NOELIA ALMENARA MARTÍNEZ (Presidenta)

Chamámonos  Lucus  Icenas  Miliatore e recreamos á raíña  Boudica, que é unha guerreira da tribo dos  Icenos, vimos de  Britania.

Eramos un grupo de amigas e queriamos gozar dentro dunha asociación, cando xa estabamos a pensar en asociación. E barallamos distintas ideas, ou sexa, ideas de mulleres con forza e con carácter dentro da historia. Nun principio pensouse en romanas, houbo tamén outro tipo de mulleres que tamén tiñan carácter, pero ao final atopamos a  Boudica, e ben, a verdade que se me meteu na cabeza, fomos estudando un pouco como foi a súa historia e en qué consistía e namorounos, sen máis.

Nós representamos a  Boudica, porque o pobo dos  Icenos, evidentemente como todos os celtas tiñan mulleres, homes e nenos. Nós representamos a unha soa muller que é  Boudica, por iso só somos mulleres, que moita xente pregúntao e representamos a esa muller que nesa época estaba bastante adiantada, porque por mor de que morreu o seu marido  Prasutago, ela asumiu o reinado e foi capaz de xuntar a distintas tribos celtas do norte de  Britania para enfrontarse á arrogancia e ao orgullo romano.

O meu primeiro contacto co Arde  Lucus, a primeira vez que eu vin a festa, teño que dicir que fun celta, caractericeime de celta indubidablemente, e foi máxico, a min envolveume, a min namoroume e pareceume unha festa fantástica.

Nós formámonos no 2019. Como fonte de documentación, foron varias, buscas un pouquiño en historia e en ver como podían ir vestidos naquela época evidentemente por sorte ou por desgraza non hai tantos escritos, non hai tanto de como ía exactamente  Boudica, nese caso dicían que  Boudica ía sempre cunha capa ou unha saia de cadros, por iso os nosos cadros, a nosa indumentaria, tamén levaba armas, somos guerreiras evidentemente temos que levalas, desa época todos coñecemos que os Celtas levaban capas, por iso levamos capa e foi a procura máis un pouquiño de imaxinación é dicir un pouco de todo para que quedase o máis próximo posible á realidade, o que era a realidade entre o 30 e o 60 despois de Cristo que foi cando está englobada a nosa asociación.

Nós temos un sistema de cotas, pagamos unha cota ao mes máis o que fixemos inicialmente para crear a asociación. Empezamos potentes, eramos 11, incrible pero eramos 11, si, agora 13. A sensación de debutar no Arde  Lucus, máxica,  foi un cúmulo de sensacións, de sentimentos, de medos tamén, de esforzo, ou sexa eu creo que foron unha chea de sentimentos todos mesturados, tamén eramos novas, non sabiamos como funcionaba porque ningunha de nós vimos doutra asociación, nin coñeciamos o Arde  Lucus dentro de ningunha das asociacións, entón tamén nos chamaba a atención iso, non? Que puidésemos formarnos e facer algo que descoñeciamos por completo, entón eran uns sentimentos  enfrontados, medo, nervios, felicidade, alegría, foi eu creo que un estalido de emocións .

Os orzamentos do Arde  Lucus do Concello xa estaban pechados, entón como empezamos en abril, empezamos cun orzamento inicial de cada socia que quixo participar e que se uniu a este proxecto, pagándoo do noso peto.

Se se viven cos mesmos nervios que cando empezamos nós e que creo que o segundo ano volvémolos a transmitir e que o terceiro ano que vai ser este, tamén os estamos sentindo, entendo que sinxelo, sinxelo do todo non é, pero como se ten moitísima ilusión e moitas ganas e sobre todo moita forza  pois ao final o traxecto faise máis ameno. Sinxelo, non é sinxelo, pero si divertido.

A reacción da xente que nos viu, pódoche dicir que quizais quedamos máis asombradas nós das caras que viamos, porque eran caras de sorpresa, caras de, non sei, nós gustabamos e nós mesmas diciamos, mírannos a nós? en serio? Somos nós? Nin sequera o crímos que estaban a mirar para nós vale, iso significa que gustaremos pero sen máis. É dicir foi máis a nosa cara de sorpresa que o que vimos na xente que evidentemente desde o primeiro momento que foi cando conseguimos estar todas na ponte romana o xoves do Arde  Lucus, que esa foi  a nosa presentación oficial xa   xuntas as 11 que conseguimos estar todas ese día, foi de incredulidade, non nos criamos que a xente estaba a mirar para todas as asociacións que estabamos alí pero en especial a nós que eramos a novidade que evidentemente iso chamou moito a atención e foi unha sorpresa pero moi gratificante e emocionante. Foi moi gracioso cando estivemos a facer o primeiro campamento porque a xente maior sentaba nos  banquiños e o máis gracioso que nos preguntaban era que iamos facer coas   pacas, fíxonos moita graza, era como estas pobres non saben que é, pero bo iso simplemente como curiosidade. As preguntas, eu creo que todo o mundo, a xente que entraba, máis ou menos gustáballes, si é certo que o noso trono chamou moitísimo a atención, o ir caracterizadas así, que eu creo que tamén é unha novidade para o Arde  Lucus o que sexamos guerreiras, que somos a primeira asociación de mulleres guerreiras, todo iso, pois ao final é algo novo e que chama a atención, eu creo que nin sequera preguntaban. Eu tamén como curiosidade faime graza porque os nenos tócanche coma se foses unha deusa, que tamén che enche de orgullo é como, pois espero que cando sexa un pouquiño máis grande, esteas aquí connosco e é bonito pero   simplemente como curiosidade.

O desfile do 2019 foi curioso, tamén eu creo que o sentimento é un pouco de todas , era como  guau, que estamos aquí, que o conseguimos, que estamos a desfilar xunto coas demais asociacións e que este proxecto que nun principio se creou con moitísima ilusión, ao final pois se fixo realidade, eu creo que foi cando se fixo máis patente que estabamos dentro das asociacións do Arde  Lucus e si foi moi emocionante e tamén como nos tratou o público, porque ás veces mesmo che aplauden cando vas desfilando e a verdade que ese sentimento quédache no corazón porque non o esperabamos e se iso ocorreu é porque evidentemente, algo tivemos que gustar.

Eu creo que simplemente con que a xente siga mantendo esa ilusión por seguir creándoo, pasamos un ano moi difícil, este último ano co da pandemia, esperemos que os ánimos se volvan a caldear e isto continúe porque é unha festa incrible, pero faltarlle como tal, simplemente a imaxinación de cada persoa que queira facer algo porque se ti  imaxinas algo que podes crear e o créas, pois benvido sexa porque todo o que sexa sumar vai ser interesante.

Nada, non lle sobra nada, o que lle sobra foi a pandemia, iso si.

Encantaríanos ir a Londres, que é onde está a nosa estatua de  Boudica, algún día conseguiremos, ou espero que consigamos ir alí.

Ao final a xente o que quere é divertirse e ver e gozar de cousas, imaxino que canto máis haxa, máis diversidade e máis momentos para todas as persoas que entremos. Como asociación, ben é verdade que chegamos ata arriba en ocasións porque son moitos meses de preparación e ao final é algo que fas pero que nalgúns momentos ponte tan nerviosa porque tes que desenvolvelo e son moitas actividades, pero como espectador eu creo que as que haxa están ben e se hai máis mellor e se hai menos pois se farán máis cousas para que goce o público en xeral que ao final é o que importa

Total e absolutamente, está ben recreado, nisto pódoche dicir que coñezo a festa desde fóra, antes de estar nunha asociación e para min o Arde  Lucus que ten Lugo é unha cousa que debería ir promocionándose a nivel mundial. O que se fai é todo o intre tentando mirar e documentar  para facer a mellor recreación posible indubidablemente coa Muralla que temos, sería inviable se non o fixésemos recreando o mellor posible e iso tamén se transmite mesmo á xente que vén visitalo porque xa non vas de paisano, vas caracterizado, ou sexa, nunca se vai disfrazado, que eu o primeiro ano que vin, era, que disfraz cóllo? non disfraz non, perdoa, caracterización, i eu,  uf! E desde ese día quedoume totalmente claro, é verdade que cando o tes que ver e telo que vivir, envólve  e absórbe  de tal maneira, eu non sei se será esa Muralla, ou non sei, que che fai sentir que estás dentro de calquera tipo de época, igual se vas ao castro, se vas ver aos romanos ou se vas ver o que vexas, incluso os nenos do montón, que os pais lles fan ata carriños e outras cousas, oxalá iso siga sendo así.

Persoalmente creo que non, que lle falta un pouquiño máis de empuxe, e mira isto que se está conseguindo, porque a pandemia ten as súas cousas malas evidentemente moitas, pero tamén as súas cousas boas, son unha persoa que sempre tenta quedar co positivo e esquecer o negativo, entón, durante a pandemia utilizabamos vídeos, documental, un pouco máis por redes sociais todas estas cousas fixeron que creza un pouco máis e se coñéza  un pouco máis, porque si que hai moita xente que o coñece, indubidablemente, moita xente que coñece o que é o Arde  Lucus pero creo que aínda se ten que promocionar moitísimo máis e espero que estes vídeos axuden a que se consiga.

Integrar a novas xeracións e que consigan vir, eu creo que, simplemente ás veces é cuestión de actitude. A actitude refírome a, que se ti estás a dar unha imaxe dun desenvolvemento, dunha amizade, dun grupo ben  compenetrado, e todo iso, se iso se transmite , ao final a xente empápase dese entusiasmo e posiblemente veña. Nós abertas, evidentemente a que isto siga crecendo na medida do posible, cantas máis sexamos moito mellor, é un grupo aberto.

Eu sigo marabillándome cada vez que dou unha volta pola Muralla, ou sexa eu entro pola Porta de San Pedro, ou calquera das portas e dis , meu Deus, é que é unha marabilla, e por que non…, ou sexa que eu sei que se publicita e que é un patrimonio, está claro que está aí, pero que se crean o que teñen porque de verdade é marabillosa.

Que os galegos se crean o que teñen, a Muralla, convido a coñecela a todo o mundo porque é máxica e a cidade  te envolve . Eu creo que iso é o primeiro que se tería que facer, que os mesmos galegos soubesen o que teñen e o potenciasen , para que eles mesmos o transmitan  a todo o mundo, porque ao final é algo que hai que dar a coñecer e para dar a coñecer ti algo, o primeiro que tes que facer é crélo.

Orgullo, orgullo de como se creou a asociación, orgullo do que para min simboliza o Arde  Lucus visto como espectadora cando cheguei, como me acolleu a cidade e orgullo do equipo de compañeiras que teño. É orgullo o que sinto.

O meu desexo para dentro de 20 anos, ben é unha utopía ou non, non sei, é que a asociación continuase evidentemente, que crecese que metésemos a xente nova que seguise a nosa traxectoria, e que o Arde  Lucus seguise existindo porque todo ten, unha pequena engranaxe, teñen que ir encaixando todas as pezas para que todo se leve a cabo, oxalá esteamos aquí dentro de 20 anos.

Pois hai unha frase xa escrita, que para min é o que engloba esta asociación, e di algo así como: “O que penses, serás, o que sintas atraeralo e o que imaxines crearalo”.