar, tantas asociacións dunha mesma cidade é unha relación que parece practicamente imposible pero non o é, de feito entre asociacións levámonos xenial, hai moitísima convivencia a mesma que hai entre outras de fóra, témola en casa, e as actividades que se fan, á parte de desfiles, actos, sempre hai algo novo que podes ensinar á xente.
Mentres no Arde Lucus, moitísima xente tenta manter a figura da muralla para potenciala mundialmente e non só no Arde Lucus , senón en calquera evento.

Nas próximas edicións do Arde Lucus, o que espero é que se mellore todo, sobre todo en relación ao Covid e todos estes problemas que está a causar, ademais outra cousa moi importante é que ten que chegar a máis xente, porque aquí traballamos todos, involúcrase a cidadanía e é algo moi bonito que non ten palabras, que non se pode explicar, coñezo a xentes doutras partes de España que quere vir ao Arde Lucus pero nunca veu e non saben o que hai, e falan por fotos, por comentarios doutra xente pero iso non serve, teñen que saber que é, e creo que se ten que potenciar e que ten que coñecelo xente non só de España senón de todo o mundo.

O Arde Lucus para min é unha festa especial, única.

OSCAR ÁLVAREZ FERMOSO

Pois o vexo como algo moi bo para a cidade, é todo riqueza para nós, que a xente veña polo evento á cidade achégalle moito.