BEATRIZ VALÍN (presidenta)

O noso nome é Asociación Kertix, somos unha asociación romana aínda que temos tamén algo de galaicos porque é na época na que había paz, de convivencia, e sempre foron absorbidos os métodos galaicos polos romanos tamén.

A asociación en si desde o 2016, en abril, pero xa viñamos facendo actividades de antes, eu por exemplo nos desfiles do Arde Lucus que hai previos de moda desde o 2010, desde o primeiro xa estamos a facer de modelos e despois xa, ao crear a asociación, xa toda a xente tamén facía de modelos. Nun principio eramos a familia e uns poucos amigos 8 persoas, pero despois foi crecendo e agora somos 21. É moi colorida a nosa asociación, hai xente doutros países como de Taiwan, México, xente maior, novas, está aberto a toda clase de xente e condición de xénero para que estean cómodos.

Sobre todo dedicámonos á artesanía e á arte, entón hai moitos obradoiros artesáns, de cestería, tecidos, tinguido, case todos os ámbitos. Hai tamén xente artista que se dedica á danza, mesmo a música, entón tentamos facer as actividades ás veces recreándoas teatralmente para que sexan máis atractivas. E tamén nos gusta a parte oculta de Roma e entón tamén temos algo de misticismo e de bruxas romanas.

Moi ben porque era o desfile o que faciamos e entón sempre gusta, a moda romana sempre gusta moitísimo e ademais son traxes totalmente artesáns case na súa maioría entón son distintos.

Unha chea de libros e despois de xente que fai traballos de xeólogos, porque moitas imaxes están nas columnas ou nos escritos que deixan os romanos como Ovidio, entón hai que ler todo o que se pode e vaise sacando e xuntando, é moito tempo de investigación. Grato, como nos gusta, é complicado pero é grato, é de moito tempo porque hai pasamanerías e está todo feito a man e son moitos metros e moitas horas pero gústanos moito facer o vestiario o que pasa é que leva moitísimo tempo porque é todo artesán, por exemplo as pasamanerías son moitos metros e leva moitas horas, tinguimos tamén, por exemplo este vestido é todo, todo artesán e está cosido a man.
Ata o de agora sacando os desfiles, non puidemos facer nada porque nos metemos nas asociacións do Arde Lucus no 2019 para o Arde Lucus do 20, e pillounos de pleno a pandemia, entón todo foi virtual. Este ano a ver se damos feito a actividade do Silván Tenebrum, que é un bosque que fixemos de vimbio, son 7 árbores de case 3 metros entón ese vai ser o noso bosque e ese vimbio foi recollido no río Rato no taller que ten alí a Deputación e deunos o vimbio, entón aproveitamos e fixemos as árbores.

Eu estivera en dúas asociacións distintas e ben, hai percorrido tamén por ese lado.

A nós significounos moito que fose de Interese Turístico Nacional a festa do Arde Lucus, unha alegría moi grande porque iso significa que colle máis pulo e a ver se, como desexan, chega a ser Internacional.

Non sei que dicirche eu creo que nin sobra nin falta nada, se cadra máis tempo pero non hai forma de sacalo doutros lados porque as outras festas tamén son importantes, iso é o malo, pero si faría falta un festivo si.

Si se necesitaría un MURO, un Museo da Romanización como é o de San Fernando porque hai moitísimos vestixios e estaría moi ben que estivese céntrico porque os turistas visitaríano e sería un punto de encontro, de información para ver todo o resto, como é a Muralla, a Catedral, o Camiño Primitivo, porque hai moitos monumentos moi importantes.

Tamén participamos en Cacabelos no Ludus Bérgidum, que é unha festa máis pequena, bastante máis pequena pero é moi interesante, é como estar na casa e está á beira dun río que lle dá vida. Boísima, encantounos, volveremos en canto poidamos. Temos un plan que se cadra está moi difícil pero gustaríanos ir ao Museo Nacional de Taiwan, algunha vez, a levar a indumentaria ou algo romano, calquera cousa. Neste museo fan xornadas internacionais onde vai xente de moitos países para expoñer a súa cultura.

O Lucus Cultural abarca moitísima xente e de moitas clases e condicións, entón é unha boa promoción para coñecer a cultura, porque se non atrae o cinema, atraen os obradoiros de lucernas ou de caligrafía, sempre hai algo que eu creo que á xente de Lugo gústalle.

Có Arde Lucus promociónase mais, hai xente que sabe pero hai xente que mesmo non coñece nin a Muralla entón si que necesita máis promoción.

É impresionante pisar o Arde Lucus porque é como pisar o Lucus Augusti de hai 2000 e pico anos.

Diversión e cultura ao mesmo tempo.