ANGEL ROUCO

No 2011 créase Trebas Galaicas por un grupo de 20, 22 persoas aproximadamente que hoxe en día están noutras asociación.

JOSE ANGEL OTERO

Antes de que chegaran os romanos, estabamos nós, entonces en principio, ese foi un dos motivos, outro dos motivos é que xa había varias asociacións romanas.

ANGEL ROUCO

O financiamento da asociación o máis importante son as cotas dos socios, son cotas simbólicas, un matrimonio cos seus fillos pagan 10 euros mensuais, unha persoa soa que non teña familia paga 5 euros, esa é a cota, e que hoxe é a maior parte do noso financiamento, despois financiámonos, ao facer o Arde Lucus sempre nos dan unha cantidade de diñeiro para montar os campamentos, solicitamos subvencións, tanto da deputación como do concello e facemos algunha recreación fóra que nos dá unha pequena achega de diñeiro, como dicir nas Pontes, entramos a miña muller e eu, viña do ámbito romano, está unha unidade familiar completa que podiamos facer a festa, e facer a recreación completa entre homes e mulleres.

JOSE ANGEL OTERO

Cando eu entrei, xa se participaba no Arde Lucus, e se participaba noutros eventos a nivel nacional, ibamos a Soria, ibamos as Guerras Cántabras, ibamos a Cartaxena, o armamento e a vestimenta, sacamos as referencias do guerreiro galaico que apareceron na zona de Portugal, entonces é de donde sacamos toda, a maior información posible porque tal e como é o terreno en Galicia, restos aparecen moi poucos de armamento e roupa porque os comen ao ser tan ácido o terreno entonces aproveitamos os poucos coñecementos, o pouco que se sabe do que poñían os romanos nos seus escritos para ir sacando os diferentes, os diferentes materiais que utilizaban, dos hachazgos que se van atopando.

ANGEL ROUCO

Estes son guerreiros galaicos que apareceron na antiga Galaecia, desde Porto ata Brigantium, (Coruña) apareceron, paréceme que son 29 guerreiros galaicos a tamaño grande e é de onde estamos a quitar toda a representación nosa.

JOSE ANGEL OTERO

(Tocando o carnix). O carnix era un instrumento que se utilizaba para chamar á xente ao combate, estaba representado a cabeza dun xabaril.

O casco montefortino, que levaría penachos e plumas para parecer máis altos, que sería para intimidar un pouco máis aos adversarios.

O escudo caetra é un escudo redondo, lixeiro, porque normalmente os galaicos, os castrexos, por dicilo dalgunha maneira, o que facían era loita de guerrillas, entón en enfrontamento necesitaban un armamento que fose práctico e que non estorbase demasiado para poderse moverse entre… a espesura, na maleza, na espesura do bosque.

A espada de antenas, unha espada de antenas atrofiadas, que foi copiada polos romanos, e mellorada á súa maneira. As espadas, normalmente non se refugaban, aínda que rompesen, aproveitábanse para facer puñais pequenos.
Algo distintivo que temos cada guerreiro é que a caetra, a espada e o cinto, normalmente levamos o mesmo debuxo, o mesmo… o mesmo trisquel ou o mesmo debuxo en todas as nosas armas, iso para distinguilas das armas dos compañeiros.
Imos facer un torques dos que denominamos retortos, isto é balea de latón e utilízase este pequeno molde para poderlle dar a curvatura de … do pescozo, poñíano no pescozo, empezando pola parte traseira para non ter que abrilo , colocaríase, así, e tiraríase para diante e xa estaría posto.

ANGEL ROUCO

Temos unha recreación dunha sauna a de… a sauna que está no castro de Viteiros, recreámola, fixemos unha maqueta completa , a tamaño, a escala 1:20 … na que recreamos a zona fría que é cando entra a xente, íspese pásase pola auga fría que vén dun manancial moi frío, métense na zona tépeda para que se estabilice un pouco a temperatura do corpo e despois métense na zona quente que é onde hai un lume , bótanlle auga para facer vapor de auga… está dividida a zona fría da zona quente por unha pedra formosa, chámase Formosa pola cantidade de debuxos que ten e o paso por onde entraba a xente é por este buraco, que entraban deitados polo chan, o fundamento deste pequeno orificio é que se manteña o vapor dentro da sauna e que non teña perdas de calor, entón a calor é… física total, a calor sobe, o vapor mantense e o frío baixa para abaixo , entón está a unha temperatura moi elevada.

RAQUEL PILLADO

As visitas que se fan a diferentes castros e museos para aprender detalles históricos e poder ser máis fidedignos respecto a como vivían naquela época. Podes facer talleres que son para crear os materiais que ías usar como vestimentas, armas ou armaduras, ou tamén poden ser talleres para aprender como facer o teu entretemento para a xente, en plan, aprender a facer cestería para despois ensinalo ti durante unha actividade no campamento. Normalmente, non é que todo o mundo aprende de todo, senón que cada un fai 2 ou 3 cousas, céntrase nelas, porque unha vez que estamos durante as festas, hai moitísima xente e temos que dividirnos para poder atender e dar unha boa experiencia a todo o mundo.
Encántalles… encántalles poder participar nas actividades, porque unha cousa é a exposición e a explicación que lles parece interesante pero cando lles dás ti un anaco de coiro ou un pouco de material para facer cestería, de verdade, veslles alegría e excitación, o que lles gusta é formar parte diso, non só ver os campamentos, senón, aprender pequenos detalles sobre vestimenta, os seus materiais ou como traballaban naquela época, velos que se interesan e que participan.
Á miña xeración encántalles facer os traxes, a verdade sempre están todos os anos, gústalles cada vez máis detalles e gústalles dar as explicacións, ves, eu fíxenme esta armadura porque sei que a usaban en tal castro ou eu levo este colar ou esta roupa. Eu participei tamén en talleres de pelexa, pero non me centro só niso, tamén me gusta por exemplo, traballar co coiro.

JOSE ANGEL OTERO

Mentras nos estamos ataviando coas… coas prendas que levamos normalmente sufrimos un acoso fotográfico tremendo, o cual nos enche de orgullo,evidentemente.

ANGEL ROUCO

A nosa sorpresa é cando chegamos aos campamentos, imos dar unha volta polos campamentos e despois imos ata a praza Maior de Astorga, venos a alcaldesa, presentámonos, estaba tamén a concelleira de cultura de Lugo, e ben , viron a nosa… o ben que iamos, e propuxéronnos abrir o desfile de .. de Astorga.
No ano 13 foi o primeiro ano que viñeron convidados por nós os Numantinos de Numancia. Cando chegan os de Numancia a Lugo, se.. vestímonos o venres da inauguración e imos facer unha visita á Castra, cando estamos chegando, corren rumores de que hai un incendio en…, na Castra, o que é a Castra de tal… e chegamos alí , e vimos que arderan as 2 pallozas de Lugdunum e a de Tir na N’ Og, ben, vimos aquilo, presentámonos, e dixemos: se necesitais algo, pedídeo , e claro , eles quedaron sen zonas… onde facer a recreación e tiñamos nós unha carpa de 12 x 8 m. paréceme que é, ofrecémoslla, dixeron que si e fómoslla a montar e montámoslla nunha hora deixarámoslla montada e estivéronse servindo durante o Arde Lucus.
Non temos patrocinador porque non… unha non temos tempo para buscalo e outra pois… o noso márketing é moi curto para facer… buscar un patrocinador, nunca nos preocupamos de telo.
Ben os máis importantes foron Astorga, Guerras Cántabras, Carabanzo, Terraco Viva e temos intención de …o ano que vén , se se pode e non hai o Covid, de ir a Mérida.

JOSE ANGEL OTERO

Nos gustaría que nos invitasen a conocer a muralla… a muralla china, que en algún momento que… viñeron representantes de China, estuveramos falando con eles, e se quedaron asombrados da nosa muralla, nos gustaría se fora posible visitar A Muralla China.

ANGEL ROUCO

Para unha festa con 20 anos nada máis de vida, que se fai de interese turístico nacional, é unha cousa moi importante, é o recoñecemento en todo.. en toda Europa, en todo o mundo, e agora estamos pendentes da ver se se fai o recoñecemento a nivel Europeo, entón será unha festa coñecida por todo o planeta.
Temos un agasallo que facemos de irmandamento con outras asociacións, onde poñemos a muralla, aínda que é romana, poñémola como bandeira de Lugo, porque é o mellor que podemos ter da época romana, temos as 2 mans enlazadas, que é un símbolo de amizade, que sería unha tesera… isto en si é unha tesera de amizade, entre os pobos antigos cando se regalaba unha tesera, era que eramos… se nos chamaban para a guerra , iamos á guerra con ese pobo que estabamos irmandados.

RAQUEL PILLADO

É unha das miñas festas favoritas, polo que dixen antes, permite á xente participar nas actividades, non só observar, ves que a xente se sumerxe nela e ademais aprende cousas novas, non mostra só a parte romana senón tamén a castrexa, como vivían naquel entón, porque a romana é moi coñecida, moi popular, pero a castrexa… ao principio sempre se vía como máis descoidada.
Eu creo que se está masificando pero que o están concentrando demasiado nunha área e que se seguen así ao final, á xente, vai perder un pouco de interese, porque non vai poder ver as cousas, porque vai estar demasiado cheo, o que necesitan é expandirse un pouco e máis organización entre asociacións porque se varias asociacións fan o mesmo non ofrecen nada novo aos turistas, talvez estaría mellor que cada asociación se especializáse en certas áreas, para poder dar unha experiencia máis ampla aos visitantes.

ANGEL ROUCO

O que o Arde Lucus significa para nós é unha gran festa e.. onde se conxuga unha parte… dous partes moi importantes que é a recreación que as asociacións as tentamos levar sempre dentro do que podemos ao máximo, e a outra parte é a festa na rúa, o Arde Lucus gusta por iso, porque ten unha gran parte de festa e unha parte moi importante de recreación, onde se está recreando desde o século II ata o século III tranquilamente ou IV, e está a recrearse de forma moi fidedigna.

RAQUEL PILLADO

Si, encántame participar nela.

JOSE ANGEL OTERO

Cada día se implica máis a xente , sobre todo no tema castrexo. Conocer os nosos oríxenes.

ANGEL ROUCO

Unha gran recreación e unha gran festa, non ten máis palabras.