
ALBA PLATAS VIGO
A nosa asociación fundouse no ano 2016, xusto despois do Arde Lucus dese ano, viñamos doutra asociación e quedámonos no 2016 fóra, vivímolo desde fóra entón, despois de tantos anos foi unha cousa bastante triste e decidimos que non, que tiñamos que estar dentro do Arde Lucus, vivilo desde dentro como fixeramos sempre, entón 6 tolos, 6 amigos tolos botámonos á aventura, e dixemos pois veña partimos de cero, de algo que non hai, porque viñamos de ser as mulleres castrexas e os homes soldados, e como xa había, buscamos o que faltaba, collemos o oco que quedaba, que era o tema da relixión romana, que aínda que estaba moi ben representado por Vestales, había moitísimo máis e entón aí vimos o noso oco e convertémonos en Augures, Sibilas, Deusas, Arúspices, Flamines, un pouquiño de todo, e así foi. No 2017 xa empezamos. Viñamos de Cívitas Lucensis que nós eramos fundadores tamén desa asociación, á que seguimos gardando moitísimo agarimo, pero, sempre hai algunha cousa, discrepancias ou malos entendidos, ou o que sexa, e, ese ano que nos fomos, foi triste como che digo e empezamos doutra maneira. En Cívitas foi moi ben, porque eramos pais, fillos, entón foi un pouco meter aos nenos no Arde Lucus, xunto cos seus pais, e de feito, aí seguen os nosos fillos e os fillos de Cívitas.
Está todo metido nun baixo. Ao principio tiñámolo todo repartido polas casas, ou sexa, de feito non se podía vir ás nosas casas porque había de todo, estatuas, teas…
CELIA GALLEGO SEOANE
A primeira experiencia foi a verdade moi boa, ao principio con moito medo porque eramos moi poucos e tivemos moito traballo porque tiñamos moi pouco tempo, e ocorríansenos máis e máis cousas, e queriamos facelo todo, e chegamos ao Arde Lucus, realmente cun pouco de medo, a ver se dabamos saído adiante, pero moi ben, moi contentas, eu creo que saíu todo moi ben e de feito con ganas de máis, xa con máis proxectos para o seguinte ano, ou sexa que eu moi satisfeita.
ALBA PLATAS VIGO
Ser, foi caótica, porque foi todo moi rápido, non tiñamos case tempo, non tiñamos diñeiro, entón tiñamos que montar un pequeno templo, polo menos algo pequeno para dicir estamos aquí e a verdade é que ese ano foi a primeira vez que fixemos o sacrificio, foi unha cousa diferente ao que se fai agora, pero xa a xente parábase alí, o noso templo a verdade é que é moi bonito, é moi cuqui, entón todo o mundo párase a facer fotos, a verdade é que está sempre cheo de xente, para facer fotos, para asinar, é bonito, e, o primeiro ano pois foi un pouco así , daquela maneira, fixemos o sacrificio que era o máis, se cadra, impresionante de ver, e a xente reaccionou un pouco así, nós avisamos o primeiro ano, non? De feito no programa ata creo que figuraba, que case que era mellor que para menores non, máis que nada por se se asustaban ao ver o fígado, que tampouco era nada, é un fígado como o da carnicería.
Financiámonos, sacando diñeiro dos nosos petos, pero é a única maneira de empezar. Entón empezamos, pois, aos poucos, traballando como negros, porque todo o que tiñamos, fixémolo, o que non sabiamos facer, aprendemos, lemos, informámonos e así foi, ou sexa o financiamento foi noso.
Temos o apoio do Concello, porque sen eles sería completamente imposible, pero tampouco temos máis, nós seguimos poñendo diñeiro, a ver é un tema que o fas porque che gusta, entón, se cadra outros se van, non sei, de vacacións, ou se compran unha moto e nós investimos en nós mesmos, ao fin é o que facemos, pero, xa che digo que sen o Concello sería imposible. Entón o ano que che falta o Arde Lucus, como xa o vivimos, pois a verdade é que é un pau e buff! tenche que gustar, e entón se che gusta, tes que facelo si ou si da maneira que sexa, entón da maneira que sexa, era así, a trancas, barrancas, poñendo diñeiro, convertendo cousas, reciclando unha chea de cousas, e así dese xeito, somos pobres, pero bo… honrados.
Non o sei, non sei se habería que buscalo ou non, a ver nós estamos abertos a todas as posibilidades que haxa, pero tampouco queremos que ninguén nos limite, nós facemos as cousas á nosa maneira, como nos gusta e entón tampouco queremos limitacións de ningún tipo.
Mira, lemos unha chea, preguntamos á xente que sabía, de feito hai un mozo que nos axudou moito e despois tiramos da internet o que non está escrito, qué pasa, que logo na internet tamén tes que filtrar non se sabe canto nin como, entón perdes unha chea de tempo para buscar, para atopar pouca información que sexa o máis real posible. E no tema este da relixión, sí que hai moitas cousas, as básicas que están moi ben explicadas pero hai outras que non, entón sí que foi un traballo de busca, busca e ler libros e mira isto e logo facer concordancia, porque unha fonte di unha cousa, outra fonte di outra, hai neste tema hai cousas que están aí ao azar, depende de onde leas, é dunha maneira ou é doutra, entón tes que ir buscar, a ver cal é de verdade, que seguramente meteremos a pata, moitísimo e non pasa nada , somos humanos, que lle imos a facer, pero tentamos que sexa o máis fiel posible. Mostrando o que era un templo, case sen máis, o uso que utilizaban das herbas, era pouca cousa, a día de hoxe facemos varias representacións, ademais de ampliar o templo, porque como che digo o tema da relixión quedou un pouco aí como aparcado, entón a xente non sabe moi ben… castrexos? Sí, romanos? todos, Vestales? tamén, porque levan moito tempo, pero do resto pois a xente non sabe, entón démonos conta de que a maneira de que a xente coñecese un pouco máis e se dése conta da importancia da relixión e dos oráculos era facendo representacións.
ALBA PLATAS VIGO
Son Sibila e fun sempre Sibila, eu cheguei con moito medo sobre todo á primeira que era a queima dos libros sibilinos, era a primeira, ben, eu tiña que actuar, non? Son moi tímida e dáme moito pavor, con todo vivino moi ben, gustoume moito, paseino moi ben, e eu creo que á xente tamén lle gustou, e de feito animounos a seguir, porque ao ano seguinte ocorréusenos tamén facer un transo, a sibilinas facer un transo, que eu houbera dito que nunca xamais faría iso, en cambio ao ano seguinte animámonos e, tamén saín contenta.
ALBA PLATAS VIGO
Un non estudou teatro, pero ben, facémolo así e a xente compréndeo, temos unha representación por exemplo das deusas, as deusas están no seu olimpo e falan entre elas, van escenificando, ou sexa cada unha é.. está Minerva, que é a deusa da sabedoría, Venus a da beleza, entón interactúan entre elas, e á xente élle moi fácil comprender quen é quen, identificar cada unha e qué papel ou para qué lle tiñas que suplicar a cada deusa. Facemos un sacrificio, isto quizais é o máis rechamante que facemos. Os Arúspices fan un sacrificio dun animal tal e como se facía, cortan un fígado, as entrañas, un fígado de verdade, eh, o sangue tamén, e cortan un fígado para saber, ben, era un pouco para saber o que opinaban os deuses e córtano, móstrano, ensínano e fan todo o ritual, menos matar o animal, que evidentemente non, pero fan todo iso. Facemos a representación das Sibilas, explicar quen son as Sibilas que hai moita xente que as coñece porque están pintadas na Capela Sixtina, pero tampouco saben moito máis, e entón, pois os Augures, por exemplo, tamén utilizaban os libros sibilinos, entón vai todo un pouco relacionado aí e as Sibilas falaban por boca do deus Apolo, entón son moitas cousas que a xente agora empeza a comprender, cando facemos a queima dos libros sibilinos é unha cousa que á xente xa lle soa, xa sabe, e ademais que ven que é bonito, está a Sibila, que che vendo os libros, e o Rey que non e ao final acaba pagando o mesmo no canto de por todos os libros, pois polos que quedan, por un só e ao final a Sibila sáese coa súa pero pola importancia que tiñan aqueles libros, e entón imos así aos poucos dando a coñecer.
Sí, facemos a recreación, ademais chega o rei Tarquinio, están as Sibilas, están tres, facemos a representación con 3 Sibilas, a Sibila de Cumas, a Sibila de Delfos e a Sibila Eritrea, entón están as 3, elas van falando, van contando, un pouco o que son os libros sibilinos e demais, e entón, aínda que nos tomamos a licenza de facer o cambio, que no canto de ir a Sibila a xunto do rei Tarquinio, vén Tarquinio, que claro, ten que entrar no templo, pero é para que un pouco a xente entre en posición, fan toda a negociación alí, e quéimanse os libros sí, queimamos os libros en directo. A ver, os Augures, é que fan moitísimas cousas, os Augures fan a inauguración do Arde Lucus, teñen os seus rituais, teñen o ritual de consagración, eles utilizan, o Lito, o que é o pau augural, entón, eles, depende do que vaian facer, utilizan o Lito, fíanse polo voo das aves, poñen a comer os pitos, logo fan os seus rituais con fariña, viño, oliveira, ou sexa eles fan varias cousas, desde consagrar tropas, bendicir e demais.
Hai cousas que lles chaman moito a atención, o do sacrificio, creo que é o que máis, máis que nada polo fígado, porque é un pedazo de fígado enorme que claro, que vai chorreando, entón, ao ver iso a xente, ah, que noxo, pero se é de verdade, entón é como moi así.
A queima dos libros, como realmente queimámolos alí no lume, é outra cousa que… a negociación… que queima un, que non se atreve; tírao, tírao… ou sexa dinnos de todo: tira o libro, tal… e tíranse e quéimanse, entón…pois ben… daquela Tarquinio tíranos as moedas así en plan… bah…sabes? Nós pois tamén lle quitamos a pel a tiras a Tarquinio, por soberbio, e despois está tamén o das deusas, porque ver interactuar ás deusas, ver a Venus falando con Minerva, e facémolo un pouco en plan, non cómico, pero para que a xente entenda, pois Venus di: ai! Non mandamos choiva que se me riza o pelo, porque é a deusa da beleza, ou lle di á outra: é que ti Minerva sempre vas de lista… Estas cousas así un pouco para que saiban quen son e a qué se dedicaban, entón sí que á xente encántalles, a verdade, veno máis próximo, porque poderiamos explicar, poderiamos dicir: e facíase isto pero ao facer a representación enténdeno mellor, gústalles máis e a xente que está alí póñense a aplaudir como tolos cando queimamos os libros.
Ben, a diferenza é que agora sabemos moito máis, facemos moito máis, tamén somos máis persoas e entón, tamén as cousas se levan mellor, non é a enchente do primeiro ano. O primeiro ano foi, entre medo despois foi moitísima alegría porque unha vez que sabes, dáste conta de que es capaz, oe, é que fomos capaces de volver facer isto e de volver estar no Arde Lucus, e de que a xente nos valora desde o minuto 1, o primeiro ano no Arde Lucus, inauguramos o Arde Lucus, debaixo da estatua dos fundadores, entón pois xa foi unha entrada directa, ou sexa, somos isto, facemos isto, ou sexa, de momento facémolo así, pero imos mellorar e melloramos, eu creo, é a miña humilde opinión.
É moi importante que valoren ese traballo que se fai, entón, a ver, que sexa festa de… para nós… e supoño que para todos, que valoren o teu traballo, que vexan que o que estás a facer, falo ben, porque, pos diñeiro, pos suor, pos bágoas tamén, risas, moitísimas, e algunha cervexa, entón que cho valoren, dis, pois… sabes? Non sei como que te enche, énchete, simplemente é iso, a valoración, porque ti en realidade falo… a xente que estamos metidos en calquera asociación, isto non o fas por diñeiro, nin o fas por non sei, nin por fama, falo porque che gusta, entón cando fas unha cousa que che gusta e valórancho e recoñécencho, pois non hai maior subidón que ese.
Non, facer recreación non, porque por circunstancias xa che digo que nós somos poucos e ben, nunca damos coincidido para facer algo fóra, entón preferimos centrarnos no noso de aquí, que, estamos a desexar, a ver, e farémolo, pero imos con cautela, porque xa che digo que nós somos das asociacións pequeniñas, entre comiñas, e das máis novas, entón estamos un pouquiño máis limitados.
Mira foi todo un pouco á vez, o tema das Sibilas foi complicado, porque as Sibilas, aínda que todo o mundo o de sibilino sóalle de algo, pois, non hai tanta información como quixeramos. O tema da mitoloxía non, a mitoloxía está máis ou menos ben, ou sexa, atopas información fácil, e fácil de contrastar pero porque xa é, digamos copiado dos gregos ou sexa, entón hai moitísima información, de mitoloxía hai moita pero despois Arúspices, por exemplo, o dos Arúspices, é unha cousa que está aí, que a xente pensa que os Augures facían unhas cousas e en realidade non eran os Augures, que eran os Arúspices e ao revés, entón, separar iso e mostrarche por exemplo, o que é cortar un fígado ou as entrañas non o facía un augur, a xente pensao pero eran os arúspices, entón, claro tivemos que ir vendo , mirando quen é quén para facelo o mellor que podemos ou tentamos.
CELIA GALLEGO SEOANE
A min paréceme moi boa idea o de vincular os colexios ao Arde Lucus, e o desfile de colexios que fan e logo que as asociacións, por exemplo , como a nosa, que metan aos nenos, porque realmente son o futuro, son os que van seguir co Arde Lucus, nós evidentemente, nalgún momento, pararemos ou ben, non sei, nalgún momento terémoslles que dar a substitución, que eles estean aí e ademais o vexan xa como algo moi natural, chega o Arde Lucus e nos vestímos, e xa está, e vestímonos desde o venres e quitámonos a roupa o domingo, xa está. E facemos o que teñamos que facer porque se eu teño dúas fillas na asociación, unha de 18 e a outra de 10 e as dúas fan tamén teatro, son deusas, e pásano ben, e fano, e tamén actúan na queima dos libros sibilinos, fan de escravas, entón eu véxoo moi ben, son o futuro. Unha iniciativa moi boa o de vincular os colexios ao Arde Lucus.
Non me sorprendeu para nada, non me sorprendeu para nada, a min paréceme que é unha festa moi importante que foi gañando, que foi a máis, que cada vez temos máis relevancia e ademais paréceme moi bonita , moi bonita, Lugo énchese, énchese, é que as rúas parecen outras, a min pareceume o que debía de ser , qué pasa, que se cadra iso tamén che provoca un pouco de medo, porque dis ben, pois eu tamén teño que mellorar, porque cada vez vanche pedir máis, obrígate tamén a mellorar, pero, sorprender non, eu creo que o merece.
ALBA PLATAS VIGO
Por suposto que imos ser internacionais, eu creo que xa o somos, entre comiñas, xa o somos. Que significaría? Pois significaría que se cabe aínda máis, o Arde Lucus traspasa fronteiras, é que é unha pedazo de festa a que temos aquí, unha pedazo de festa, eu non creo que haxa outra cousa igual que isto. Esperemos que a pandemia non nos esnaquizara demasiado, pero non hai outra festa como esta.
CELIA GALLEGO SEOANE
Todos os anos tratamos de meter cousas novas, porque isto é un continuo, ti vas continuamente estudando, continuamente vendo que podemos mellorar, ampliar, nunca tes o definitivo, todos os anos tes que facer cousas, todos os anos, dentro do templo, en vestimenta, en personaxes, sempre vas innovando e o que digo, sí mellorar. Porque ti fas unha representación un ano pero é que ao ano seguinte xa viches os erros que cometiches e vas mellorar, entón trátase diso.
Este ano como o vou a ver, estás a preguntarme nun ano de pandemia, e entón estamos un pouco frouxos, pero, sen dúbida, con gañas de retomar a festa, con gañas de seguir facendo cousas e por suposto, que cando isto acóugue, volverá ser a festa que era seguro, seguro.
Dentro de 50 anos, nalgún sitio, estaremos colgados como asociación, como aquelas que iniciaron o Arde Lucus, seguro, e seguro que haberá moitas máis asociacións, seguro, porque ao final, tamén somos unha parte moi importante da festa, enchemos a cidade, e entón eu creo que iso se vai recoñecer sempre e que se vai seguir fomentando e que imos seguir existindo, eu igual non pero igual a asociación sí.
ALBA PLATAS VIGO
Ai deus, dentro de 50 anos, buff!, non sei, espero e desexo que o Arde Lucus dentro de 50 anos estea en toda a cidade, ou sexa que toda a cidade esté chea de campamentos, realmente recrear a cidade completa, iso sería unha pasada e para dentro de 50 anos pois oe, por qué non, se cadra sí, se cadra, oficialmente sí que chegas a Lucus Augusti e entras eu que sei, pola Av. de Madrid e xa estás en Lucus Augusti, imaxínate. Pois a ver en 50 anos igual sí, non sei. E que todo, a ver, e que as bases, que se fixeron, todo o que se traballou, o que traballamos todas as asociacións, o Concello, todos os que empezaron, pois que sigan, a xente ten que coller as rendas e seguir, nós estamos contentos porque temos aos nosos fillos, e levan aquí desde… ben, de feito unha naceu en Arde Lucus, é filla do Arde Lucus, a ver están aí, vivírono, mamárono, a ver, hai que facer un sacrificio, pois o sacrificio faise, ou sexa, para eles non é estraño, é máis, todo o contrario, eles axudan a montar, axudan a facer e están aí, e entón teñen que seguir, teñen que seguir, e a xente que vai vindo agora ten que seguir, e eu sei que seguirán, ou sexa que dentro de 50 anos ten que ser … oxalá estea viva para velo, pero dáme pola conta que igual non, se cadra non estou..
Para min, eu teño que dicir que é a festa da miña vida .. uff… o Arde Lucus, a festa con todo o amplo sentido da palabra, festa de festa, festa de recreación, non sei, é que a min ponme a carne de galiña, a día de hoxe ségueme poñendo a carne de galiña e chega o Arde Lucus e escoito os tambores e sóbeme todo un formigueo polas costas que non é normal, e levo aquí desde o principio e entón digo pero imos ver, ou sexa, eu para min, o Arde Lucus é a festa da miña vida. Xa está, non podo dicirche outra cousa, porque, de feito estoucho dicindo e estáseme poñendo a carne de galiña, ou sexa que sí eu son unha namorada do Arde Lucus, sí.