FRANCISCO GANDOY

Nós coincidimos con varios da asociación que tamén se dedican a temas de tiro con arco e pediron… estaban facendo unha cabaña e dixeron se iba por alí a votarlles unha man, e ahí empezamos, cabana para diante e a partir de ahí xa Arde Lucus seguido.

En xeral todo, tanto a montaxe como ir as celebracións, desfiles, o campamento, todo en xeral. Pois xa viñeron os cativos e foi a primeira vez que fixemos o desfiles completo, antes, vestíamonos e vivíamos o Arde Lucus sin… eramos espectadores, non íbamos en plan… a disfrutar da festa pero como protagonistas e…nada, espectacular. Pois sí, a él gustoulle xa desde moi pequeno, ela empezou un pouco máis tarde porque non lle gustaba o tema do ruído pero a partir de vai 3 anos xa directamente pasou a pasar a todas as accións como un máis.

Pois a min gustaríame ir a Emérita Augusta. Eu creo que esto cada vez vai máis , cada vez preparan mellores recreacións e están estudiando con xente o que se pode facer, o que non se pode facer, como se representa, como non, telas, traxes, decorados, eu creo que esto está indo cada vez a máis.
Pois é a festa de recreación máis grande de España.

ANTÓN GANDOY SÁNCHEZ

Cando empezamos, xa participaba, estaba polo campamento, pero antes de incorporarnos á asociación pasábamos por todas as asociación e os seus campamentos e era espectacular.

É unha asociación romana e castrexa. Sí en xeral, os desfiles, son a parte que máis me gusta porque é cando ves a todos así xuntos.

Pois que medre moitísimo, que cada vez o vexa máis xente e haxa máis asociación.

XIMENA GANDOY SÁNCHEZ

Pois desde vai 3 anos. Pois nos desfiles porque toda a xente venos e estamos desfilando moita xente que queremos demostrar que é o Arde Lucus. De castrexa.

ANABEL SAULO

Terra Cópora fundouse no ano 2008, e daquela debíamos ser, entre 25 ou por ahí, máis , menos. Agora somos menos, agora somos 15, pero moi voluntariosos.

A primeira posta en escena foi no Arde Lucus do 2008, e foi, pois moi distinta a cómo é agora, moito máis modesta, con moitísimo traballo, moi apresurado e un pouco desmedido, pero bueno, de todo se vai aprendendo, foi o primeiro campamento que estaba detrás de…creo que se chama O Carril das Estantigas.
Pois ben, eu creo que, bueno cando a asociación comezamos a formarnos, xa estaba a Cohors, que foi a primeira e bueno, xa a xente estaba máis acostumada a ver un romano por ahí solto e castrexos non moito pero bueno, ben, eu creo que a xente reaccionou ben, non foi o campamento máis visitado, eu creo que os seguintes anos houbo máis xente nos campamentos.

Pois orzamento non sei se será unha palabra moi grande para esa ocasión, máis ben foi un…vamos poñendo diñeiro ata conseguir facer as cousas que poidamos, cotas de socios, achegas e moito traballo persoal e, pois eu teño esto, poño a disposición da asociación, máis ben foi eso, que un orzamento a verdade, creo que comezamos coa cota de socio.

Bueno a ver, eu a verdade que a primeira edición por motivos de traballo non estaba no campamento, estiven traballando nos previos pero no campamento en sí, non, pero bueno sei que a xente a disfrutou moito, moito nervio, moita carreira de última hora, e, xa che digo que moita vontade, porque ese primeiro ano empeñáronse en cavar unha zanxa en torno ao campamento romano que eu non sei moi ben qué lles deu pero alí estiveron cavando duramente o pouco que se podía claro para respetar os límites pero, xa che digo, moita vontade, moita vontade.

Nós temos a sorte de contar como socio con Enrique Alcorta, que é o arqueólogo do Museo Provincial e entón eso xa é unha fonte importante, o noso oráculo particular, calquera dúbida, calquera cuestión consultámola con él e despois os referentes bibliográficos que nos vai indicando, claro.

Fomos cambiando de emplazamento en función dos cambios que se foron producindo na cidade, non? Primeiro estivemos no Carril das Estantigas que estaba ben, tiñamos ahí a ronda interior para poñer un apartado para nos e tal, pero bueno, realmente o mellor foi o Carril dos Fornos, foi un avance importante porque a sensación de estar nun campamento de verdade era moito maior, o propio espazo como estaba delimitado e pechado, pois daba máis esa sensación, estábamos todos alí metidos pero bueno eso acabouse e fomos para o parque, que, a verdade e un emplazamento tamén estupendo, non desmerece nada pero bueno eu creo que foron unha mellora en todos os casos, incluíndo a mudanza ao parque.

Eu creo que a primeira versión do traxe que fixemos para o Arde Lucus, calquera da nosa asociación, non foi nin de lonxe a definitiva, evidentemente a recreación nos primeiros Arde Lucus non ten nada que ver co que se fai hoxe en día, creo que eso é algo evidente en todas as asociacións, na nosa xa o propio campamento cambiou moitísimo, creo que hai fotos de como era a primeira cabana e a cabana actual, non? De feito tivemos 3 distintas polo medio do camiño, melloramos os peches, melloramos a decoración, puxemos máis coidado neses detalles pequeniños, na ambientación de dentro da cabana, non só da estructura exterior, porque ao final, a festa son 3 días, é moito traballo para eses 3 días, entón a estructura externa tampouco a podes mellorar moito máis, pero sí darlle vida dentro con pequenos detalles, ir incorporando desde froitas, flores aromáticas, reconstruccións de cerámica que temos do Castro da Piringalla, cousas que vamos sempre intentando meter para que non sexa só algo de exposición, senón que a xente as poida ver, as poida tocar.
A nosa asociación que se chama Terra Cópora ten como dúas secciós, ten o apartado castrexo que recrea os Cópori, que era o pobo que estaba asentado nesta zona da Gallaecia, antes da chegada dos romanos, e logo está a Cohors Prima Celtiberorum, que era unha Cohorte auxiliar que tiña o seu campamento en Sobrado dos Monxes, e era eso, unha tropa auxiliar formada con xente de esta zona, e bueno, recreamos esas dúas partes do mundo da antiguidade, que estaban interrelacionadas.

Facemos de todo, procuramos todos os anos ir incorporando cousas novas nos obradoiros, ou cambiando as que xa hai, aínda que pareza que o nome é igual, pois facemos cousas diferentes, facemos un de xoiería sobre todo para menos, que lles gusta moito, empezamos facendoa con cousas naturais, o último ano xa fixemos unha fíbula con metal…o que ten ter un ouriveiro na asociación que tamén axuda e despois facemos un de mosaicos, facemos outro de ungüentos e menciña a través da natureza, e cousas así e logo temos obradoiros que son máis de ver que de participar, como o de mantemento de material dos lexionarios, sobre cómo reparar as amatas, temos un tamén sobre arqueiría, porque moitas das persoas que estamos na asociación estamos tamén nun clube de Tiro con arco, entón como que unimos un poco ahí os mundos, e eso, temos un sobre elaboración de frechas, explicamos un pouco como era ese mundo nesa época, como se fabricaban, como se mantían,… Incorporamos unha forxa, e sempre facemos cociña lexionaria e cociña castrexa, bueno incorporamos sempre cousiñas novas.

Pois moi ben, moi ben, os de cociña encantanlles, xa sabes que aquí se hai de comer, estamos todos encantados, pero teñen moita curiosidade, sobre todo o que fas cos nenos, gústalles o feito de ver, de tocar, de estar ahí argallando, de levar as cousas que fan e de pasar ahí o rato, que é unha actividade completamente diferente, eso gústalles moito, teñen moito éxito a verdade, sempre temos un montón de nenos, ah, e facemos o de escritura.

Despois a xente adulta cando está vendo as cousas que hai no campamento en xeral, sexa un obradoiro, sexa o campamento, ten moita curiosidade, a xente maior, as cousas que lle soan da época dos seus avós, o relacionado cos teares, o fiado e todas estas cousas, sempre preguntan e cóntanche, pois a miña avoa tiña esto e eu cando era pequena facía… é moi gratificante, contactas moito coa xente, é unha cercanía moi especial.
Pois ao primeiro sitio que fomos, se non me falla a memoria, que pode ser, foron Guerras Cántabras, é unha festa que se fai nos Corrales de Buelna, preto de Santander, é unha festa moi particular tamén, un pouco diferente, eles fana durante 2 fíns de semana e nós vamos o primeiro fin de semana a participar na recreación dunha batalla que fan alí. A verdade é que, bueno, xa che digo, a primeira vez, o primeiro sitio que fumos e enganchounos moitísimo, todos os que fomos ese primeiro ano, temos un recordo especial con Guerras Cántabras e coa xente de alí claro.

Ademáis de Guerras, tamén ao principio, íbamos a festa de Xinzo de Limia, eles viña aquí e nós pois íbamos alí, claro, despois tamén estivemos vai un par de anos en Gilena, participando nunhas xornadas dun Museo que hai alí, estivemos en Narón, donde fan unha festa de ambientación castrexa, é así máis pequeniña, pero ten un encanto especial precisamente por ser así máis pequeniña.

A nós como asociación, gústanos ir a todas partes, eu creo que si lles preguntas á parte da sección romana van decir que a Nimes ou a festa esta grande que se fai en Roma, e se nos preguntas aos castrexos, a todas partes, non temos así… vamos cós romanos encantados a Nimes tamén.

Pois creo que sobrar, non sei se lle sobra algo, ás veces, xente no mesmo espazo para poder desplazarse de un sitio a outro con rapidez, non é necesariamente malo pero para nós, desde a outra perspectiva, é unha especie de hándicap, chegar con puntualidade aos sitios cando tes que moverte dun lado á outro.
O do festivo no Arde Lucus é así como tema recurrente, non sei se fai falta, viría ben, eso seguro, porque bueno, todos traballamos, esto ao final é unha afición, e claro, montar os campamentos mentres traballas e recoller, ás veces é complicado, non todo o mundo pode gardar as vacacións para eses días e a verdade é que acabamos esgotados, bueno, comezamos xa esgotados porque cando comenza a festa, nós xa levamos montando toda a semana, entón xa chegas con moitas ganas e pouco gas, vas mantendo o gas e as ganas durante todo o fin de semana, pero claro, logo chega o momento de recoller e aquelo xa é como un por dios, matádeme xa porque non poido máis, pero bueno, igual sí, non o sei, non sei se son a persona indicada tampouco para valoralo e a nivel persoal, creo que viría xenial para ter ahí ese momentiño como de impass, pero despois non sei se beneficiaría ou non a festa realmente.

O Muro, e a posibilidade de facer ese Museo da Romanización e tamén do mundo castrexo, que non viña mal, eu peroalmente estou a favor, que pode ser unha atracción importante para a cidade, máis se está no centro da cidade, que permite visitar todo o que está ao redor, sacarlle máis partido as ventás arqueolóxicas e facelo máis visible, pero bueno, tamén che digo que dentro da asociación, hai opinións diferentes en torno a iso, cada un…ahí si que xa, maís que un posicionamento da asociación é o pensamento particular de cada un.
Eu creo que vai a mellor como todo, penso que está ben promocionado, penso que agora mesmo se está a dar un pulo moi importante nas redes e está todavía mellor promocionado e creo que iso ao final é o camiño, non? O camiño para o futuro, as redes ao final conéctannos a todos e o feito de que as asociacións teñamos relación con asociacións de fóra que a súa vez teñen relación con outras asociacións, ao final consegues que a xente que está interesada neste mundo, pois coñeza a festa e sexa un atractivo para eles vir aquí e compartila con nós.

Pois como podemos, a verdade é que estamos todos nunha media de idade así xa non moi noviños, de espíritu moitísimo pero de anos menos, non? E agora, os que van vindo son os nenos que van tendo a xente da asociación, temos 2,3, sobre 5 nenos en idades entre os 14 e os 6 anos, e a verdade é que lles encanta a festa, están super orgullosos do seu campamento, o outro día unha delas, de feito levou parte das cousas da asociación á súa escola para que as viran todos, estaba encantada de poder levalas alí e ensinarllas a profe, aos compañeiros, e, bueno, e moi gratificante ver que esas novas xeracions veñen así de forte, non, que lles gusta a festa, que senten o campamento como seu, a cousa é … ¿y vamos a poner nuestro campamento en ese sitio? Eso non ten prezo a verdade, así como que tes un orgullo ahí metido dentro.
Bueno pois os primeiros traxes os fixemos coa documentación que fumos atopando nese momento pero xa che digo que non foron nin de lonxe a versión definitiva dos nosos traxes, non, fixémolos, como todo o primeiro ano, con moi boa intención, moito espírito, moita vontade, pero bueno, mellorámolos moito desde ese primeiro Arde Lucus, non. E sobre todo a lección fundamental do primeiro Arde Lucus foi que necesitábamos ter máis dun traxe, vale? Porque está moi ben o de romanizarse e castrexizarse, pero é imprescindible non estar tres días có mesmo traxe porque ao final cantamos demasiado, vale? Entón esa foi a gran lección, que precisábamos máis dun traxe, así nos vai, que agora temos pois ou un armario específico de roupa castrexa e romana, ou unha maleta con rodas de roupa castrexa e romana, un fondo de armario específico sen dúbida.

Son Anabel Saulo, son de Terra Cópora, e o meu nombre en castrexo é Aiatemara.

Pois eso, grandioso.