MANUEL BARJA FONTEBOA

O meu nome é Manuel Barja e no Arde Lucus son Máximus Tímpanus.

UXÍA DORADO GARCÍA

O meu nome é Uxía Dorado García e no Arde Lucus son Aquilia na honra dunha das gladiadoras romanas máis importantes.

MANUEL BARJA FONTEBOA

Como asociación fundámonos no ano 2014, aínda que é certo que xa viñamos participando no Arde  Lucus como grupo desde o 2006, pero oficialmente como asociación no 2014. Vimos estando máis ou menos un número similar, ao redor de 200 ou 200 e algo.

O financiamento é sempre un capítulo complicado pero ao principio cada un foise pagando os seus traxes, as súas corazas, as súas cousas, e as teas facilitóunolas o concello, logo faciamos uns talleres para confección dos traxes, para pintura das teas, e as outras cousas de tipo de soldados e iso, as fomos adquirindo por internet.

Temos un grupo de lexionarios, dentro do grupo de lexionarios agora temos un grupo de  Vélites que é a infantería lixeira, e temos tamén banda de música e temos tamén un grupo de gladiadoras.

UXÍA DORADO GARCÍA

No 2014 cando se creou xa a asociación de  Salesiani Luci  Augusti, decidimos engadir tamén  o grupo de gladiadores, xunto con lexionarios e  patricios e despois posteriormente os gladiadores homes fóronse cambiando a soldados e quedámonos finalmente as mulleres, entón agora creamos a escola de gladiadoras para dar visibilidade ao tema da muller gladiadora que é algo do que se sabe moi pouco pero que realmente existiron e nós estamos aquí para poñer iso en valor, a muller gladiadora, a muller guerreira. Non hai ningún outro grupo no Arde  Lucus que teña un grupo de mulleres gladiadoras. Estamos a recrear un pouco o que se atopou no relevo de  Alicarnaso de 2 mulleres gladiadoras, unha que se chama  Aquilia, que é o meu nome en romano, e outra compañeira miña que recrea a  Amazon, estamos a dar visibilidade a esa parte da historia tan esquecida e do que se sabe tan pouco. O grupo de gladiadores, o grupo completo de homes e mulleres pero a medida que os homes se ían pasando a soldados fomos quedando as mulleres e agora mesmo somos un grupo exclusivamente de mulleres gladiadoras. Chócalles un pouco a imaxe da gladiadora, sempre nas películas, nos libros fálase do home gladiador, o loitador que sae á area e enfróntase con outros homes pero das mulleres sábese moi pouco, entón claro, chócalles ver esa imaxe e moita xente por desgraza, non nos recoñece ou non se dá conta de que somos gladiadoras entón agora imos tentar levar tamén estandartes, tentar facer algo mellor recreado aínda que non hai moita información pero imos tentar recrealo mellor para que se nos vexa.

Pedimos consello tamén a xente que estudou historia, profesores de historia ou alumnos que están a estudar, tamén nos metemos en Google, porque ao final é unha fonte de coñecemento e tentamos contrastar información que iso tamén é moi importante e ben, iso son un pouco as nosas fontes. Si que sabemos que os relevos dos museos e as figuras de bronce tamén que se atoparon, pois é información tamén dos museos para sacar. Nós o que queremos potenciar é a loita de gladiadoras e darlle visibilidade a este colectivo tan esquecido e tamén imos recrear unha pequena loita no Parque Rosalía de Castro que está metida no programa do Arde  Lucus  para que nos vexan aí como mulleres guerreiras que somos.

A miña transición foi un pouco estraña porque  empecei con 6 anos, sendo  patricia e despois a medida que ía crecendo xa non me motivaba tanto este tema e vin a opción que como se estaba creando o grupo de gladiadores e de meterme aí, iso vai máis co meu espírito e agora mesmo pois estamos a liderar un pouco esta escola.

Unha cidade con tantas raíces históricas romanas necesita potenciar a festa aínda máis do que é, e eu creo que cun festivo a xente tiraríase moito máis ás rúas podería vir tamén xente doutros sitios, entón eu vexo conveniente para a cidade de Lugo ter un festivo no Arde  Lucus, así a xente poderíase envorcar máis e participar máis.

A nosa asociación, non é por  excluír a ninguén, pero está formada máis ben polo que é a comunidade educativa do colexio Salesianos Divina Pastora e aí estamos tanto profesores, alumnos, ex alumnas, entón, claro somos esa pequena familia que parte do colexio e estamos todos relacionados e ese é o noso punto de unión.

Para min o Arde  Lucus é festa, diversión e raíces é como volver á época romana e telo moi presente, para min é incrible, non se pode describir.

Eu creo que ningunha asociación se expon a facer algo sen antes contrastar a información e ver e documentarse para facelo o máis realista posible, eu creo que nese sentido que si, todas nos centramos niso, en recrear e ser o máis  perfeccionistas posibles nese sentido, aínda que a información ás veces é escasa.

UXÍA DORADO GARCÍA

A declaración de Festa de Interese Nacional tanto á cidade como á todas as asociacións que participamos no Arde  Lucus, é un recoñecemento ao noso traballo desde logo é unha alegría grande e imos ver se pelexamos polo recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional.

As xanelas arqueolóxicas eu creo que non están suficientemente explotadas nin suficientemente ben coidadas como para poder ver porque a verdade é que hai algunhas que son unha auténtica marabilla o que se pode ver nelas, habería que dotalas dun pouco máis de infraestrutura para que a conservación sexa mellor e se póidan observar mellor desde o exterior.

Unha cidade como Lugo co patrimonio que ten, coa historia que ten, non se entende ben que haxa varios museos dispersos pola cidade e que non se faga un auténtico Museo da Romanización e desde logo o sitio do antigo cuartel de San Fernando é o ideal. Para poñer en valor todos os restos arqueolóxicos que temos na cidade, hai que darse conta que aquí cando se escavou, cando se fixeron estes aparcamentos subterráneos apareceron moitas cousas, apareceron necrópoles, que non están postas en valor en ningún sitio.

A experiencia foi moi boa, a verdade é que nos trataron fenomenal, quedamos moi contentos porque nos trataron moi ben e gozamos aqueles días que estivemos alí con eles.

Había que potenciar máis o desfile dos colexios e buscarlle un mellor encaixe horario, porque quizá é demasiado cedo, un domingo que non hai aínda xente pola rúa, que a xente non o pode gozar, eu creo que ao desfile de colexios habería que darlle unha volta.

Aproximadamente en 2014, 2015, que empezou o grupo de tambores, pediuse unha subvención a unha empresa lucense, que nos axudou a comprar os primeiros tambores e logo posteriormente a asociación foi tendo recursos propios e comprando máis tambores, máis  timbais, agora temos un grupo que somos uns 25, e xa é un grupiño simpático, agora o que quixésemos ter é un grupo de cornetas pero ben, aos poucos. Non temos problema, a xente adoita acudir aos ensaios, e logo hai xente que leva desde que empezou, rapaces máis pequenos,   temos un grupo simpático.

Para min o Arde  Lucus é convivencia, convivencia do grupo que somos, que somos bastantes, entón te atopas cun pola rúa un día de cando en vez, pero estar todos xuntos pois iso só pasa no Arde  Lucus, e aí temos convivencia, normalmente adoitamos organizar algunha comida todos xuntos, para min é convivencia.

Fomos un par de anos ao  Friulio, a Friol.

UXÍA DORADO GARCÍA

Pois nos próximos 20 anos que isto siga crecendo que non pare, que a xente veña e que vexan o que realmente se fai en Lugo e potenciar as nosas raíces, a nosa historia e que haxa máis festa.