AS TERMAS

ANTONIO GARALOCES

Pois cando a organización do Arde Lucus pediu vir ver as Termas Romanas, lóxicamente aquí hay unhas obras romanas, quizáis as máis antigas da cidade de Lugo, polo tanto claro, agradecinlles moito que fixeran mención no Arde Lucus. Se non foi o primeiro ano, o segundo xa viñeron a visitar as Termas ,xa entraban aquí pola Ponte Vella as tropas e viñan, pasaban aquí polo Balneario, visitaban as Termas e salían pola outra porta

Eu pensó que 18 polo menos empezamos aquí a facer algo co Arde Lucus e a enseñar as Termas, sobre todo o primeiro día cando cruzan as tropas romanas e hai ahí cos castrexos na ponte e logo xa se ven aquí a ver as Termas. Hai un ara ahí posta incluso no patio que se fai mención

Eu creo que daquela non o pensaba nadie, pensábase que bueno que era unha festa que había que facer así a principios de verán e bueno que viña moi ben para a hostalería de Lugo e todo o demáis pero que non iba ter demasiada transcendencia. Logo viuse cos anos , eu penso que xa desde o segundo ano empezouse a animar moitísimo a xente e ahora pois non sei se é máis que o San Froilán pero tanto desde logo sí porque atrae a moitísima xente e claro, esta desgracia da pandemia que padecemos o ano pasado non puido facerse como se viña a facer todos os anos pero desde logo é moi importante para Lugo o Arde Lucus, moitísimo.

Son as Termas que están no Balneario de Lugo, son a nivel da Península, eu andiven por ahí, sobre todo visitando obras romanas, algúns centros teñen un ara, ahora, tan completas como estas de Lugo eu non coñezo Hay algunha máis por ahí en Mérida, en Badajoz e hai un balneario en Alange que ten unha piscina romana pero así coa amplitud que teñen as Termas de Lugo donde esta que estamos, era o apoditerio, o vestiario que entraban aquí a deixar a roupa nestas fornelas, que vemos aquí ao redor e logo pasaban a outras salas que se conserva algún vestixio, como eran as piscinas. Os romanos utilizaban as tres temperaturas aquí a auga quente sale a 43 grados e tiñas pois o caldario, auga quente, logo pasaban a outra sala coa auga máis morna, máis templada, o tepidarium,e ó final pois un baño de auga fría.

Teñen un valor engadido po Balneario moi grande evidentemente, moi grande, é dicir, é un balneario de orixe romano, as augas, evidentemente saían xa na época romana, estamos falando de 20 séculos atrás. As augas fixéronse analíticas delas do Carbono 14 e dicen que teñen máis de 15.000 anos evidentemente os romanos xa as utilizaron, fixeron as termas, as instalacións e ao mellor quen sabe porque, é que, estas obras romanas son da primeira metade do século I, pensemos que a muralla é do século III, entonces quen sabe si o asentamento na cidade de Lugo se debe a que surxía auga quente aquí abaixo

Dentro de Lugo hai máis piscinas, e posiblemente se cansaran aquí co río que está tan preto destas instalacións romanas no inverno se inundaban moito e entón claro, cando a auga se mete aquí dentro pois non podían utilizar a auga quente e esto quedaba todo inundado, por eso posiblemente as deixaran de utilizar e se foran máis hacia ó centro

Sale xa nas gúias turísticas, ahora xa se dan a coñecer, antigamente estaban aquí medio abandonadas case sen luz non se coñecían incluso me atrevería a decir que son máis coñecidas fora de Lugo que os lucenses. Os lucenses sí saben que hai un balneario e dicen que hai unhas termas pero que entraran a velas pois ao mellor nin o 50 % da población de Lugo coñeceu ou coñece as termas, aínda que ahora con pandemia e todo, se poden visitar os mércores, a pesar de que está o balneario pechado pero os mércores, ao ser un BIC, esto é un Ben de Interés cultural, pois hai que telas abertas un día á semana, entonces os mércores poden visitarse. Cando está o balneario funcionando pódense visitar todos os días e non se cobra entrada, e incluso se da un folleto para que coñezan un pouco a historia das termas.

A xente que ven a Lugo, que ven de visita turística pois entérase de que hai unhas termas romanas e veñen a velas. Non temos guía , nosoutros dedicámonos bastante as augas, ao balneario, aos nosos clientes, aos turistas tamén lóxicamente, o único que facemos é eso, brindarlles poder entrar libremente, darlles un folleto, e eles o que quixeran é que houbera un guía, pero claro a costa do balneario non podemos asumilo , ahora, sí nos gustaría e de feito así o plantexamos algunhas veces a Delegación de Cultura, que deberían ter un becario, alguén que explicara o monumento romano que temos aquí, que aparte desta sala hai alguna máis por fóra hai as aras, hai cousas que conven dar unha explicación de dónde apareceron e qué significaban as aras. Fan preguntas de todo tipo, dónde se bañan por exemplo ahora? Pois non, ahora as termas é un monumento non sirven para bañarse aquí , alguna xente como hai auga aquí pensa que ao mellor hai que meterse ahí a bañarse Esto precisamente non era unha piscina, era o lugar de cambiarse de deixar a roupa nas fornelas e pasar a outra sala e ahora mismo xa non existen ou están incluso sen destapar como é unha piscina que hai ahí no exterior que está sen descubrir todavía pero hai vestixios que apareceron as aras dentro da piscina ou sexa que algún día posiblemente se poida destapar.

É importante porque trae moita xente, moito visitante e alguns bueno pois utilizan tamén a parte hotelera que nosoutros dispoñemos non solamente para a xente que ven a bañarse e quere estar aquí os 9 días ou algo así, senón que funciona tamén como un hotel normal e no Arde Lucus todas as plazas hoteleiras de Lugo son poucas, por tanto a malloría das veces estamos no Arde Lucus ao 100%, por eso é importante que se dea a coñecer a nosa historia, que temos un balneario e todo o demáis

É a festa romana propia dunha cidade romana.