JOSÉ MANUEL CASTEDO (Casius Finicius Castorius)-Vicepresidente

Entrei no ano 2015, foi o primeiro Arde  Lucus que pasei e foi distinto aos demais, como sempre o primeiro é o bo.

IVÁN ROUCO-(Máximus Ivnarus Sparticus)-Presidente

Cómo nos financiamos, moi simple, calculamos o custo do pedido total e dividímolo entre 26, e iso é o que pon cada un.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

O segundo campamento que se montou que xa foi na praza de San Marcos.

IVÁN ROUCO

Sempre nos caracterizabamos do chino, ata que o falamos un compañeiro e eu, e xa decidimos montalo ben. Empezamos 26, pero agora mesmo somos 89. E cando empezamos estabamos entre os 28 e 32 anos, e logo fóronse engadindo irmáns, curmáns, amigos nosos, xa roldando os 50-52 anos e a posteriori foi xa cando entraron os nosos pais, e xente de distintas idades ata o maior no día de hoxe que ten 72 anos.

Practicamente compramos o 100% do equipo fóra de Galicia, empezamos cun provedor de Tarragona, logo con outros de Astorga, que é unha pena que crebasen, e o primeiro ano todo pagámolo en man, cada un puxo a súa parte e así.

Primeiro empezamos a buscar as fontes nos libros, con moita dedicación, que non sempre son de fiar ao 100% e logo aos poucos fomos collendo confianza cos arqueólogos, Enrique  Alcorta e Roberto que nos axudan e oriéntannos moito. O que pasa é que o   tema da garda  pretoriana como só duraron 300 anos máis ou menos, hai moi poucos vestixios sobre eles. Entón orientámonos polo que nos van dicindo eles.

Todo, menos cando entras como  vigil, a cota de malla, que é da asociación pero todo o resto é de cada compañeiro, o día que se quere marchar, devólveselle o mesmo, pero sen o emblema. Dáseche outro novos pero sen emblema porque todo é teu.

O primeiro campamento montámolo en  maristas, nos soportais, cunha lona azul, e aí montamos as mesas para comer. O segundo xa o montamos na rampla de acceso á muralla, enfronte á catedral, xunto ao museo de Mitra, e o seguinte xa montamos na Praza San Marcos, que é onde estamos agora, e seguiremos estando sempre, se se pode.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

O Arde  Lucus aí si que estaba, e claro custounos moitísimo porque é un campamento de 800 metros cadrados, e conforme vai pasando o tempo cada vez vaise ampliando máis e dentro do que é a recreación histórica pois ampliándoo máis.

IVÁN ROUCO

Do material cando o empezamos a construír nós mesmos desde o primeiro ano, para serche moi sincero, empezámos facendo as espadas, os cintos, as  muñequeiras, todo o empezamos facendo nós, o único que nos non fixemos desde o primeiro ano foron os escudos, iso o primeiro ano, cando vimos que xa non iamos ben co tema dos escudos porque eran de metal, de chapa, pois cambiamos aos de madeira e tamén os fixemos nós.

Moi boa  sinceramente, eu quédome con Alfonso dos catro  césares, dos outros tamén, pero con Alfonso houbo unha conexión persoal, tanto nós con él, como él connosco,  sinceramente unha relación xa non de César á garda, ou de garda á César, senón de amigo á amigo. Moi boa de verdade.

Máis que para a asociación para nós a nivel persoal moito, pero sobre todo a nivel  de cidade, eu creo que máis, porque as asociacións sen a xente de Lugo non son ninguén, a túa podes ir moi ben caracterizado que se a xente non  che aplaude, non che di guapo, e tal , ti dis para que vas ir ti só caracterizado e os das outras asociacións, parecería unha cousa entre nós, pero se ves que estás apoiado pola túa propia xente, eu creo que iso é o máis bonito.

A viaxe a Roma foi moi bonita, eu non a puiden gozar de todo, porque tivera un accidente en moto e non podía andar moi ben, entón non puiden gozar   todo o que me houbera gustado gozar de Roma como o fixeron o seguinte ano que foron outros compañeiros. Pero foi unha experiencia moi bonita representar á túa cidade e o que che gusta nunha cidade tan bonita como é Roma.

O primeiro ano que fomos, fomos de forma xenerosa, de forma altruísta e non chegamos a desfilar, queriamos ir coñecer aquel ambiente, o segundo ano que foron os compañeiros, aí si que xa desfilaron e o terceiro ano que iamos ir convidados polo Grupo Históricos iamos ir 26 compañeiros e tiñamos praza, e reserváronnola para cando pase a pandemia, poder ir todos outra vez.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

A viaxe a Roma foi o segundo que se fixo, no primeiro foron 5 compañeiros, no segundo fomos 8 compañeiros no 2018, fomos convidados polo Grupo Histórico Romano, porque xa na primeira viaxe falaran con eles porque para desfilar en Roma hai que ter un certificado especial, non desfila calquera asociación e contactamos con eles enviáronnos o certificado e desfilamos. Desfilar en Roma é outra cousa, é algo máis.

IVÁN ROUCO

Unha cidade á que me gustaría moito ir é a  Nimes.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

Fomos a moitos sitios pero aínda nos faltan  Tarraco, Linares, e outras partes do mundo romano, a zona de Croacia que merece a pena e que seguro que iremos.

IVÁN ROUCO

Hai tantas actividades que se  superpoñen, nin nós podemos ir ver o que fan os compañeiros nin eles ver o que facemos nós, porque e o peor de todo ao meu modo de ver é que se cadra hai unha asociación que fai o seu evento importante que coincide co noso evento importante, nós quitámoslle xente a eles e eles quítannola a nós. Creo que deberiamos controlarnos un pouco máis para que o cidadán poida gozar dos eventos importantes que celebra cada asociación e que nós podamos facer un evento que vexas que está comprometida a xente e que vexas que asisten 50, 60, 80, 100, 1000 persoas e ti atópaste  xeneroso e espléndido á hora de explicar as túas cousas. Senón asistirán 50 aquí, alí outras 50, e estámonos  superpoñendo as unhas ás outras.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

Hai demasiadas actividades no Arde  Lucus e unhas se  xuntan coas outras, e é difícil sobre todo no mundo das asociacións, que somos 19, que está claro que está ben organizado pero eu creo que hai demasiados actos.

IVÁN ROUCO

Ao meu modo de ver o festivo debería ser a nivel local para que a xente de Lugo poida gozalo porque se está vendo que hai moita xente de Lugo que durante a fin de semana escapa, entón a xente de Lugo non goza do Arde  Lucus, entón facer un festivo local, xa sexa o venres en que a xente de Lugo poida gozar a noite de Xoves a Venres e logo se te queres marchar pois te vas e   se queres seguir a festa pois te quedas á festa.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

A relación en xeral é boa como en calquera festa, en calquera sitio que hai moitas asociacións, que somos 19, pois está claro que non con todos levámonos igual pero en realidade as asociacións son a masa nai do Arde  Lucus e como tales, debémolas de coidar moito.

IVÁN ROUCO

Sobrar, sobrar non lle sobra nada, e faltar ao meu modo de ver un pouquiño de rigor histórico para que sexamos máis perfectos.

JOSÉ MANUEL CASTEDO

O público coa  Pretoriana sempre respondeu estupendamente, alá onde imos a verdade é que merece a pena.

Desde o atrio que se fixo no ano 2015. Tamén é certo que non temos campamento como tal, nós o que recreamos é unha Domus Romana e dentro da Domus Romana pois xa digo o atrio e logo a  Castra.

O atrio, a tenda  pretoriana, dúas maquetas, todo o que estou a contar é ao longo dos anos desde o 2015, que se foi ampliando, dúas maquetas, unha da  Castra  Praetoria, outra do século III de Lugo da época romana, despois nun lado do atrio poñemos unhas placas onde distinguimos aos  pretorianos desde o tempo no que entran. Co falecemento de García que ata o de agora é o único que faleceu, fomos ao cemiterio romano que está xunto á capela de San Roque e fomos desfilando e fixemos unha homenaxe con fachos. Moi emotivo, tremendamente emotivo. Estivemos a lembralo ese ano continuamente e lembrámolo por suposto.

O Arde  Lucus é unha acto festivo, cultural e ten moito de recreación histórica pero tamén ten moito de festa, e dentro da festa entra tamén a hostalería que é unha das que pode aproveitar máis beneficios, entendo que a hostalería podería facer un pouco máis do que fai.

Os grandes desfiles que fixemos tanto en Roma como en Braga, como en Cartaxena, como en cantidade de sitios onde imos.

O ano 18 foi un desfile moi importante para nós porque foi o que máis asociados desfilaron na asociación e a verdade foi cando verdadeiramente vin que a nosa asociación era importante.

IVÁN ROUCO

Foi no ano en que máis asociados nosos desfilaron, e ver aos teus compañeiros desfilando en columna da catro, creo que foron 60 compañeiros desfilando entre gardas e vixíes, dis ti,  carai, en tan pouquiño tempo, 6 anos que levamos, reunir a tanta xente desfilando, isto pode chegar a ser unha centuria.

É un  dito romano que hai, que di, “na unidade está a vitoria”. Na miña humilde opinión quere dicir que se todas as asociacións estamos unidas, estamos a facer que esta festa sexa inigualable. Única. Impresionante.

 

JOSÉ MANUEL CASTEDO

A masa nai, e dentro desa masa nai están as asociacións e cando se fai o pan, pois sae o Arde  Lucus.