GUÍAS DO ARDE LUCUS,

GUIDO ÁLVAREZ PARGA

Era e é necesario aínda moitos más guías para explicar todo o patrimonio que temos en Lugo, sempre o digo, máis persoas que entren neste mundo e axuden a poñer en valor toda a riqueza que ten Lugo. As persoas que coñecen o meu proxecto, saben que a min xustamente gústame saír un pouco do máis típico para sorprender á xente e que marchen con máis que o que traen previsto cando planifican a súa viaxe. É certo que nestes anos o barrio do Carme e a arte urbana foron dous alicientes moi grandes que a min me axudaron a abrir bocas, e agora que estamos coa posta en valor do barrio do Carme, todo esto vai en aumento. De todas formas haberá máis temáticas porque creo que a riqueza e o patrimonio de Lugo é inmenso e dá pé a crear novas experiencias e novas actividades, paseos e de todo.

Eu teño moitos proxectos diversos, e éste concretamente que estamos facendo no Arde Lucus Cultural, son os paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox, que é unha personaxe creada para este evento, é castrexo, e gracias ao querido Carlos Núñez pai, que é o pai do famoso gaiteiro galego, que preguntándolle cal sería o modo máis correcto de celtificar o meu nome, saiu Guidox, e a verdade é que estou moi feliz porque que o fixera él, unha persoa tan importante para o tema da investigación e da valorización do mundo celta, pois para min é estupendo.

O meu nome é Guido, que en xermánico, na súa etimoloxía xermánica ven a significar o que coñece os camiños, así que, a verdade é que coincidiu moi ben para a miña profesión, porque en inglés Gaid, en francés Guid i en italiano Guida, son todos moi semellantes ó meu nome Guido, e de feito o meu proxecto é Guido Guía, xogando un pouco con esa historia.

Teño que dicir que antes de facerme autónomo tiña claro que ía haber boa resposta porque volvín uns anos antes e organizei moitas excursións e viaxes, e a verdade é que conectei ben coa xente, xa coñecía xente en Lugo, de toda a vida, de xogar ao baloncesto e de moitas cousas, pero é certo que agora mesmo estou entusiasmado e abraiado coa resposta que ten a xente porque superou as miñas expectativas. Cando empezei de autónomo fixen paseos para 60, 70, incluso 100 persoas e agora toda esta circunstancia do Coronavirus, tamén me sorprendeu porque moitos pensamos que se paralizaría moito máis, e sen embargo, qué sucedeu, que como eu apostaba de antes polo turismo de proximidade, esto convertiuse en tendencia e multiplicou o meu proxecto ou os resultados e está saíndo todo de maravilla.

Coñecemos parte pero moita parte non, e de feito tamén é un pouco a maxia de Lugo, hay tanto por investigar, tanto por descubrir, que incluso os máis coñecedores da historia de Lugo, teñen moito por descubrir, porque xa o vemos que mes a mes vaise descubrindo patrimonio, agora por exemplo coas catas arqueolóxicas do Carme, estáse atopando un montón e moito máis que sucederá, porque o patrimonio castrexo aínda máis. O romano é certo que xa sabemos bastante máis, da historia e da importancia de Lucus Augusti en toda esa época do imperio romano, pero do mundo castrexo aínda hai moito por investigar e especialmente na zona de Lugo parece que está un pouco esquecido ou opacado pola historia romana. Lugares como o conxunto arqueolóxico de Adai , o tema do castro da Piringalla que daría para falar ou mesmo en Recatelo que nos anos 90 atopáronse restos de vivendas con trazos castrexos. Moito por investigar.

Outro detalle moi curioso da miña experiencia porque foise dando todo dun xeito que axudou que aparecesen moitísimas nacionalidades nos paseos, tanto nos paseos máis turísticos puros e duros con axencias de viaxes e grupos clásicos de turismo, como na propia cidade como ben decíamos, cos Erasmus, cós auxiliares de conversa, inmigrantes, eu unha vez calculeino e guiara para máis de 100 nacionalidades nestes 6 anos que levo guiando en Lugo e incluso nesta época pandémica na que estamos cós peches perimetrais aínda a día de hoxe, guiei igualmente para xente de moitos países porque é xente que vive en Lugo, de feito existe o proxecto 113+, que é un proxecto no que tratan de dar a coñecer, visibilizar as 113 nacionalidades que viven na cidade de Lugo, 113 países que viven na cidade de Lugo. Pois neste 2020-2021, esa xente veu aos paseos e mantemos este ritmo, esta dinámica tan especial.

O Arde Lucus, sí, efectivamente é unha das grandes alegrías de Lugo nos últimos 20 anos, porque foi unha maneira de humanizar e de traer as emocións da historia ao presente, solamente hai que ver as redes sociais, todo o que move o Arde Lucus, incluso comparado con outras marcas lucenses, o Arde Lucus, aínda o miraba estos días, a publicación das actividades do Arde Lucus Cultural ten 400 e pico reaccións, cando outras publicacións oficiais teñen menos, é certo que os proxectos de comercio local ou un proxecto así tan personal como o meu, ten moito impacto pero ás veces as campañas oficiais cústalles máis e o Arde Lucus, pola contra é algo que sempre tira, porque a xente está moi involucrada e síntese moi parte do Arde Lucus, creo, sólo hai que ver o ambiente que hai en Lugo neses días.

Creo que de momento está todo moi ben feito, certo que vai ter que renovarse, porque, evidentemente non vai ser eterno, vai haber sempre que buscar novidades para que a propia población de Lugo se divirta sempre na festa, non, porque os lucenses seguramente estaremos máis habituados a velo, entón sempre haberá que buscar novidades, pero eu penso que está a ser moi ben traballado e si teño que dicir algo que falta, máis ben diriao en relación máis con Lugo, pois eso, a investigación arqueolóxica e ese investimento en arqueoloxía e investigación que pode axudar a coñecer máis Lugo e a poñer en valor máis Lugo e polo tanto o Arde Lucus. Será unha consecuencia.

Traer as emocións da historia de Lugo ao presente.

Sempre conto cando ao principio, en grupos de axencias de viaxe, que eso é máis particular, digamos, porque nas axencias de viaxe están máis estruturados os recorridos, e unha vez deume a mín por arriscar e levar a un grupo de xaponeses ao Regueiro das Hortas no inicio de todo, cando volvín, que estaba, bueno parecía unha selva, non? E sin embargo estaban emocionadísimos, fascinados, vendo o mundo rural e natural tan preto da muralla, do centro histórico, ademáis dunha capital de 100.000 habitantes, bimilenaria, e tan importante, non?.

MANUEL BUJÁN

Bueno, chamarme guía é ser un pouco esaxerado, non, pero sí que é verdade que como lucense, como membro de esta asociación do Senado, algúen un día me encargou que fixera uns paseos guiados por Lugo e uso o nome que veño usando normalmente no Arde Lucus, que é Paulo Fabio Máximo, o legado imperial que mandou construír esta cidade en nome de César Augusto.

Este é o cuarto ano no que facemos os paseos con Paulo Fabio Máximo, isto foi unha idea da anterior Concellala de Xuventude e Cultura, Carmen Basadre, que deu por feito que eu era a persoa indicada para facelo e eu que me deixo liar pois aquí estou. Empezei cun compañeiro, Javi Gómez Vila , que é arqueólogo e profesor de historia, pero debido aos seus compromisos pois agora levamos 2 anos Güidox e máis eu facendo estos paseos e a verdade é que estou encantado, a min esta historia do Arde Lucus, esta historia de Lugo, de ensinar a miña cidade, é unha cousa que me encanta, eu, aínda que o fago sen ánimo de ningún lucro, disfruto moitísimo de esta actividade.

O que máis me sorprende da xente de Lugo é o pouco coñecemento que temos da nosa cidade , me parece que este museo que temos aquí ás nosas costas, é un referente a nivel peninsular, en toda España e Portugal é un dos mellores templos de Mitra que podemos visitar  e creo que se lle deu unha publicidade moi importante, sorprenderíaste de ver que todavía, non podo poñer o tanto por cento, pero pódoche asegurar que máis da metade dos lucenses non coñecen a Domus do Mitreo, e eso sí que me doe porque se ve unha apatía, unha apatía nese sentido.

Cando empezamos nesta historia a min chegar da miña casa ao centro vestido de romano caíame a cara de vergoña, agora vés vestido así e non miran nin para tí, a xente sí que disfruta moito do Arde Lucus e gústalles que fagas cousas e esas historias, pero logo eles, non sei, noto como si lles faltara iniciativa por coñecer cousas novas da nosa cidade. Eu coñezo por exemplo da zona da Milagrosa, a xente que vive na Milagrosa, xente que nunca viu o tramo de acueducto que hai alí na Milagrosa, me parece algo incrible, e sin embargo, aí está.

Lugo tampouco é unha cidade que se signifique moito na súa promoción e a xente que ven a Lugo, ven pois pola Muralla, que é o reclamo máis importante que temos ata o momento, e quédanse sorprendidos có que é Lugo, primeiro pola súa xente, polo seu ambiente e logo porque hai moitas máis cousas que ver que a Muralla, temos a Catedral, que é unha Catedral pequena pero imponente, temos a Domus do Mitreo que é, insisto, un dos mellores templos de Mitra que se poden ver na Península, e hai moitas cousas polas rúas sin ter que meterse en ningún lado, as mesmas rúas, che atraen de Lugo porque teñen tantísima historia que a xente marcha encantada, a xente que non coñece Lugo, marcha encantada. Eu estou convencido de que vivimos nunha cidade única , é unha cidade pequena, pero eu teño familia fóra, os meus fillos están fóra e outra familia que teño fóra, e ao mellor non pensan en Lugo para volver pero sempre queren volver á Lugo.